1ª Galicia: Dumbría e Mazaricos vencen os derbis
Comezou o ano e o fixo con dous derbis. O vivido no Conco, que mantén ao Dumbría en postos de promoción a costa dunha gran Esteirana, e o duelo da zona baixa entre Baio e Mazaricos que permite ao cadro amarelo saír dos postos de descenso e superar ao conxunto branquiazul na clasificación.
Estrano partido do Soneira no que 10 minutos de verdadeira páxara impediulle sumar a súa 7ª vitoria consecutiva, pero acabou remontando e igualando un partido que se lle puxera 1-4.
O que perde algo de comba cos de arriba é o Xallas que non puido manter ningún punto na visita do líder a Fontenla.
Soneira - Puebla (4-4)
- Soneira: Javi Souto, Aarón Fdez., Pichi, Fabián, De la Sierra, Brais Pereira, Alex Figueiras, Cristian, Borja Gándara, Richi e Javito. Tamén: Álvaro, Manuel, Basti, Gesto e Fabián Sendón.
- Goles: 1-0, m.15: Borja Gándara; 1-1, m.26: Christian; 1-2, m.27: Diego Bendaña; 1-3, m.30: Christian; 1-4, m.37: Alex Pérez; 2-4, m.41: Javito; 3-4, m.66: Basti; 4-4, m.76: Javito.
Partido tolo, cunha parte para cada equipo. Non empezou mal o equipo local, meténdose por diante, pero o Puebla estaba máis metido no partido, máis intenso e chegando con máis profundidade. Así, en apenas 10 minutos o partido pasaba do 1-0 ao 1-4, e gracias que Javi Souto fixo varias paradas para evitar unha goleada maior. Menos mal que antes do do descanso Javito recurtaba distancias e deixaba o partido no aire.
A segunda metade foi un monólogo dos de Pedro Gómez. Foron achegándose ata que Basti e Javito empataban o partido. A inercia estaba clara e os soneiráns foron polo partido, enviando dous balóns á madeira de Fabián e Javito, e un balón que lle sacan a Basti debaixo dos paus. Ademais pediron a expulsión do porteiro visitante por cortar un balón fóra da área a Basti sendo o último home.
“Sabor agridoce por tirar a primeira parte e porque tivemos 15 minutos finais para gañar o partido cun home máis”, recoñece Pedro.
Xallas - Cidade de Ribeira (1-2)
- Xallas: Iván Couto, Aitor, Caneda, Rubén Sande, Brais; Fidi, Colón, Samuel, Capelo, Juan de Celia e Alex Blanco. Tamén: Íker, Diego, Doro, Manu Cuns, Adán.
- Goles: 0-1, m.5: Nacho; 1-1, m.20: Juan de Celia nunha contra; 1-2, m.27: Manuel.
Partido aberto, bonito para o espectador, xogado “de tu a tu”, con ocasións nas dúas porterías. Arrincaba o choque cun tanto a balón parado dos da Barbanza, pero o Xallas non se veu abaixo e pronto recurtaba Juan de Celia nunha transición. Eran momentos de chegadas continuas e o que acertou foi o cadro visitante para poñer o 1-2 antes do descanso.
Arriscaron na segunda os locais, con ocasións de todos os colores, pero o balón non quixo entrar. “Quédanos unha sensación de rabia porque creo que merecemos máis ante un moi bo equipo que vai de primeiro”, sinala Adrián Vázquez.
Dumbría - Esteirana (3-1)
- Dumbría: Anxo, Dani Chao (Rivi), Kanario (Sendón), Raúl Añón, Pablo Paz, Baba, Brais Fdez (Yerva), Lucas Toba, Diego Estévez, Darío (Mario) e Xabi Castro.
- Esteirana: MJ, Simón, Code, Damián, Tobçio, Pachi, Adrián louro, Pablo Rama, Oli, Raúl e Róber Pladur. Tamén: Manu, Adrián Abelleira, Alex, Javi e Godo.
- Goles: 1-0, m.30: Dani Chao remata pola escuadra un unha falta ben botada por Kanario; 1-1, m.43: Róber Pladur de penalti; 2-1, m.89: Rivi; 3-1, m.92: Xabi.
Partido igualado, algo máis dominado polo cadro local, pero sen grandísimas ocasións. Adiantábanse os dumbrieses que tiveron varias ocasións na primeira metade. Pero a piques de chegar o descanso, un penalti de Raúl Añón (os esteiráns pediron a segunda tarxeta) era transformado por Pladur para facer o empate.
Empurraba máis na segunda o cadro de Pablo Conde, con continuas chegadas, pero a defensa dos de Geno estivo impecable practicamente ata o último minuto. Rivo acertaba a rematar un centro lateral no 89 e xa no desconto Xabi facía o terceiro.
Baio - Mazaricos (1-2)
- Baio: Iago, Braian, Norberto, Pablo, Peke, Yago Couto, Iván Rod., Iván García, Portu, Santiso, MC. Tamén: Brais, Aday, Mario, e Rubén.
- Mazaricos: Pablo, Brais, Pose, Borja, Josete (Chiki), Pereiro (Molinos), Chumiko, Sandelo, Losada, Kevin.
- Goles: 1-0, m.18: MC a centro de Portu; 1-1, m.66: Esteban Pereiro; 1-2, m.83: Kevin de penalti.
Derbi no Platas Reinoso, moi igualado, e de moita necesidade pola mala situación clasificatoria de ambos conxuntos. Comezou o cadro de Félix con algo máis de iniciativa, adiantándose nos primeiros compases gracias a un MC facía moito dano por banda esquerda, marcou a centro de Portu e puido facer o segundo. Tivo bos momentos o Baio que mandou un par de balóns ao pau
O cadro de Óscar Mingui tomaba o mando do partido, sobre todo ao final do primeiro periodo, pero sen gran profundidade máis que un par de chegadas de Losada e Marcos.
Na segunda, empurraban máis os amarelos, primeiro Kevin e Losada avisaron e Pereiro marcaba un golazo para facer un empate. Non se confomou co empate o Mazaricos que foi polo partido. Entrou Molinos e provocou un penalti que transformou Kevin para darlle 3 puntos vitais aos amarelos.