1ª FUTGAL: Sufrindo fóra de casa
4 derrotas fóra de casa nesta 15ª xornada da 1º FUTGAL para os nosos equipos. Só o Castriz, que xogaba na casa, rascou un punto.
Así a cousa segue moi complicada, con Castriz, Fisterra e Esteirana pechando a táboa, mentres que Muxía e Camariñas fican en zona morna pero sen poder despistarse.
Cacheiras - Fisterra (3-0)
- Fisterra: Joselu, Isma, Colombia, Ángel, Dani, Quintela, Rui, Martín, Guille, Adrián Makaat e Isaac Fábregas. Tamén: Guille, Juan, Noe, e Pablo.
- Goles: 1-0, m.13: Emilio; 2-0, m.47: Alberto Balsa; 3-0, m.66: David Salgueiro.
Non foi mal partido dos fisterráns, que daban a benvolta a Rui. O equipo de Leo tiña o partido controlado pero o cadro local se adiantaba a balón parado ao cuarto de hora. A pesar do mazazo, foron quen de seguir coa mesma dinámica, tendo un par de bos achegamentos, unha de Isaac e outra de Makaay, que ben puideron significar o empate antes do descanso.
Pero nada máis saír dos vestariarios, outra xogada a balón parado nun córner prologado ao segundo pau, chegaa outro doloroso tanto. O equipo tampouco decaeu, e seguía cuna moi boa imaxe, con boa intensidade, pero sen demasiado claridade arriba. Nunha xogada na área rival, Guille recibe un posible penalti, que o colexiado non sinala, e na mesma contra, con Guille tirado no chan, o Cacheiras fai o terceiro e sentencia o choque.
O equipo espera a volta de Eze, que finalmente, tras probar co Porteño, decídese por volver ao equipo da súa vila.
Cire de Melide - Camariñas (3-1)
- Camariñas: Jorge, Víctor, Roi, Oliver, Pablo Suárez, Moriño (Martín), David, Javi, Adam, Soule e Mario.
- Goles: 1-0, m.9: Adrián López; 2-0, m.61: Asier; 2-1, m.66 Adam de penalti; 3-1, m.97: en propia.
Mala primeira metade do Camariñas, que se foi co 1-0 abaixo no marcador aos vestiarios. Pero reaacionaron ben os de Cabrejo e Faus, dominando dende o principio, xogando en campo contrario e tendo chegadas claras. Pero eran os locais os que ampliaban a renda nunha xogada a balón parado.
Pronto reaccionaron os costeiros, que recurtaban cun penalti cometido sobre Soule que transforma Adam. Quedaban aínda 25 minutos e o equipo camariñán estivo enriba do empate, tendo varias ocasións para empatar, pero xa na última xogada do partido nun pase atrás da defensa os costeiros marcaron en propia meta o 3-1.
Os camariñáns protestaron a actitude arbitral, que expulsou a Cabrejo sinalan na acta que dixera unha frase que aseguran non pronunciou.
Castriz - Queixas (2-2)
- Castriz: Íker, Marcos Mouro, Brais, Anxo, Saúl, Oscar Feal, Alemán, Chapela, Carlos Rieiro, Josiño, Juanjo. Tamén: Coke, Fabián, Samuu Castro, Fabio e Rodo.
- Goles: 1-0, m.67: Chapela marca un golazo dende fóra da área; 1-1, m.87: Martín Alonso nunha xogada a balón parado; 1-2, m.91: Pablo Loureiro tras un saque de banda longo; 2-2, m.94: Marcos Mouro remata un córner botado por Chapela.
Chegaba o Queixas coas cousas claras, con presión alta e balóns directos e un xogo aéreo moi forte. Custou meterse no partido ao cadro xalleiro, pero dominaron, levaron a iniciativa, pero sen correr perigo atrás. Si que se abría un pouco máis o partido tralo golazo de Chapela no ecuador da segunda, e aí, á contra puideron matar o partido os locais, con 2-3 transicións moi claras. Pero non o fixeron e tocaba sufrir, ante un Queixas que colgaba e colgaba balóns. De feito, conseguía darlle ao marcador en dúas xogadas a balón parado, e cando o partido parecía sentenciado, Marcos Mouro salvou un punto e lle dedicou o gol á súa avoa, falecida esta semana.
”As sensacións seguen sendo boas así que creo que non debemos preocuparnos”, valora Miguel Chouza.
Arzúa - Esteirana (3-0)
- Esteirana: Guille, Kevin, Pablo, Code, Damián, Aitor, Antón, Pachi, Adrián Louro, Raúl e Anxo. Tamén: Nauzet, Foghete, Cristian.
- Goles: 1-0, m.38: Daszkal; 2-0, m.50: Brais Pedreira; 3-0, m.62: Eloy Díaz.
Nova derrota da Esteirana, que pouco puido facer ante o 2º clasificado, e de novo cun equpo en cadro, con 4 xuvenís entre os 14 convocados. O equipo de Adán comezou esperando, buscando algunha contra ás costas da defensa. Os Julián, Brais Pedreira, Eloy, Balotelli… que fan do Arzúa unha potencia arriba, comezaban a xogar, e os esteiráns non eran quen de aguantar a pelota cando roubaban. Aguantaron ata o 35, pero aí co gol, cansados de correr, baixaron un pouco.
Na segunda, buscaban seguir na mesma liña pero intentando aguantar un pouco máis nas contras, pero pronto Brais Pedreira sentenciaba o choque.
”Partido esquecido xa e esperando que co parón volvamos xuntar a toda a xente e competir ben”, relata Adán.
Bertamiráns - Muxía (4-1)
- Muxía: Iván Bouzón, Mateo, Brais, Carlos Costa, Javi Vilela, Manu Nogueira, Víctor Alcaina, Adrián Alcaina, Iago, Mauro e Fran Moreira. Tamén: Joel, Alex, Rober, Fabián, Carlos Antelo, Isma e Manu Martínez.
- Goles: 1-0, m.11: Jose Varela; 2-0, m.19: Adrián Castro; 2-1, m.44: Fran Moreira de penalti; 3-1, m.68: Pablo Antelo; 4-1, m.70: David.
Partido bonito e vibrante, moito máis igualado do que di o marcador, cun Muxía tratando de ti a ti ao líder. Comezaba xa con ocasións o choque, cun balón ao pau dos de Pataca, pero co Berta respondendo e obrigando a Iván Couto a salvar un man a man. Situouse mellor no campo o cadro ocal, e durante a primeira media hora dominaba territorialmente colocándose 2-0, con dous tantos tras centros laterais..
Tivo que mover ficha e facer un cambio de sistema Pataca, e o equipo asentouse e tapou os ocos que estaba atopando o cadro local, e de aí ao descanso estivo moi ben, tendo unha a porta baleira que saca o defensa baixo paos e colocando o 2-1 de penalti antes do descanso.
Na segunda, saían moi conectados os muxiáns e coa intención de ir a polo partido, arriscado arriscando coa saída de Róber e Manu Martínez, e o choque rompeuse, con transición tras transición. Tiveron mala sorte aí os corviños, pois o terceiro chegou coa mala fortuna tras tocar o disparo nun defensor que engana a Iván. Xa non se repuxeron deste tanto e o Berta acabou dominando.
A mellor nova, a volta de Isma Márquez, que debutaba co primeiro equipo (xa xogou 3 partidos co B) despois de lesionarse de gravidaide nas pasadas semis da Copa contra o Outes.
Todas crónicas da 1ª FUTGAL
- X.14: O Castriz invade Esteiro e o Muxía cólase na zona noble.
- X.13: A Esteirana reacciona en Caión.
- X.12: Sacando rédito sobre a bocina.
- X.11: O Castriz supera ao Fisterra nunha xornada máis positiva.
- X.10: O Muxía vence o derbi e escapa do pozo.
- X.9: Esteirana e Castriz respiran.
- X.8: Só suma o Camariñas e os outros 4 equipos costeiros pechan a táboa.
- X.7: Pleno de derrotas que afunde aos 5 equipos costeiros na táboa.
- X.6: Muxía e Fisterra poñen os goles.
- X.5: Dous fermosos derbis.
- X.4: Empate de respecto.
- X.3: Probando o duro sabor da 1ª.
- X.2: O Camariñas pon pé na 1ª cunha remontada espectacular.
- X.1: Sensacións dispares nun comezo bronco.
Máis info
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.