1ª FUTGAL: Xornada fatal para confirmar un mal comezo de curso
Despedíanse os equipos da 1ª do ano nunha xornada 16 con partidos principalmente na casa. E foi un calco do que está pasando neste trimestres. Só 1 punto dos 15 posibles, colleitado polo Muxía na casa, para manter a promoción a tiro. O Camariñas, que vén de máis a menos, caeu ante un rival da zona baixa, e se vai complicando a vida. E mentres, Castriz, Fisterra e Esteirana seguen pechando a táboa, tras sumar novas derrotas.
Pecha o ano Fran Moreira (Muxía) entre os máximos goleadores, con 12 tantos, empatado con Borja Casal (Boimorto).
Muxía - Racing San Lorenzo (1-1)
- Muxía: Iván Bouzón, Mateo, Alex, Brais, Carlos Costa, Iago, Adrián Alcaina, Mauro, Manu Martínez, Manu Nogueira e Fran Moreira. Tamén: Joel, Michael, Víctor Alcaina, Javi Vilela, Fabián, Carlos e Isma Márquez.
- Goles: 1-0, m.22: Manu Nogueira aproveita o rexeite dun penalti que lle paran a Fran Moreira; 1-1, m.41: Fran Loureiro.
Partido raro na Arliña, cun Muxía que empezaba ben a pesar de estar co vento e choiva en contra, cunha ocasion clarisima de Fran e chegando en varias ocasións tras presionar ben a saída de balón do rival. Co paso do minutos igualouse o encontro, e os santiagueses teñen un disparo ao pao nunha transicion, pero nun fallo do porteiro rival, comete penalti, que falla Fran pero no rexeite Nogueira consegue o primeiro. Segue igualado o partido e nunha desafortunado esbarón de Costa o Racing empata o partido.
Na segunda parte parecia que ningún equipo quería perder, dende o banquillo Pataca intentou abanicar o equipo para que o equipo fose a polo partido, e contra o final si chegaron algunhas ocasións, cunha chegada que tivo ata 4 remates, pero o equipo sumou un punto e segue a 3 da promoción.
Praíña - Castriz (2-1)
- Castriz: Coke, Fanián, Samuel, Saúl, Anxo, Marcos Mouro, Fabio Blanco, Brauis, Oscar Feal, Josiño e Chapela. Tamén: Iker, Alemán e Juanjo.
- Goles: 0.1, m.25: Chapela; 1-1, m.60: Fabiano Soares; 2-1, m.90: Rubén.
Partido moi emocionante que volveu saír cruz para os xalleiros nos minutos finais. Estiveron os de Miguel Chouza mellor na primeira metade, ben armados atrás pero moi seguros, e chegando arriba como no golazo de Chapela. Fabio Blanco tivo un man a man, e Josiño superou ao porteiro pero o balón quedou nunha zona na liña de gol.
Cambiaron as tornas na segunda, o Praíña empatou e a partir de aí foi un intercambio de golpes, que puido caer do lado xalleiro se marca Chapela a súa, pero que acabou caendo do lado local.
”O equipo está competindo ben e ten nivel de sobra para quedarse na categoría”, asegura Chouza.
Camariñas - Bastavales (1-3)
- Camariñas: Jorge, Víctor, Roi, Borja, Pablo Suárez,Martín David, Javi, Adam, Soule e Mario. Tamén: Moriño, Carlos, Asier, Djibril, Nuno e Oliver.
- Goles: 0-1, m.4: Chenel; 1-1, m.10: Mario a centro de Pablo; 1-2, m.39: Miguel Castro; 1-3, m.98: en propia.
Partido marcado polo estado do campo, no que se adiantaba moi pronto o cadro visitante. Pero reaccionaron os de Cabrejo e Faus, e nunha boa xogada empataba Mario. A partir de aquí os locais dominaron o encontro xogando ben e rendo ocasións, pero con problemas, como nas últimas semanas, para marcar. Con todo, volveu aparecer a meteoroloxía, cunha saraibada campal que obrigou a parar o partido nom.35. Despois de 5 minutos de parón, nunha falta mal defendía, os visitantes métense por diante.
Na segunda o campo estaba moi anegado, e só podía chegar por arriba o cadro camariñán, ante un Bastavales moi cómodo despexando balóns. Poucas ocasións tiveron os do Encaixe na 2ª parte, pero si pediron un penalti. Xa co tempo cumplido un balón o porteiro dun central, de novo, acaba co terceiro dos locais.
Fisterra - Bertamiráns (0-2)
- Fisterra: Joselu, Isma, Colombia, Dani, Rui, Maikel Mouzo, Juan, Quintela, Ángel, GUille e Isaac. Tamén: Guille, Noe, Pablo e Beltán.
- Goles: 0-1, m.16: de penalti; 0-2, m.92: Mauro.

Contra o líder xogaba o cadro fisterrán, e competiu moi ben, cun esforzo máximo dos rapaces. Marcaba o Berta o 0 -1 mediante un claro penalti. Mediada a primeira parte tiveron outra ocasión que desbaratou Joselu.
Na segunda sairon ben os de Leo, e tiveron unha moi clara de Formoso, que parou baixo paus o porteiro visitante. Foron a por todas os locais na busca do empate, pero na última do partido o líder consegue facer o segundo nun centro lateral que se envenena e acaba entrando.
Derrota esperanzadora dos fisterráns.
Esteirana - Melide (0-4)
- Esteirana: Guille, Kevin Rial, Simón, Damián, Code, Antón, Pablo Fdez, Pachi, Oli e Anxo. Tamén: Raúl, Nauzet, Cristian, Aitor, Godo.
- Goles: 0-1, m.4: Adrián; 0-2, m.62: Dani Pampín; 0-3 m.86: Omar; 0-4, m.91: Castrelo de penalti.
Comezaron ben os locais, pero primeiro balóns ás costas, gol en contra. Repuxéronse e aguantaron o primeiro tempo competindo moi ben.
Saíron apretar arriba na segunda os locais, pero repetiuse o guión: primeira ocasión, gol. Co 0-2, meteu xente arriba Adán, pero non mellorou demasiado, e co equipo envorcado xa no treito final, os visitantes sentenciaron.
Faille falta como o sol o parón ao cadro esteirán. ”A ver se conseguimos resetear neste final de ano, e comezamos con máis forza”, sinala Adán esperanzado.
Todas crónicas da 1ª FUTGAL
- X.15: Sufrindo fóra de casa.
- X.14: O Castriz invade Esteiro e o Muxía cólase na zona noble.
- X.13: A Esteirana reacciona en Caión.
- X.12: Sacando rédito sobre a bocina.
- X.11: O Castriz supera ao Fisterra nunha xornada máis positiva.
- X.10: O Muxía vence o derbi e escapa do pozo.
- X.9: Esteirana e Castriz respiran.
- X.8: Só suma o Camariñas e os outros 4 equipos costeiros pechan a táboa.
- X.7: Pleno de derrotas que afunde aos 5 equipos costeiros na táboa.
- X.6: Muxía e Fisterra poñen os goles.
- X.5: Dous fermosos derbis.
- X.4: Empate de respecto.
- X.3: Probando o duro sabor da 1ª.
- X.2: O Camariñas pon pé na 1ª cunha remontada espectacular.
- X.1: Sensacións dispares nun comezo bronco.
Máis info
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.