Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Piden control, limpeza e sinalización do Monte Facho

Aparcamento no Faro Fisterra
Aparcamento no Faro Fisterra
Piden control, limpeza e sinalización do Monte Facho

Volve o verán e os turistas xa se deixan ver pola vila do Cristo, e os solpores volven a ser marabillosos dende o Semáforo de Fisterra. E mentres o Plan Director do Monte Facho siga sendo unha quimera, tócalle ao concello manter coidado a subida ao Cabo. Unha subida dende onde se accede ademais a lugares emblemáticos coa o Cemiterio, Ermida de San Guillermo, As Piedras Santas ou o miradoiro sobre a Insua.

Por iso, a Asociación de Veciños Costa da Morte de Fistera piden que Concello que proceda a limpar e desbrozar todos os camiños e estradas do Monte do Cabo, renovar os carteis informativos e sinalizar os camiños, sendeiros e corredoiras.

Problemas sanitarios

Igualmente, a entidade lembra que en anos anteriores observouse que hai autocaravanas que limpan as augas residuais nas arquetas do aparcamento do Faro, convertindo as cunetas en auténticos vertedoiros. Piden, por iso, vixilancia ao Concello, e que sinalicen os servizos públicos existentes na zona dos postos de recordos turísticos que están ao servizo de todos os visitantes e deselle o mantemento adecuado

Novas relacionadas

Comentarios