Venres. 26.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: Soneira e Dumbría saen reforzados dos derbis

Volantes en Lalin-Foto-Adriana 2
O Volantes non puido traer nada positivo de Lalin-Foto-Adriana
1ª Galicia: Soneira e Dumbría saen reforzados dos derbis

Doble derbi tivemos esta 10ª xornada da 1ª. O de Vimianzo puido acabar en goleada pero ao final o líder, o Soneira, acabou sufrindo ata o último minuto ante un Mazaricos que non baixa nunca os brazos. Son 6 xa as vitorias consecutivas dos de Pedro Gómez, e 4 puntos sobre os seus perseguidores.

En Baio, o cadro local foi por diante no marcador máis dunha hora de xogo, pero o Dumbría soubo esperar o seu momento e deu a volta ao marcador nos últimos 5 minutos. Escapa lixeiramente o cadro de Pablo Conde, que queda a 7 do líder, e suma xa 4 de vantaxe sobre os de Pablo Torreira.

Os que cortaron unha gran resurrección, como nos contaba Pesco, foron os Volantes de Baño, que caeron en Lalín, a pesar de estar máis que arropuados por uns incombustibles Rochabillies.

 

Soneira - Mazaricos (4-3)

  • Soneira: Javier Souto, Darío, Pichi, David Agra, Mayor, Diego Lois (Dylan, m.87); De la Sierra (Brais Pereira, m.83), Richi, Javi Souto (Alex Taibo, m.70), Robert Pladur e Basti (Fran Calvo, m.76).
  • Mazaricos: Dani Fedello, Mario, Borja, Maroñas, Cutu; Adrián, Pereiro (Joseph), Raúl (Viturro), Barbeira (Kevin), Piqui e Estefano (Yago Dosil).
  • Goles: 1-0, m.14: Basti; 1-1, m.34: Barbeira de penalto; 2-1, m.36: Robert Pladur; 3-1, m.37: Robert Pladu; 4-1, m.49: Javi; 4-2, m.69: Viturro; 4-3, m.88: Viturro.

Partido vibrante o vivido no Municipal, cun Mazarico ben replegado, buscando en punta a Piki, e intentando facer presión dende 3/4 de campo. O Soneira dominaba, pero nun par de roubos Piqui e Barbeira avisaban. Así e todo era Basti o que abría o marcador tras unha parede con Róber Pladur. Neses minutos houbo chegadas para os dous bandos, como un balón ao pau de Agra, ou unha falta que pedía Estéfano no borde da área. Co Mazaricos apretando máis, Barbeira transforma un penalti provocado por el mesmo.

Pero apenas un minuto despois Pladur marca dous goles consecutivos gracias ás boa diagonais dos soneiráns.

Outra frouxa defensa permitía a Javi marcar outro tanto nada máis comezar a segunda metade, e os soneiráns tiveron 10 minutos para sentenciar. Pero lonxe de baixar os brazos, a entrada de Viturro deu ás aos amarelos, que entraron no partido co tanto de Viturro. Aí apretaron ata o final, metendo o 4-3 xa case que no desconto e obrigando aos locais, tras varios córners, a pedir a hora.

 

Baio - Dumbría (1-2)

  • Baio: Diego Mallo, Rubio, Yago, Álex Varela, Damián, Norberto, Peke, Bieito, Manu Santiso, Porti e Martín MC. Tamén xogaron: Pablo, Martín, Sergio, Braian e Mohedano.
  • Dumbría: Anxo, Pablo Paz, Mataso (Darío, m.68), Berto, Kanario, Cespón (Xabi, m.82), Xaco (Mario, m.68), Rivi, Yuyo, Code (David, m.63), e Marcote.
  • Goles: 1-0, m.17: Peke revólvese e marca tras un córner; 1-1, m.84: Marcote; 1-2, m.91: Yuyo aproveita o rexeite a un tiro de Marcote.

Imaxe do derbi Baio-Dumbria

Intenso derbi o vivido no Platas Reinoso, onde as disputas foron máis protagonistas que as combinacións. Non estaba o campo, nin o tempo para moitos luxos. A primeira metade foi igualada, con alternativas no xogo, comezando o Baio poñéndose por diante, e un Dumbría que pouco a pouco ía subindo liñas. O Baio saía ben co balón pero a primeira liña defensiva dumbriesa impedíalles superar o mediocampo. Ata o descanso foi un choque disputado pero sen ocasións.

O Dumbría saíu polo partido na segunda, tendo máis posesión. Non chegaban demasiadas ocasións, pero o cadro de Pablo Conde non desistía, ata que a falta de 5 minutos, Marcote marcaba nunha boa xogada colectiva na que a defensa baesa estivo demasiado feble. Quedaban só 5 minutos, e o partido rompeuse, e a balanza caeu, por inercia, do lado dumbriés, cando nunha contra, unha gran arrancada de Marcote obrigaba a Anxo a despexar un tiro, deixando un rexeite que non desaproveitou Yuyo para facer o gol da vitoria.

 

Lalín - Volantes (3-1)

Volantes en Lalin-Foto-Adriana

  • Volantes: Marcos, Godo, Rachón, Kacho, Kevin, Charles, Óliver, Thiago, Rubén, Pesco e Berto. Tamén xogaron: Xian, Pardelo, Abel e Jose.
  • Goles: 1-0, m.30; 2-0,m .40; 2-1, m.56: Berto; 3-1, m.80: Cacho en propia.

Banco do Volantes en Lalin-Foto-Adriana

Cortou o Volantes a súa boa xeira de resultados tras dúas vitorias consecutivas. A primeira metade foi sen ocasións, pero a falta de contundencia dos laranxas, permitiron aos locais marcharse con vantaxe tras dous remates francos a centros livianos.

Na segunda saíron máis enchufados e aprentaron máis os de Sil, con varias chegads perigosas. Marcou Berto tras unha falta lateral, e o partido estaba máis para o empate, se ben as chegadas non eran demasiado claras. Si que Rubén tivo un rexeite que mandou arriba. Xa casi ó final nunha contra sentenciaría o Lalín cun el propia de Cacho ó intentar despexar un centro raso.

 O meta marcos no Volantes en Lalin-Foto-Adriana
O meta Marcos no Volantes-Lalín-Fotos-Adriana

AS TÁBOAS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM

Comentarios