Venres. 29.03.2024
El tiempo

1ª Galicia: O Dumbría pescou en Corme e o Volantes colle a directa

Volantes Belvins Foto-Adriana
Imaxe do Volantes-Belvís. Foto-Adriana Fdez.
1ª Galicia: O Dumbría pescou en Corme e o Volantes colle a directa

Adiábanse esta semana, por COVID, os Baio-Mazaricos e Ponteceso-Soneira. Polo que a xornada 11 desta miniLiga da Costa na 1ª Galicia quedaba en apenas 3 partidos. Pero o partido máis importante xogábase en Tordoia, onde o cadro de Dani Calvete non desaproveitou a ocasión para superar ao cadro mazaricán no alto da táboa, vencendo, nada menos, que ao poderoso Negreira. Os negros e amarelos fixéronse, coma sempre, fortes na casa, e aproveitaron que os de Baleato levaban 5 semanas sen competir, para dar un envorco á clasificación, aínda que o cadro nicrariense aínda ten dous partidos menos.

Nos nosos, o Volantes sumou a súa segunda vitoria consecutiva e sae á zona media, e o Dumbría pescou no Caito, ante un Corme moi tocado polas baixas.

 

Volantes - Belvís (2-1)

  • Volantes: Alberte, David Pais, Miguel da Corocha, Oscarín, Santi, Godo, Pesco, Alex, Toni, Pablo, Alex Vázquez. Tamén: Alex de Yi, Isma, Kike, Jesús e Riki.
  • Goles: 1-0, m.28: Pesco; 1-1, m.50; 2-1, m.55: Pesco de penalti.

Comezou o choque sen un dominio claro, no que os laranxas intentaban facer dano mandando balónss ás costas da defensa santiaguesa. E así chegaba o primeiro de Pesco á media hora. Puido chegar o segundo, pero o gol foi anulado e pouco despois o Belvís avisaba cun balón ao pau.

Non perdou tralo descanso o equipo visitante, e pouco despois, tras un córner que xa chegaba dunha gran ocasión tras unha falta, o Volantes de Iván González (na casa confinado) armaba unha contra que acababa en pena máxima. Pesco non perdoaba.

Aínda quedaba tempo pero o Volantes ía controlando o choque, ata que xa nos últimos minutos o Belvís pechou atrás aos locais, que intentaban saír á contra, pero sin grandes ocasions para ningún dos dous.

 V olantes ante a afeccion

 

Corme - Dumbría (1-2)

  • Corme: Suso, Jesús, Pandi, Eloy, Brais Torrado, Diego, Borja Torrado, Toniño, Noel, Lucas e Alejo. Tamén: Illote, Rubén, Hugo, Samu Costa e Aitor.
  • Dumbría: Jorge, Roberto, Samuel, Pablo, Matías, Mrais, Mario, JOsiño, David, Code e Baba. Tamén: Anxo, Jesús, Marcote e Álex Sendón.
  • Goles: 1-0, m.10: Code; 1-1, m.28: Toniño; 1-2, m.79: Mario.

O Corme celebrando un tanto ante o Dumbria-Foto-Edu Cambon
O Corme celebrando o primeiro ante o Dumbria-Foto-Edu Cambon

Cos dos adestradores confinados xogou o Corme na casa na chegada do Dumbría. O partido estivo moi igualado, cunha primeira metade bastante torpe. Pronto se adiantaba o cadro visitante cun gol dos chamados pantasmas de Code, nunha fermosa falta que petou no longueiro e que o liña viu botar dentro. Pontro empatou Toniño para os locais.

Pasaron os minutos sen máis. O Dumbría aguantaba mellor fisicamente, e tivo 3 boas ocasións, ata que faltando 10 minutos, Mario pega un lanzamento que rebota en dous defensas cormeláns, descoloca a Suso e entra mansamente na porta cormelá, dando a vitoria aos de Pablo Conde.

 Gol do Dumbria no Cairo-Foto-Edu Cambon
Imaxe do segundo gol dumbriés-Foto-Edu Cambón.

Homenaxe

Foi no choque dos cadetes, pero por Corme, o momento da xornada foi a emotiva entrega dun detalle á familia do finado Lucas Vicente Vidal por parte do colectivo arbitral da Costa da Morte:

 

Resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.

Comentarios