Martes. 17.09.2024
El tiempo

Os Piratas agotaron co longueirón de Fisterra

Roberto Traba Velai cos Piratas-Foto-Steffen Pfeiffer
Roberto Traba Velai cos Piratas-Foto-Steffen Pfeiffer
Os Piratas agotaron co longueirón de Fisterra

”Petao” estivo Fisterra toda a fin de semana co gallo da 31º Festa do Longueirón e o IX Desembarco Pirata. Estas festas xa parellas fixeron da Praza da Ribeira o auténtico porto pirata da Costa da Morte.

Xa o venres, o Concello e a comitiva local liderada por Robero Traba Velay recibía á delegación de Poole, cunha xornada de confraternización no Castelo de San Carlos. Era a previa da representación da queima que o infame Pirata inglés Harry Paye realizaba en 1404 na vila do Cristo, roubando ademais un crucifixo moi especial para os fisterráns. Foi en 2008 cando as comunidades de Poole e Fisterra limaron asperezas e selaron a paz e os ingleses entregaron unha cruz en sinal de perdón. Dende aí, xa van 9 representacións do Desembarco dos piratas ingleses na Ribeira, no que a guerra foi substituída pola retranca fisterrá.

Barco Pirata de Fisterra-Foto-Ruben
O Barco Pirata de Fisterra-Foto-Rubén Suárez

Así, a representación foi todo un éxito, moi seguida no paseo, mentres a xente dixería o rico longueirón, e esperando pola batucada dos Rapacllóns, o pasarrúas do Rumbo de Sardiñeiro ou as discos móbiles, tan protagostas xa nas festas da Fin do Camiño como os propios piratas.

Novas relacionadas

Comentarios