1ª FUTGAL: Fisterra e Esteirana quedan descolgados nunha boa xornada para Muxía, Camariñas e Castriz
Xornada con boas e malas novas para os nosos. Fisterra e Esteirana volveron perder (5 derrotas seguidas leva o Fisterra por 4 partidos sen gañar da Esteirana) e vén como se lle escapa a salvación xa a 3 partidos. Nesa loita, porén, si que se mete o Castriz, onde a estrea de Jose Barca trala marcha de Miguel Chouza, saldouse con vitoria e coloca ao equipo a só 2 puntos de Bastavales e Tordoia.
Un pouco máis arriba o Camariñas sumaba unha vitoria importantísima e dificilísima no campo do líder, o Bertamiráns, e respira un pouco sobre os de abaixo.
E por arriba, o Muxía parece que vai loitar mesmo polo ascenso.
Muxía - Tordoia (1-0)
- Muxía: Iván Bouzón, Mateo, Michael, Alex, Brais, Carlos Costa, Isma, Mauro, Adrián Alcaina, Víctor Alcaina e Rober. Tamén: Joel, Fran Moreira, Manu Nogueira, Javi Vilela, Carlos Antelo e Manu Martínez.
- Goles: 0-1, m.19: Abel Torres; 1-1, m.59: Michael; 1-2, m.72: Fran Moreira.
Partido igualadisimo, que comezaba cuns primeiros minutos nos que Tordoia estivo mellor con dúas boas chegadas con sendo remates que para Iván. Pataca introuducía cambios no plan de partido e o equipo mellorou, acumulando chegadas aínda que non moi claras, pero nun despiste por non ser contundentes o rival ponse por diante.
Fundamentais foron os 3 cambios no descanso, coa saída de Fran Moreira, Manu Nogueira e Manu Martínez. O equipo saiu moito máis enchufado, pronto conseguía empatar con gol do capitán nun saque de esquina. Os corviños non se acomodaron e seguiron acumulando chegadas, e nunha xogada na que o equipo visitante protestou moito, chegaba o segundo, obra de Fran Moreira, que xa suma 13 goles, compartindo a praza de pichichi con Borja Casal (Boimorto). De aí ao final, o final o equipo non pasou demasiados apuros e segumou 3 novos puntazos.
Calo - Fisterra (2-1)
- Fisterra: Joselu, Noé, Quintela, Dani, Ángel, Maikel Mouzo, Rui, Rubén, Juan, Guille e Isaac Fábregas. Tamén: Gulle, Adrián Makaay, Martín Canosa, e Pablo.
- Goles: 1-0, m.47: Marcos Mella; 2-0, m.72: Jonathan Vieites; 2-1, m.88: Rubén.
Bo partido dos fisterráns, que competiron ben, con concederon grandes ocasións, pero aos que lles faltou acerto. Na primeira os de Leo tiveron dúas chegadas bastante boas, con tiro de Guille que se vai fóra por pouco e otra de Isaac con igual sorte. Tamén Joselu tivo que lucirse nunha ocasión ante unha das chegadas do Calo, que tamén mandaba un tiro lonxano ao traveseiro.
Saía durmido o equipo na segunda e se paga caro. Un tiro de Marcos Mella (o irmán do xogadordo RCDeportivo), abría o marcador. Non se descompuxo o equipo, que se mantivo no partido e tivo o empate nun man a man de Isaac que lle saca o porteiro cando xa case estaban celebrando o gol. Xusto na contra os locais fan o segundo, coincidindo ademais coa lesión de Isaac…
A pesar dos paus continuos, o equipo non baixou os brazos, recurtou cun golazo de Rubén desde fora do área que poñia o balón na escuadra, e o equipo acabou presionando en campo contrario e metendo balóns dentro da área, sen o premio do empate.
Cacheiras - Esteirana (2-0)
- Esteirana: Guille, Kevin Rial, Simón, Godo, Anxo, Antón, Adrián, Pachi, Oli, Foghete, Pablo. Tamén; Cristian, Samu León.
- Goles: 1-0, m.12: Amigo; 2-0, m.80: David Salgueiro de penalti.
Nova derrota da Esteirana, a pesar de competir ben, e iso que o cadro de Adán segue en cadro, con dous xuvenís na punta de ataque. Foi un partido moi disputado, aguantaron ben, ante un equipo moi sólido na casa, que xoga directo todo o rato, e con moita eficacia. A primeira ocasión era de Antón que manda un balón ao longueiro, e xusto na contra, os locais abren o marcador anes de cumplirse o primeiro cuarto de hora.
Os esteiráns protestaban as continuas decisións arbitrais, sobre todo nunha agresión do central local ao xuvenil Pablo, pero só merecedora de amarelo. O equipo seguía metido en campo contrario, pero o colexiado volve sinalar un penalti inexistente para os visitantes no m.80 para sentenciar o partido.
O equipo segue con grandes prolemas de efectivos, e volve perder a Simón que non dá mellorado da pubalxia, e que perde ademais por sanción a Foghete.
Castriz - Club do Mar (1-0)
- Castriz: Coke, Fabián, Anxo, Brais, Fabio Blanco, Alemán, Marcos Mouro, Oscar Feal, Chapela, Josiño. Tamén: Íker, Alberto Mata, Fabio Barbeira, Rodo e Saúl.
- Gol: 1-0, m.92: Chapela.
Debutaba Barca no banco xalleiro trala marcha de Miguel Chouza e facíao cunha vitoria que refrenda a liña esperanzadora do equipo, tendo esta vez unha pizca de sorte que lle faltou ao equipo noutras datas. O Club do Mar buscaba a saída de balón, e o equipo de Barca saía presionando moi arriba en campo contrario. E durante a primeira media hora os rossoneros foron mellores, tendo ocasións como o man a man de Chapela que se estrela no longueiro nada máis comezar. Fabián tamén mandou unha fóra.
No último cuarto de hora melloraron os caioneses, e tiveron unha ocasión que salvou Coke.
Xa na segunda, con máis xente no medio, os visitantes, eran quen de superar a presión alta dos locais, que tiveron que meterse en bloque medio e baixo por momentos. O equipo estivo moi ben a nivel defensivo, se ben antes dos cambios xalleiros, tivo que aparecer Coke para salvar dúas boas ocasións. Co refresco, o equipo estivo máis sólido e conseguía saír con moito máis perigo nas contras, con Fabián, Josiño e Chapela, con ocasións. O Club do Mar envorcouse no treito final e xa no desconto, unha boa conta de Chapela, cun tirazo dende a frontal, significaba o gol da vitoria para os xalleiros.
Bertamiráns - Camariñas (1-2)
- Camariñas: Jorge, Víctor, Borja, Oliver, Pablo Suárez, Moriño, David, Carlos (Joseba), Adam (Asier), Mario (Pablo Carril) e Djibril.
- Goles: 0-1, m.53: Moriño; 0-2, m.56: Borja Costa; 1-2, m.58: Yago Garabatos.
Vitoria moi importantepara romper a serie de 4 derrotas consecutivas e un empate nos últimos 5 partidos dos de Cabrejo. E na casa do líder. E iso que o equopo chegaba con baixas, e con 3 xuvenís na convocatoria.
Unha primeira parte moi disputada, co líder buscando os balón longos ás costas dos laterais camariñáns, que fixeron un partidazo sen un só erro en todo o partido.
Na segunda, seguiron moi serios, pero o equipo tivo tamén máis protagonismo en ataque. Nunha xogada por banda esquerda un centro de Pablo chega Moriño que dende o borde da área facía o 0-1. Non sufrían demasiado en defensa, e moi pouco despois, nun córner sacado por David remata Borja de cabeza para poñer o 0-2 cun golazo.
O partido estaba vivo e apenas 2 minutos despois marcan os locais un golazo pola escuadra.
Pero o equipo se mantivo firme, sen ceder erros, e mesmo puidendo sentenciar nun par de contras, para asegurando unha vitoria onde menos se esperaba.
Todas crónicas da 1ª FUTGAL
- X.17: O ano comeza tan mal como acabou para os equipos costeiros.
- X.16: Xornada fatal para confirmar un mal comezo de curso.
- X.15: Sufrindo fóra de casa.
- X.14: O Castriz invade Esteiro e o Muxía cólase na zona noble.
- X.13: A Esteirana reacciona en Caión.
- X.12: Sacando rédito sobre a bocina.
- X.11: O Castriz supera ao Fisterra nunha xornada máis positiva.
- X.10: O Muxía vence o derbi e escapa do pozo.
- X.9: Esteirana e Castriz respiran.
- X.8: Só suma o Camariñas e os outros 4 equipos costeiros pechan a táboa.
- X.7: Pleno de derrotas que afunde aos 5 equipos costeiros na táboa.
- X.6: Muxía e Fisterra poñen os goles.
- X.5: Dous fermosos derbis.
- X.4: Empate de respecto.
- X.3: Probando o duro sabor da 1ª.
- X.2: O Camariñas pon pé na 1ª cunha remontada espectacular.
- X.1: Sensacións dispares nun comezo bronco.
Máis info
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.