Martes. 08.10.2024
El tiempo

1ª Galicia: Xornada de empates no alto

Mazaricos-Soneira-Foto-Mazaricos
Imaxe do Mazaricos-Soneira do sábado-Foto-Mazaricos
1ª Galicia: Xornada de empates no alto

Non puideron os 3 de arriba sumar máis que un punto nesta xornada pasada por auga. O Mazaricos xogaba o sábado e deixaba escapar de Pedra de Ouro os 3 primeiros puntos da tempada. Pero tampouco sumaban 3 nin o Tordoia nin o Negreira, que empataron, e gracias, ante Ponteceso e Volantes.

Con só 3 partidos por diante, Tordoia, Negreira e Mazaricos son os máximos candidatos a meterse na fase de ascenso, e asegurar a permanencia, pero todo queda pendente agora do Baio, que volvía ver como se suspendía un partido seu (neste caso polo pasamento durante a mañá dominical dun xogador dos Veteranos do Corme ao remate do seu partido no Cairo), e ten unha costa de febreiro-marzo con 6 partidos en apenas 18 días.

 

Mazaricos - Soneira (2-2)

  • Mazaricos: Iván Baña; Mario, Borja, Pose, Oscarín; Chumiko, Pereiro, Sandelo; Marcos, Kevin e Brais. Tamén: Ángel, jose Ángel, Ricardo, Molinos, Dani Maroñas.
  • Soneira: Javi Souto, Brais Mouzo, Iván Noya, Pichi, Agra, De la Sierra, Alex Figueiras, Diego Lois, Mayor, Basti e Javi Souto. Tamén: Darío, Ángel, Gesto, Brais Pereira e Fran Calvo.
  • Goles: 1-0, m.35: Kevin de penalti; 1-1, m.37: De la Sierra; 1-2, m.68: Mayor; 2-2, m.77: Kevin.
Mazaricos-Soneira-Foto-Mazaricos 2
Oscarín sacando de banda: Foto-Mazaricos CF

Comezou mandando o Soneira durante os primeiros 45 minutos sobre o céspede de Pedra de Ouro. Os de Pedro Gómez tiveron varias ocasións para manterse por diante, con ocasións claras de Maki ou un man a man de Basti que salvou en ambas ocasións un gran Iván Baña, que mantivo vivo ao equipo amarelo. Tamén Javi tivo un par antes de que un penalti inocente de Agra a Kevin, transformariao Kevin no 1-0, aínda que dous minutos despois De la Sierra, faria o empate nun lanzamento desde a frontal.

Igualouse o choque na segunda metade, cun Mazaricos mellor colocado, pero era o Soneira o que chegaba con máis perigo, como unha de Javi ou un 3 para 1 que Maki, De la Sierra e Brais non conseguen definir. Adiantábanse os soneiráns de novo cun remate nun córner, o que obrigou aos de Diego Gálvez a adiantar liñas. O Mazaricos foi superior neste tramo de partido e tivo o empate nas botas de Kevin respondido por un paradon de Javi Souto. Pouco despois o propio Kevin nun pase en profundidade de Sandelo faría un bonito gol de vaselina.
Remataría o partido sen demasiadas chegadas, se ben Borja tivo un remate de cabeza moi claro para deixar os puntos na casa, pero finalmente foron os primeiros 2 que marcharon de Pedra de Ouro.

 
Mazaricos-Soneira-Foto-Mazaricos 3

Belvís - Dumbría (0-1)

  • Dumbría: Jorge, Mataso, Matías, Kanario, Sendón (Álex Sánchez), Pablo Paz (Xabi), Baba (Rivi) , Brais, Mario (Lucas) e Darío.
  • Gol: 0-1, m.16: Darío Capelo.

Partido regular que decidiu unha xenialidade de Darío. A primeira parte foi igualada, con algunha chegada máis dos de Pablo Conde, pero sen alardes. Comezaba o cadro local apretando na segunda metade, tendo mesmo dúas ou tres ocasións claras. Pero conseguiu afianzarse o equipo dumbriés, e acabou dominando o choque e rematando sen apuros e puidendo sentenciar.

 

Tordoia - Ponteceso (2-2)

  • Ponteceso: Brais, Ismail, Isaac, Eloy Trigo, Juan Rey, Nando, Alberto Recarey, Iago, Mendieta, Luca e Pablo Vázquez. Tamén: Álvaro, Cotelo, Raúl e Eloy Álvarez.
  • Goles: 0-1, m.6: Eloy pola escuadra; 1-1, m.26: Rubén Fariña; 1-2, m.34: Iago tras unha boa xogada de Nando; 2-2, m.99: Manuel Dubra.

Enfrontábanse en Tordoia o Ponteceso de Pablo Mallón co Tordoia de Dani Calvete, vellos coñecidos xa que na etapa na que o carballés adestrou en Buño. O Ponteceso maniatou moi ben a un líder que nunca estivo cómodo nin fino, facéndose moito mellor ao campo encharcado. Cun once ben arrimado atrás e buscando as contras, conseguiron poñerse por diante en dúas ocasións. O Tordoia levaba o peso do partido pero estaba moi impreciso. Empataron pronto e cando o partido parecía que se decantaba polo líder, volveu pegar Iago tras unha boa xogada de Nando.
Despois do descanso, pouco fútbol moita interrupción sen apenas ocasions, máis que algunha xogada a balón parado. Cando estaba morrendo o partido nun corner o cadro local apenas puido empatar, “e gracias”, como recoñece o propio Calvete, que valora o punto dados os resultados que se deron.

 

Volantes - Negreira (1-1)

  • Volantes: Alberte, David Pais, Oscarín, Álex Vázquez, Pablo Martínez, Godo, Mos, Pardelo, Pesco, Toni, Kike. Tamén: Alex de Yi, Manu, Santi, Ricardo, Miki.
  • Goles: 1-0, m.26: Toni de impresionante volea; 1-1, m.83: Jose.
Volantes-Negreira-Foto SD copia
Imaxe do Eleuterio Balayo-Foto: SD Negreira

Saíu vivo o Negreira do Eleuterio Balayo, nun día no que o temporal amainou para o choque, e só o vento fixo mella. Un vento que favoreceu aos visitantes na primeira metade, que empurraron máis ante un Volantes moi ben plantado. A primeira metade foi igualada, salvo un treito no que a base de córners meteron medo aos locais. Pero foi Toni o que no ecuador da primeira metade controlou un balón e pegoulle unha volea dende lonxe que entrou por riba do porteiro.
O partido seguía cos de Baleato apretando pero os de Iván González non sufrían demasiado. Era o partido que tocaba.

Así foi o golazo de Toni:

Na segunda, co vento e o marcador a favor, o Volantes dominou os tempos, ben posicionados, e con saídas claras aproveitando os espazos ante un cadro local que ía con todo arriba. Así Pesco lanzou unha fermosa falta á madeira; tamén tivo Kike un par de ocasións, unha picoulla ao porteiro e un defensa salvou na liña e outra nun bo tiro cruzado tras recorte que salvou o meta.

Non chegou a sentenza, e no treito final conseguíu empatar o cadro visitante.

 
Kike xa e protagonista no Volantes-Foto-Adriana
Kike xa é protagonista no Volantes-Foto-Adriana
Afeccion do Volantes ante Negreira
A afección do Volantes sempre ao pé. Foto: Adriana

As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com

Comentarios