Xoves. 18.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: Esteirana e Cabana continúan firmes

cee-louro mest
Jose celebra un tanto do Cee en QPCtv
2ª Galicia: Esteirana e Cabana continúan firmes

Nova xornada, a 7ª, da Liga da Costa, co ollo posto nese Cee - Montelouro retransmitido por www.qpctv.gal, pero que tiña moitos puntos de interese.

Polo norte, o foco principal segue a ser Esteiro, onde o cadro local gaña ata as atrancadas e segue cuns números incribles, cun único gol en contra en 6 partidos. Non decae o Camariñas, que suma 5 vitorias de 6 encontros (só caeu co Muros en casa) e onte vencía a todo un Camariñas. O que parece gafado é o Lira, ao que se escapan os puntos xornada tras xornada.

Polo Norte, no Gr.B, o Cabana continúa firme, trala súa quinta vitoria consecutiva (só caeu na primeira xornada ante o San Lorenzo. A igualdade aquí é máxima, e entre o líder e o 4º hai só 3 puntos.

 

Grupo A

Cee - Monte Louro (2-2)

  • Cee: Maikel, Christofer, Chema, GolpesTomás; Jose, Pablo Lestón, Patera; Bruno, Josiño e Cristian. Tamén: Xacobe, Cote, Antón Lestón e Luís Lojo.
  • Monte Louro: Piti, Antón, Chousa, Juan Lois, Pablo; Bolo, Xian, Dani Sahorta; Miguel, Íker e Riki. Tamén: Rapante, Hugo, Geiko, David.
  • Goles: 1-0, m.26: Jose coa axuda de Chousa; 1-1, m.66: Íker de falta lonxana; 1-2, m.80: Geiko; 2-2, m.90: Cote nun córner.

QPCtv no San Paio de Refoxos

As cámaras de QPCtv instábalanse no San Paio de Refoxos para ver este duelo na zona baixa da Liga da Costa. E o choque comezaba con dominio inicial do Cee, pero as mellores ocasións chegaban pola banda de Miguel, moi incisivo, pero sempre se atopaba cun Maikel imperial.
Por bando do Cee, ademais de ter que lamentar a lesión de Pablo Lestón (foi substituído no m.25) polo seu irmás Antón, hoxe no campo do outro lado das cámaras), tivo a Bruno como o home máis incisivo pola banda esquerda, pelexando cun firme Antón, lateral aínda xuvenil.
Cando mellor estaba o Louro marcou o Cee, nunha internas de José que centrou e o balón tocou en Manolo Chousa e se colou na meta de Piti.

Na segunda o equipo de Bibi deu un paso adiante coa saída de Rapante e Geiko, pero Maikel volvía salvar un par de accións. Era Íker o que marcaba de falta lonxana cun pouco de fortuna. Seguía o Monte Louro algo mellor posicionado, e era Geiko o que marcaba o segundo. Pero non decaeu o 10 que intentouno nos últimos 10 minutos con garra ata conseguir o empate nun corner xa sobre o pitido final.

 

Esteirana - Outes (1-0)

  • Esteirana: Mj, Code, Adrián Louro, Tubío, Simón, Oliver, Adrián Abelleira, Raúl, Alex Rama, Pablo Rama e Elías. Tamén: Carajillo, Sui, Pachi, Samuel e Farinós.
  • Outes: Alex, Jura, Babu, Martín, Cutu; Chía, Iván; Roberto, Velerio, Ryan e Fran. Tamén: Ángel, Aarón, Adrián, Stefan e Eloy.
  • Goles: 1-0, m.50: Pablo Rama.

Partido intenso no Xosé Luís Vara cun guión moi claro: dominio do lider ante un Outes que esperaba atrás coas liñas moi xuntas, moi intenso e agresivo, deixando o balón aos locais. Pero non sufriu demasiado o equipo de Miguel, malia que na primeira metade tampouco tiña claridade para saír á contra. No equipo de Geno, moitos xogadores por debaixo do seu nivel habitual, e pouco acerto.

Chegaba o gol local ao comezo da segunda metade, o que obrigaba ao Outes a estirarse algo. Subía liñas e dificultaba máis a saída de balón dos blaugranas, se ben o cadro local tivo varias ocasións para sentenciar. Quedaba o Outes con 10 cunha vermella directa a Babu, pero aínda así apuraba as súas opcións, aprentando nos últimos 10 minutos bastante ao líder, e mesmo tendo unha inmelorable ocasión para empatar nos pés de Veleiro.

 

Baíñas - Camariñas (1-2)

  • Baíñas: Carlos do Pindo, Chicote, Hermida, Jorge, Dylan, Adrián, Oreiro Cristian Canosa, Raúl, Charlie e Brais. Tamén: Samuel, Sergio, Ruli, Esteban e Lucas.
  • Camariñas: Pablo, Soule, Carlos, Moriño, Pablo Rey, Hugo, Mario, Víctor, Saviola, Barreiro, Oliver. Tamén: Joel, Rogrigo, Manu Pasantes, Miki Pose e Brandon.
  • Goles: 0-1, m.5: Soule; 0-2, m.30: Soule; 1-2, m.55: Charlie.

Estivo máis firme o Camariñas, qeu se adiantaba pronto aproveitando un despiste da defensa vimiancesa que estaba despistada nunha falta botada rapidamente en curto e que deixaba a Soule só diante de Carlos. Noutra xogada en varios rexeites repetía Soule á media hora.

Na segunda parte os de Roski metéronse pronto pronto no partido recortando por medio de Charlie e intentaron buscar o empate. Algunha ocasión tiveron pero tamén o cadro visitante coas contras de Mario e Brandon puideron cerrar o partido.

 

Lira - Muxía (2-3)

  • Lira: Alberto Balayo, Manuel Cartamil, Lucas, Fran Perico, Miguel, Dis, Pablo Rey, Juan, Sebas, Mamadou, Ángel. Tamén: Raúl MZ, Raúl, Oli, Isaac, Xaquín.
  • Muxía: Hugo, Xan, Michael, Conguito, Gusa, Fran Moreira, Víctor Alcaina, Julián, Mauro, Manu Nogueira, isma. Tamén: Rui, Brais Canosa, Toja Fabián, Abel.
  • Goles: 1-0, m.46: Fran Perico; 1-1, m.47: Manu Nogueira; 2-1, m.73: Dis; 2-2, m.84: Manu Nogueira; 2-3, m.90: Abel.

Fermoso partido o vivido en Lombáns, moi intenso, cun Lira moi ben plantado, que soubo manexar os ataques locais, algo imprecisos no último pase, durante o primeiro tempo cun bo par de intervencións de Alberto. Tivo un par de contras o cadro liracho, pero sen demasiado perigo.

Afiáronse as espadas na segunda metade, cun Lira que se adiantaba pronto co eterno Fran Perico. Pero nada máis sacar de centro, empate tras unha xogada de pillería de Manu Nogueira que aproveitaba un erro de entendemento entre central e porteiro lirachos. Era un toma e daca cos momentos de contro para os dous equipos, e era o Lira o que se volvía meter por diante por medio de Dis. Quedaban apenas 10 minutos e o Muxía notaba a falta de fol dos lirachos e empurraba e empurraba acumulando homes arriba. Manu Nogueira volvía demostrar o seu olfato (goleador ademais do musiqueiro) marcando o empate, e no longo desconto, xa co Lira tremendamente canso, chegou o gol da vitoria muxiá cun golazo de Abel.

 

Grupo B

Buño - Malpica (2-0)

  • Buño: Xurxo, Suárez, Dourado, Omar, L. M. Castro, Yago, Martín, F. Santiago, Ferreiro Vidal, Adrián e Elías. Tamén xogaron: Calvete, Eloy e Lamas.
  • Malpica; Rubén, Mante, Andy Oropeza, Roberto, Mol, Lorenzo, Manu, Julián, A. Hombre, Iván, Aday e Andy Rey. Tamén xogaron: Alberto Esmoris e Jordan.
  • Goles: 1-0, m.30: Yago de tiro raso; 2-0, m.96: Omar.

Primeira vitoria do Buño, no derbi ante o Malpica disputado en Xaviña, na estrea do seu adestrador. Notouse unha melloría de actitude co novo míster, José Antonio Carabel Gestal, que foi porteiro do Arteixo moitos anos e vén de adestrar ao Sporting Ciudad.
Certo que saíu durmido o cadro malpicán, que contaba con varias baixas, feito que aproiveitou o Buño para levar os tres puntos merecidamente. Un gol á media hora dáballe vantaxe. Non inquedou demasiado o Malpica a meta de Xurxo durante a segunda metade, pero o partido estivo aberto ata que no desconto Omar fixo un golazo dende fóra da área.

 

San Lorenzo - Cerqueda (0-0)

  • San Lorenzo: Puyol, Raúl, Pablo Díaz, Fidalgo, Ures, Eloy; Garrido, Styven (Alberto), Padín; Alexis (Diego) e Taibo.
  • Cerqueda: Óscar, Dani Riegía, Marcos Pensado, Javi Souto, Breo, Lorenzo, Gus, Breo, Aarón, Manu Guillamet, Eloy. Tamén: Miguel, Juliñan, Jonatan, Nico e Iván.

Partido moi disputado en Verdillo, entre dous equipos moi físicos, cun cadro local que intentou combinar máis, e que fixo dano con varios centros de Ures pola banda dereita. O Cerqueda buscaba as segundas xogadas e tamén tivo as súas ocasións.

Non cambiou o guión na segunda metade, e si que o cadro local apretou no último cuarto de hora, ante un Cerqueda moi ben armado atrás.

 

Cabana - Nantón (6-2)

  • Cabana: Víctor (Diego Suárez), Aarón, Sergio Ferreiro, Duda (Ismael), Dani (Rubén), Sergio Antelo (Fernando), Diego Cacha, Diego Moreno, Simón, Manuel, Raúl Corzón (Castro).
  • Nantón: Guillermo, Fran, Eloy, Pablo, Alex Amado, Martín, Fariña, Redondo, Fuentes, Juan e Josiño. Tamén: Isma, Busto, Alberto, Diego Bello e Pastoriza.
  • Goles: 1-0, m.3: Diego Moreno de penalti; 2-0, m.14: en propia; 3-0, m.20: Aarón; 4-0, m.40: Manu Romero; 5-0, m.54: Manu Romero; 6-0, m.64: Simón; 6-1, m.73: Pastoriza; 6-2, m.83: Pastoriza de penalti.

O 3-0 en 20 minutos dá conta do partido, descafeinando un derbi que se prevía bonito. O Cabana dominaba e acertaba, o primeiro nada máis comezar de penalti por unha man; o segundo en propia; e o terceiro nun balon colgado. Acabou o partido.

A segunda metade, máis relaxada e combinativa con dous goles para cada equipo.

 

Coristanco - Castriz (3-2)

  • Coristanco: Rubén, Damián, Sergio, Nico, Lagoa, Mario, Jonathan (Belarmino), Javi (Kevin), Jose Pazos, Castiñeiras (Corral) e Adrián Pazos.
  • David Gerpe; Carlos Paredes, Alex Mourelle, Saúl Proupín; Iván Pastoriza, Samuel, Iván Facal, Adrián García, Fabián; Mata, Noly. Tamén: Alvarito, Ramón, Alex Forján, Kevin Varela, Guillín.
  • Goles: 0-1, m.5: en propia Saúl; 0-2, m.30: Mario de falta coa axuda do porteiro; 1-2, m.40: Fabián tras un balón colgado; 3-1, m.63: Jonathan aproveita un rexeite da madeira a unha falta de Lagoa; 3-2, m.80: Samuel.

Partido espeso, con pouco fútbol, con 5 goles a balón parado. Púxose o partido complicado para o Castriz tras un gol en propia tras unha indecisión entre o segundo tras unha falta lateral.

Os xalleiros metíanse no encontro antes do descanso, e na segunda, o Castriz intentaba abrir a tea de araña, ante un cadro local que tamén tivo unha contra para sentenciar por medio de Castiñeiras. No treito final Samuel recurtaba e a base de xogo directo nos últimos minutos, tivo salvar Rubén un par de chegadas dos visitantes.

 SD Coristanco venceu
O Coristanco celebrando a vitoria

Todas as crónicas de 2ª Galicia.

Comentarios