Os pequechos de Fisterra disfrutan das clases na casa

09:10 15/02/11

O Programa Preescolar na Casa-Educar en Familia comezou a funcionar en Fisterra no ano 2007. É un programa sen ningún custo, dirixido a familias que teñen nen@s menores de tres anos. Así, achégase ao Concello de Fisterra co fin de ofertar ás familias os servizos educativos cos que contan desde fai anos.
A través do espazo das Familias, ofrecen ós pais a posibilidade de dialogar, reflexionar e analizar a vida cotiá e a súa influencia na educación. Son máis de 20 nen@s acompañados das súas nais e pais os que asisten cada quince días ó concello a desfrutar deste programa.
Novas relacionadas
- En marcha o Entroido de Fisterra.
- 23 maiores de Fisterra enchufáronse á vida.
- Por unha Rúa Real peatonal en Fisterra.
- Os centros educativos da zona tamén participan na campaña Rumbo a Gaza.
Fonte
- Departamento de Cultura do Concello de Fisterra.