22 equipos estrearán adestrador
Aínda sen tempo a pechar a temporada na Gale do Fútbol da Costa - QPC celebrada este pasado venres en Dumbría, o baile de adestradores xa está en marcha.
Fantástico é ver as redes socias dos equipos da volta fervendo coas fichaxes e as renovacións, dando conta da importancia que ten a rede xa para o noso fútbol. Uns movementos que compartimos no noso Facebook “Fútbol da Costa”.
A día de hoxe xa son 20 os novos adestradores confirmados, pero se albiscan que a cifra de novos inquilinos pode chegar a 23 dos 36 equipos. Por agora temos ata 13 renovacións aseguradas, como a de Ángel López (Fisterra), Sil (Volantes), Pedro Gómez e Pichón (Soneira), Pablo Torreira (Baio), Geno (Esteirana), Míchel (Cerqueda), Varela (Porteño), Da Silva (Seaia), Julio Vila (Ameixenda), Miguel Ramos (Outes), Berto (Camariñas), Vicente (As Baleas)…
Movementos en Preferente e 1ª
- Alberto López (Arteixo, 1989) será o novo adestrador da SD Sofán. Ao seu lado manterase como 2º adestrador Marco López “Cantudo”.
- Adrián Lema, coa axuda de Pablo Pose, formará no banco do Xallas de Preferente. Gran salto á Preferente do adestrador carballés despois de afianzar ao Muxía na Liga da Costa. A nova presidenta xalleira Beatriz Velo presentou a dupla a semana pasada.
- Dani Suárez Mayo, “Chicho”, adestrará ao Mazaricos. O adestrador da Serra vén de levar ao Noia Xuvenil a levantar a Copa do Sar.
- Pablo Conde será o adestrador do Dumbría para a vindeira temporada. Boa aposta pola xente da casa do cadro dumbriés, pois Conde é alma do club despois de adestrar en todas as categorías base e ser xogador durante moitos anos.
Movementos na Liga da Costa
- Ángel Pérez deixa o banco do Corme, e será Lelo, un home da casa, o que leve o equipo, despois de gañar a Copa da Costa cos Xuvenís.
- Diego Lobelos e Óscar Leis, a Doble L volve xuntarse nos banquiiños, e faino no de Arliña, á fronte do novo proxecto do Muxía.
- Santi Cambón será o adestrador do San Lorenzo de Verdillo.
- José Barca, despois dunha temporada como adestrador do Tordoia e media en Zas, ocupará o banco do Baíñas, que ademais ten de novo como presidente a Juan Silva.
- Gurita seguirá ao mando do Malpica, mentres o novo presidente é Jesús Vila Varela.
- O banquiño do Buño xa ten inquilino: Miguel Ángel Rodríguez, que foi segundo adestrador de cadetes do Sofán a pasada campaña.
- Pablo Mallón será o adestrador do Ponteceso.
- Juan Rey farase cargo do Lira.
- Felipe Candamo volve ao Muros.
- O Zas presentou onte a noite a Raúl Periscal como primeiro adestrador, acompañado por David Velo.
- O adestrador xalleiro Rafa Suárez volve aos bancos, e farao dirixindo ao U.C. Cee, club do que xa é parte intrínseca.
- Juni será o adestrador da SD Coristanco, despois de que Eloy Calvo, nominado a Mellor Adestrador despois da grandísima temporada realizada no Coristanco, anunciase que se toma un ano de descanso para levantar o seu proxecto profesional de nutrición deportiva.
- Fernando e Pablo Rodríguez deixan o Cabana sénior na Liga da Costa. O club aposta por xente da casa, como José Manuel.
- O Castriz, anunciou a fichaxe de Miguel Chouza, ata agora segundo adestrador do Puebla, coñecido nas redes sociais branquiazuis como @cochomono.
Movementos en 3ª
Aínda hai poucos movementos na 3ª costeira, con varias renovacións aseguradas, pendentes aínda de Camelle e Corcubión.
-
José Antelo, ex do Castrelo, ficha polo SD Laxe.
-
Ordóñez será o adestrador do Camelle.
-
Juan Porrúa, mítico porteiro do Dumbría entre outros, será o adestrador do Monte Louro.
- Fachal, ex do Baio, será o adestrador do Nantón, despois que Carlos Margarida xa tivera que deixar paso a Carlos Vidal por motivos laborais dende o pasado mes de decembro.
- Sergio pasa do Corcubión ao Castrelo.
- Por Corcubión, será o mítico Nito o que asuma o mando do equipo.