Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Piden a anulación da subida do canon do lixo

Piden a anulación da subida do canon do lixo
O-camion-da-reciclaxe-en-Fisterra

Precisamente, e a pesar da paradoxa, este verán a empresa SOGAMA achegábase a Fisterra para instar aos nenos a reciclar. E o facía xa no medio dunha polémica sobre a eficacia da reciclaxe en toda Galicia. A polémica segue medrando, e as folgas en varias cidades así como as dúbidas sobre se a empresa recicla todo o que debería están enriba da mesa.

Dende a Costa da Morte tamén sufrimos as consecuencias, como unha máis que inxustificada "subida do imposto do lixo, á que xa se opuxo o Concello de Corcubión. Hoxe é o BNG de Fisterra o que "esixe retirar o incremento do canon de Sogama aos concellos e unha fonda revisión do Plan de Xestión de Residuos".

O grupo fisterrán quere que "non se constrúa unha nova incineradora e que se desenvolvan proxectos comarcais de reciclaxe e compostaxe". E para iso presentou no Concello unha moción para "esixir a retirada do incremento do canon de Sogama que o goberno do PP na Xunta quere aplicar en 2014 e que suporía un incremento de preto do 34% aos concellos, pasando de 56 a 75 euros por tonelada tratada de lixo, sen contar o IVE".

Considera o BNG que "ogoberno do PP na Xunta quere cargarlle á cidadanía novamente o recorte que o Goberno central do PP decidiu sobre as tarifas para percibir pola coxeración eléctrica. Desta maneira, ante a caída de ingresos que sufrirá Sogama pola xeración de enerxía, óptase por este incremento para cargarlle as perdas á cidadanía. Así fan posíbel que Sogama teña no 2014 uns beneficios de 7 millóns de euros".

Lamentan "o fracaso do proxecto Sogama e o Plano de Residuos implantado polo PP na Xunta de Galiza, que defende a incineración, sen ter en conta a redución, a reutilización directa e a reciclaxe de residuos, a compostaxe, e a proximidade no tratamento, máis sustentábel ambientalmente e de menores custos".

E aseguran que "a transformación de modelo de xestión dos RSU da Xunta de Galiza podería supoñer uns 2.000 novos postos de traballo con base en proxectos de comarcalización, cun menor custo ambiental e redución do custo de transporte".

Pleno sobre a detención do Secretario?

Asimesmo, con respecto á solicitude de información sobre a situación do Concello logo da detención do secretario do Concello, "seguimos agardando a que se dean as explicacións demandadas", indican.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Fisterra.

Comentarios