Martes. 07.05.2024
El tiempo

1ª Galicia: O San Lorenzo tamén pode co Fisterra

11 do SD San Lorenzo que venceu ao Dumbria copia
11 do SD San Lorenzo que venceu en Ara Solis
1ª Galicia: O San Lorenzo tamén pode co Fisterra

A semana pasada batía ao Dumbría, e esta finde fixo o propio con todo un Fisterra. O San Lorenzo mantense no segundo chanzo da táboa, só por detrás dun intratable Puebla, tras sumar 5 vitorias en 6 partidos (de feito, a única derrota dos de Verdillo foi ante o líder). Tremendo o de Juanjo, volvendo decidir cos seus goles un partido.

Polo demais, vitoria fácil do Dumbría ante o pechacancelas, e derrotas reflexivas para Baio e Esteirana.

Dumbría - Cruces (4-0)

11 do Dumbria ante o Cruces

  • Dumbría: Carlos, Samuel Quintáns, Dani Fraga, Kanario, Baba, Mario, Lucas Toba, Mataso, Álex Sánchez, Xián. Tamén: Anxo, Alex Sendón, Rivi, Pablo Paz, Raúl, Miller e Adrián Periscal.
  • Goles: 1-0, m.34: Álex Sánchez anota un golazo de falta directa; 2-0, m.38: Mario; 3-0, m.46: Dani Chao; 4-0, m.61: Adrián Periscal.

Dumbria-Cruces capis e David Cancela

Non sufríu o cadro de Pablo Conde ante un pechacancelas que aínda non estreou o taboleiro de puntos. Os dumbrieses dominaron dende o principio, tardaron en chegar os goles, pero chegaron. Marcaron dous tantos antes do descanso e un nada máis saír que deixou sentenciado o choque.

Praíña - Baio (1-0)

11 do Baio en Praina-Foto-Luis Gonzalez
11 do Baio-Foto-Luis González
  • Baio: Iván Fraga, Pablo Rod., Norberto, Aitor Vilas, Sergio, Iván Rod., Josiño, Dani Pombo, Bieito, Guille Botas e Diego. Tamén: Javi Souto, Pazos, Bruno, Rubén, Guille Eiroa, Damián, Bryan.
  • Gol: 1-0, m.31: Javi Sánchez de penalti.
Trio Arbitral e Norberto no Praina-Baio-Foto-Luis Gonzalez
Norberto co trío arbitral-Baio-Foto-Luis Gonz´lez

Saíron frouxos os baieses ante un Praíña moi enchufado e moito máis intenso. Así e todo non facía demasiado dano e só era quen de poñerse por diante dende os 11 metros á media hora.

Espertou na segunda o cadro de Félix, que saíu dando unha sensación real de equipo unido, con moitas máis gañas de ir a polo partido. A base levar o control do xogo, conseguían traspasar liñas e ter boas chegadas, mesmo enviando un balón a longueiro. Aínda así, non chegou para empatar.

”Temos que quedarnos con esta segunda metade, que é o mínimo que temos que dar, senón seremos un equipo que temos que asumir polos postos que temos que loitar”, sinala Félix. “Creo que o bo traballo deenvolto pola semana por cada un dos xogadores, non corresponde coa mala imaxe amosada ata o de agora... Desde meu posto, só podo asumir toda responsabilidade da situación, seguir traballando e que a corto plazo se vexa o equipo que creo imos ser”, sinala con esperanza o adestrador baiés.

Praina-Baio-Foto-Luis Gonzalez
Foto-Luis GonzÁlez

Esteirana - Tordoia (1-4)

  • Esteirana: Alex de Yi, Kevin Rial, Simón, Code, Tobío, Damián, Alex Rama, Adrián Abelleira, Piki, Elías e Oli. Tamén: Rober Pladur, Pablo Rama, Carajillo, Alex Louro, Brais Noceda, Martín Rama e Sergio.
  • Goles: 0-1, m.30: Javi Seoane nun córner; 1-1, m.35: Damián; 1-2, m.51: Alberto Fraga; 1-3, m.53: Abel; 1-4, m.77: César.

Boa primeira metade dos de Néstor Romero, competindo moi ben a altura da categoría, ante un equipo duro dirixido polo costero Nando Muíño, que se adiantou á media hora. Damián empataba pouco despois deixando unhas xustas táboas ao descanso.

Pero saíron menos concentrados na segunda os esteiráns, que en 10 minutos tiraron pola borda todo o bo traballo da primeira metade, sufrindo dous tantos en dous erros tácticos da defensa local. Aínda así non deron o partido por perdido, mesmo cando Oli foi expulsado por vermella directa, rematando o choque cun resultado demasiado abultado para o visto no campo. Así e todo Néstor, que recoñece a dureza do traspés, considera que houbo cousas moi boas, sobre todo na primeira metade, e “hai que aprender da necesidade de non regalar minutos nesta categoría”, sinala o míster.

Fisterra - San Lorenzo (0-1)

  • Fisterra: Joselu, Piti, Colombia, Rubén, Juan Lagoa, Lobelos, Jano, Adri Castro, Moha, Mario, Estévez. Tamén: Adrián Makaay, Maikel Mouzo, Juan Trillo, Martín Canosa, Marcote, Guille e Jose.
  • San Lorenzo: Puyol, Samuel, Raúl, Lucho, Andy, Juanjo, Jairo, Diego Varela, Ricardo, Alex Taibo, Eloy Arantón. Tamén: Dani Varela, Davidson, Quin, Hugo, Manu Guillamet e David.
  • Gol: 0-1, m.48: Juanjo.
Fisterra-San Lorezo
Diego Lobelos no Fisterra-San Lorenzo

Outo gol de Juanjo, e van 6 en 6 partidos, volveu decantar a vitoria para os de Dani Casal. Foi no marco dun partido moi disputado, no que empezaba mellor o Fisterra (para Diego Lobelos o mellor partido do que vai de ano), gañando as segundas xogadas e creando perigo con balóns en longo, facendo sufrir nesas internadas de Estévez ás costas da defensa. Nunha desas ten un man a man que para Puyol; noutra colábase na área e erra derrubado, pero el mesmo fallaba a pena máxima mandando o balón ao pau. O San Lorenzo ía desespezándose e Joselu tivo que salvar un man a man con Juanjo.
No segundo tempo comeza mejor o San Lorenzo, Joselu para un man a man e pouco despois Juanjo sácase un golazo por toda a escuadra. Aí puido sentenciar en varias internadas de Eloy, Andy, Jairo… pero non acertaron e o partido quedou aberto ata o final. Xa con Makaay no campo, el e Estévez sementaban o medo na zaga visitante, tendo dúas claras ocasións para facer o empate. Pero os de Verdillo están de frecha para arriba, aguantaron uns 15 minutos de asedio local cun gran Puyol e levaron 3 puntos máis para Carballo.

NOVAS RELACIONADAS

CRÓNICAS DA 1ª GALICIA

MÁIS INFO

Comentarios