Martes. 19.03.2024
El tiempo

2ª Galicia: O Corme, primeiro líder da tempada

11 inicial do Corme ante o Sporting Zas. Foto: Fin Lema
11 inicial do Corme ante o Sporting Zas. Foto: Fin Lema
2ª Galicia: O Corme, primeiro líder da tempada

A goleada do Corme ante un correoso Sporting Zas permítelle inaugurar a tempada no máis alto da clasificación, acompañado con tres puntos polo Ponteceso, a Esteirana, o San Lorenzo, o Cerqueda, o Muros e o Malpica, equipos que tamén foron quenes de lograr sendos triunfos nos seus respectivos encontros.

SD San Lorenzo 3 – 1 SD Coristanco

SD San Lorenzo: David Pena, Fidalgo, Raúl, Pablo Garrido, Diego (Yago m.57), Ures, Fuentefría, Brais Rey (Alexis m.76),  Álex, Brais Cancela (Pablo Díaz m.83), Hugo (Padín m.72).

SD Coristanco: Rubén, Pazos, Álex (Jonathan m.61), Samuel, Damián (Álvaro m.76), Villajos (Corral m.69), Rubio, Jose, Erre (Dani Vázquez m.72), Mario e Sergio.

San Lorenzo-SD Coristanco

Goles: 0-1 m.47: Samuel; 1-1 m.49: Brais (p); 2-1 m.67: Raúl; 3-1 m.90: Styven.

Primeira metade de dominio dun Coristanco que tivo as ocasións máis claras, pero David Pena evitaría o gol con sendas boas intervencións, polo que o marcador non se movería.

O segundo tempo comezaría cun temperán gol de Samuel que poñía por diante aos coristanqueses, pero case sen tempo para pestanexar, o San Lorenzo reaccionaría e poñería as táboas de novo no marcador.

A raíz disto e a base de empuxe, os verdilleses tiveron varias opcións de gol e mediada esta segunda parte, Raúl facía o 2-1 nunha falta lateral.

Tras este gol, o Coristanco deu un paso á fronte para tratar de sacar algo positivo, pero serían os locais á contra quenes volverían a ver portería por medio dun Styven que facía o definitivo 3-1.

Corme CF 5 – 1 Sporting Zas

Corme CF: Illote, Peón, Brais Andrade, Alejandro, Pandi, Brais, Javi Bermúdez (Lucas m.67), Manu Bermúdez (Samuel m.74), Doldán (Brais Torrado m.77), Toniño (Diego m.79) e Alejo.

Sporting Zas: Puyol, Brais, Balsa, Bruno, Atu (Pablo m.72), Manu, Guillamet, Iván (Miguel m.75), Kevin, Andi (Juan m.72), Eloy (Andrés m.79).

11 inicial Sporting Zas en Corme

Goles: 0-1 m.38: Eloy (p); 1-1 m.54: Manu Bermúdez; 2-1 m.59: Brais Andrade; 3-1 m.61: Alejo (p); 4-1 m.74: Alejo; 5-1 m.75: Samuel.

Expulsión: O zasense Brais no minuto 58.

Primeira metade na que o rigor táctico do Sporting Zas fixo que o Corme non lograse expoñer o seu fútbol tan característico e que as ocasións non fosen demasiado claras nestes primeiros corenta e cinco minutos.

Pero ao fío do descanso, un penalti a favor dos zasenses decantaría a balanza momentaneamente despois de que Eloy transformase o lanzamento dende os once metros.

Corme CF-Sporting Zas

Tralo paso por vestiarios, os cormeláns estiveron a piques de empatar cunha dobre ocasión de Alejo que desbarataría Puyol, pero poucos minutos despois, Manu Bermúdez si era quen de ver portería logo dunha xogada colectiva que significaba o 1-1.

O partido poñeríase costa arriba para o Sporting Zas logo de que Brais vise o seu segundo cartón amarelo, de que Brais Andrade sorprendese a Puyol cun centrochute e de que Alejo transformase unha pena máxima.

O propio Alejo no minuto 74 e Samuel no 75, completarían o marcador para o 5-1 final.

CD Baíñas 1 – 3 UD Cerqueda

Baíñas - Cerqueda

CD Baíñas: Paulo, Eloy, Luis, Dieguito, Cristian Canosa, Esteban Canosa, Santi Díaz, Samuel (Héctor m.65), Felipe, Cristian (Darío m.60) e Toño.

UD Cerqueda: Darío, Estefan, Javi Souto, Javi Pazos, Lorenzo, Dani Mato (Julián m.86), Iván Mato, Iván Rojo, Dani (Marcos Pensado m.68), Diego, Eloy (David Del Río m.25).

Goles: 0-1 m.13: Iván Rojo; 0-2 m.45: Iván Rojo; 1-2 m.79: Cristian; 1-3 m.84: Iván Rojo (p).

Partido marcado polo vento, no que o Cerqueda foi dominador durante os primeiros 45 minutos e en dúas boas contras marcaría sendos goles, por medio de Iván Rojo, e incluso puideron ser algúns máis.

Na segunda metade e co aire en contra, o Baíñas acumulou máis xente arriba e creoulle máis perigo aos visitantes, logrando recortar diferenzas nun erro defensivo dos de Míchel Sande que aproveitaría Cristian.

Baíñas 1-3 Cerqueda

Tras isto, o Baíñas intentaría empatar pero unha boa contra do Cerqueda acabaría no penalti co que Iván Rojo faría o definitivo 1-3, completando así o seu particular hattrick.

SCD Malpica 1 – 0 SD Castriz

SCD Malpica: Lamas (Damián m.46), Fuentes, Kevin (Belarmino m.76), Juan, Villar, Migueliño, Andy, Roberto (Alberto m.46), Michi Castro, Aitor (Dimitri m.83), Pace (Brais m.59).

Malpica-Castriz

SD Castriz: Fran, Mata, Rompe, Adrián, Espi, Chiki (Jesús m.46), Iván (Cambón m.83), Iván Pastoriza, Iván Castro, Álex, Brais (Anxo m.66).

Gol: 1-0 m.32: Aitor.

Expulsión: O visitante Mata no minuto 32.

Comezou máis metido o Malpica nun partido condicionado polo forte vento na Pedra Queimada e a intensidade dos locais fíxose notar e tiveron algunha que outra chegada, e os homes de Gurita lograrían adiantarse cun gol de Aitor.

Por se fose pouco ao Castriz aínda se lle poñían as cousas máis costa arriba, despois de que Mata vise o segundo cartón amarelo á continuación do único tanto do encontro, situación que deixou aos visitantes medio groguis ata o tempo de lecer.

Na reanudación, o partido foi moi plano e a igualdade primou, pero aínda así os visitantes tiveron o empate nun remate de Álex que acabaría rexeitando o pau.

No tramo final, o Malpica contou con algunha opción á contra para matar o partido pero o resultado non se movería.

Buño SCD 0 – 0 Muxía CF

Buno_Muxia

Buño SCD: Brais, David, Miguel Dourado (Luismi m.46), Fran, Petís, Álex (Agustín m.74), Simón, Fabián, Pablo, Juan e Posiño.

Muxía CF: Ángel Luis, Reigía (Pereira m.66), Michael, Brais, Víctor Alcaina (Mario m.66), Julián, Manu Nogueira, Maikel, Isma Pose (Miguel m.84), Mauro, Álex (Tomás m.81).

Expulsións: O adestrador muxián Diego Lobelos no minuto 39 e ao seu xogador Julián no 45.

Encontro dominado polo Muxía ante un Buño que buscou as contras e que estivo moi intenso para cortar as xogadas de perigo, o que fixo que as ocasións brillasen pola súa ausencia. Antes do descanso, sería expulsado o adestrador muxián e de camiños a vestiarios, sería Julián quen vería o cartón vermello.

Buño_Muxía

Aínda con dez, os visitantes serían superiores ao rival pero non era o seu día de cara a gol, tanto foi así que nin Maikel dende o punto de penalti foi quen de superar a Brais.

Nos minutos finais, o colexiado anularíalle un gol ao Muxía por un protestado fóra de xogo e o Buño non sería quen de materializar unha boa contra xa co tempo case cumprido.

CD Muros 2 – 1 UC Cee

CD Muros: Rubén Santos, Juachy (Bruno m.88), Pelos, Dani, Xaco (Dani Romero m.80), Miguel (Juanfran m.67), Varo (Ivi m.57), Xavi, Saúl (Ramon m.72), Iván e Yanky.

11 inicial do Muros ante o Cee

UC Cee: Carlos, Álex Agulleiro (Patera m.61), Jorgito, Aitor, Cote, Ezequiel, Martín, Chema, Iker (Rubén m.76), Tito (Iago Muíño m.46), Pikero (Borja m.88).

Goles: 1-0 m.38: Saúl; 1-1 m.46: Pikero; 2-1 m.55: Pelos (p).

Na primeira metade estivo mellor un Muros que dominou durante practicamente os 45 minutos pero custoulle adiantarse xa que Carlos e o pau evitarían que Yanky vise portería.

Pero ao fío do descanso, un remate de Yanky rexeitaríao o longueiro e Saúl aparecería para rematar en segunda instancia e facer de cabeza o 1-0 co que se chegaría ao tempo de lecer.

Nada máis saír dos vestiarios, Pikero sorprendería a Rubén Santos cun golazo dende longa distancia para que se igualase o marcador e o partido. Pero pouco duraría o empate no marcador xa que o colexiado sinalaría un penalti de Carlos sobre Xavi, o cal aproveitaría Pelos para facer o 2-1 que acabaría resultando definitivo.

A partires dese momento, o Cee volcouse no ataque para tratar de sacar algo positivo ante un Muros que se limitou a defender e tratar de saír á contra.

Nos últimos intres, o Cee tivo dúas oportunidades inmellorables para lograr o empate pero o longueiro e un defensa sobre a mesma línea, evitarían o gol e farían que os tres puntos quedasen os tres puntos no Eleuterio Balayo.

Lira CF 1 – 3 Ponteceso SD

Lira-Ponteceso

Lira CF: Baitir, Óscar, Eloy (Borja m.55), Porto, Maikel, Óliver (Cristian Caamaño m.55), David, Raúl (Yerai m.85), Miguel, Toni, Mamadou (Yago Costa m.83).

Ponteceso SD: Rubén, Puente (Eloy m.62), Isaac, Dani Cotelo, Juanjo, Alberto Recarey, Xuko, Mendieta, Charro (Aday m.70), Mara (Adrián m.90) e Luca.

Goles: 0-1 m.46: Charro; 0-2 m.58: Xuko; 1-2 m.69: Maikel; 1-3 m.89: Xuko.

Na primeira parte, o Lira estivo mellor ca o Ponteceso e tivo chegadas para adiantarse pero Rubén sería o gran protagonista ao evitar que Óliver e Toni visen portería, polo que os lirachos non lograrían reflexar o seu dominio no marcador e chegaríase ao tempo de lecer co empate inicial.

Nada máis volver dos vestiarios, Charro adiantaba aos da vila de Pondal e Xuko aumentaba a vantaxe dos visitantes dos seus.

Mediado este segundo tempo, Maikel recurtaba diferenzas á saída dun córner co 1-2. E logo dunha ocasión dos lirachos que puido devolver as táboas ao marcador, o Ponteceso lanzou unha contra que materializaría Xuko para certificar o triunfo dos seus co definitivo 1-3.

Cabana SD 1 – 3 SD Esteirana

Cabana 1-3 Esteirana

Cabana SD: Víctor, Pablo Senande, Raúl, Duda, Ismael (Cristian m.81), Álex (Manolo m.61), Pablo (José m.61), Moreno, Aarón (Iago m.81), Cacha e Raúl.

SD Esteirana: MJ, Maroñas, Adrián, Dani Corniños, Álex Rama, Adrián (Juan m.87), Elías (Carajillo m.82), Codesido, Pachi (Rodrigo m.65), Raúl (Álvaro m.90).

Goles: 0-1 m.8: Raúl; 0-2 m.16: Raúl; 1-2 m.37: Ismael; 1-3 m.70: Raúl.

Expulsións: O esteirán Pablo no minuto 26, o cabanés Moreno no 60 e o adestrador visitante Geno no minuto 74.

A Esteirana púxose cunha clara vantaxe nos primeiros minutos grazas a dous goles de Raúl. Eran momentos nos que os visitantes creábanlle perigo aos cabaneses con balóns longos ás costas da defensa, pero a expulsión do esteirán Pablo deulle folgos a un Cabana que reaccionaría cun disparo de Cacha ao pau, o cal avisaría das intencións dos seus xusto antes do gol que sería obra de Ismael.

No segundo tempo, a expulsión de Moreno deixou a ambos equipos nas mesmas condicións. Aínda así, de novo Cacha faría intervir a un MJ que sacaría o balón da mesma escadra.

E do posible 2-2 pasaríase ao definitivo 1-3, obra de Raúl, que deixaría o encontro visto para sentenza.

Comentarios