3ª FUTGAL: O Volantes supera a un gran Malpica e o Sofán B aproveita e ponse de líder
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.
Venceu o Volantes ao Malpica, pero o choque foi moito máis igualado do que sinala o marcador.
Con todo, o que se pon de líder é o Sofán B, pois sendo o único equipo invicto xunto ao cadro muradán, ten un partido máis.
No segundo vagón, o Zas conseguiu un punto ante un Seaia que vén de menos a máis. O Cerqueda venceu con claridade o solidario derbi de Xaviña, e o Pereiriña deixouse un punto ante o filial muxián pero se mantén 6º.
Todo nunha xornada solidaria do fútbol costeiro.
Laxe - Sofán (0-7)
- Laxe: Jacobo; Sergio (Mustafá), Halal, Mohamed, Roi (Pasarelo), Santi, Torrado, Abdel, Pablo (Juan), Martín (Sebas), Roi Zas (Jorge).
- Sofán B: Diego; Borja, Samuel, Iván, Nacho; Eloy (C), Breogán; David de Jesús, Nachete, Iker e Saydou.
- Goles: 0-1, m.8: Nachete de penalti; 0-2, m.20: Saydou; 0-3, m.30: Nachete; 0-4, m.60: Breogán Rey; 0-5, m.65: Nachete; 0-6, m.75: Saydou; 0-7, m.77 Saydou de penalti.
Partido moi completo de todo o equipo tanto a nivel ofensivo como defensivo dun filial carballés moi superior. O Laxe de Ordóñez intentaba aguantar e saír á contra, pero moi pronto os locaismarcaban as diferencias.
Destacar sendos tripletes de Saydou e de Nachete que asumiron a responsabilidade ofensiva ante as ausencias dos dianteiros do equipo Isma, por lesión, e Adrián e Dani Calvete que tiveron que botar unha man ao 1º equipo ante as numerosas baixas que tiñan.
Seaia - Zas (1-1)
- Seaia: Lamas, David, Marcos, Brais, Kevin, Iván, Manu Castro, Juni, Alex e Alex Mato. Tamén: Jorge Calvete, Antonio Añón, Raúl, Pablo Caamaño e Alex García.
- Zas: Pereiras, Anxo, Adrián Rama, Redondo, Marcos, Fran, Darío, Juan Touriñán, Andrés, Álvaro, Raúl Corzón. Tamén: Guille, Eloy Moreira, Pablo Fuentes, Mauro e Adrián.
- Goles: 1-0, m.34: Iván Caamaño; 1-1, m.72: Andrés.
Disputadísimo partido celebrado nun campo de Pedra Queimada que vivirá unha renovación do céspede o ano que vén.
Na primeira parte ningún dos dous equipos foi capaz de impoñerse con claridade, con moito traballo defensivo e poucas chegadas perigosas a área. No minuto 34, o Seaia conseguiu adiantarse no marcador tras un erro entre o central e o porteiro zaseiro, que permitiu que Iván Caamaño, ex do Zas, aproveitase a situación para poñer o 1-0. Este gol foi unha das poucas xogadas destacadas dunha metade sen moita actividade, sendo unha de Alex Mato e outra de Juni para os locais das máis claras.
A segunda metade presentou un Zas un pouco máis enchufado, xerando un maior presión sobre a defensa dun Seaia que puido ampliar a renda nunha boa ocasión de Manu Castro. No bando malpicán destacaban Lamas, que saíu ben aos balons longos e David, o lateral dereito ao que lle tocou secar a Andrés, o mellor dos zaseiros.
Os primeiros cambios no minuto 55 contribuíron a darlle frescura e velocidade ao ataque zaseiro e o equipo logrou crear varias ocasións, aínda que sen concretar ata que Andrés conseguiu o gol do empate.
Desde ese intre moitos nervios por parte dos dous equipos que non querían perder o traballo feito.
Nantón - Baíñas (1-4)
- Nantón: Jose, Mikel, Adrián, Miguel, Xoel, Dany, Nando Cabeza, Iago, César, Muíño e Alberto Fuentes. Tamén: Regueira, Josué, Dani Castro, Carlos Vidal e Juan.
- Baíñas: Fabián, Raúl (Dani), Héctor, Rodri (Pablo), Manu; Santi (Leo), Anibal, Kevin, Chavico (Marcos), Ruly e Joel (Pedro).
- Goles: 0-1, m.1: Santi Moreira; 0-2, m.25: Aníbal; 1-2, m.40: Dany Añón; 1-3, m.57: Joel; 1-4, m.61: Joel.
Saía moi ben o Baíñas aproveitando a empanada local e xa na primeira xogada se adiantaban os de Sanchiño por medio dun Santi Moreira que volvía ao seu campo de sempre. Con tranquilidade, o Baíñas movía o balón e conseguía ampliar a renda ante un Nantón que estaba lonxe do que adoita amosar nas Fontiñas.
Antes do descanso Dani Añón facía o 1-2 cun golazo pola escuadra que lle daba aos de Adrián Fofi un empuxonciño cara adiante. Javi e Benbe tuveron dúas ocasións antes do descanso pero non houbo acerto.
Intentouno o cadro local, que saía a presionar máis, pero o Baíñas estaba máis fino e pronto sentenciaba por medio de Joel. No treito final, Añón, Yago e Josué puideron recurtar pero non era o días dos carbaneses.
Buño - Cerqueda (1-5)
- Goles: 0-1, m.2: Salah; 1-1, m.17: Mateo; 1-2, m.21: Marcos Pensado; 1-3, m.46: Salah; 1-4, m.60: Salah; 1-5, m.83: Marcos Pensado.
Excelente boa resposta da veciñanza de Malpica e arredores que asistiron ao partido, e que levaron moitos alimentos para a colleita para a Dana.
No deportivo o Cerqueda foi superior en ambición e intensidade, como se deostrou xa no primeiro tanto dos de Gurita tras unha secuencia de erros colectivos dos de Lilo, que marcaron o devenir do encontro. Así e todo conseguían empatar os leiros, pero apenas uns minutos despois Marcos Pensado ampliaba de novo a renda. Salah, ao comezo da segunda metade, sentenciaba pronto para os cerquedáns.
Volantes - Malpica (3-0)
- Volantes: Alex de Yi, Nuñez, Brea, Antonio, Hugo, Manu Yi, Jesús, Uru, Raúl Mitri, Teijo e Borja. Tamén: Josiño, Javi Pola e Iván.
- Malpica: Joel, Eloy Vilas, Anxo, Damián, Luisma, Pablo, Fran Calvelo, Cristian, Diego Hombre, Aday, Charro. Tamén: Alberto, Chicha, Adri Pose, Jorge Parga e Samuel Periscal.
- Goles: 1-0, m.30: Hugo a pase de Raúl Lestón; 2-0, m.32: Raúl Lestón dende o medio campo; 3-0, m.94: Borja Vázquez de penalti.
Partido de alta tensión dende o primeiro minuto no que os de David Baña saían moi enchufados, tendo a pelota, conectando moi ben e tendo chegadas de perigo polas bandas. Pero a pegada dos laranxas este ano é tremenda, e en dúas chegadas á media hora se atoparon con dous goles que levaron, outra vez, a sinatura de Raúl Lestón, que demostra xornada tras xornada que esta categoría lle queda pequena.
Con todo, seguía o partido e o Malpica dominando pero sen encontrar portería, cun gol anulado e un remate o pau.
Comezaba igual a segunda, e Charro tivo dous mans a mans dos que non adoita fallar, pero desta volta Alex de Yi estivo espectacular. O Volantes aferrouse ao partido, e defendeu con intensidade ante un notable cadro local, que o intentaba pero non conseguía. Ao final do partido unha man de Damián dentro da área foi sancionada ca pena máxima e sentenciaba o partido o Volantes.
Pereiriña - Muxía B (2-2)
- Goles: 0-1, m.3: Adrián Baamil touba un pase horizontal e marcar; 1-1, m.17: Charly a balón parado; 2-1, m.29: Mario Trillo tras unha indecisión entre lateral e porteiro; 2-2, m.44: Martín.
Partido disputado que puido caer nos dous bandos nos que Joaquín Quintáns e Isidro conseguideran que poderían ter levado máis premio.
Nada máis comezar, un erro na saída do balón permitía ao filial abrir o marcador. Reaccionaron rápido os locais e Charly conseguía empatar logo dun centro é un remate o primer toque. Os muxiáns, un equipo baixiño, pero que combina fácil e sae con velocidade arriba, tivo algunha chegada pero era o cadro ceense o que se adiantaba. Antes do descanso, outro erro dos locais permitiría facer o empate.
Na segunda o equipo local tivo varias ocasións claras, sobre todo a balón parado, pero Ángel estivo espectacular na meta muxián. Tamén tivern os de Isidro varias contras, sobre todo unha no desconto.
Oza - Camelle (5-2)
- Oza: Samuel, Alex Moreno (Aarón), Alberto, Nacho, Kuki, Archi (Javi Vilariño), Saad (Hamsa), Crespo, Salah (Christian Gabin), Alexis e Abib (Nico).
- Camelle: David C.; Martin, Ruso (Hucho), David V., Paulo; Chans, Estiben (Macareno), Pastelero (Kampi), Sandro (Óscar), Gaby (Moha) e Lucas.
- Goles: 1-0, m.36: Archi en xogada persoal; 2-0, m.39: Abib tras xogada de Nacho; 3-0, m.46: Saad; 4-0, m.57: Saad; 5-0, m.62: Nacho; 5-1, m.71: Lucas define tras un balón ás costas da defensa; 5-2 m.85: Lucas case dende o medio campo.
Se cadra o horario noctuno fixo saír aos dous equipos en modo baixo, porque o partido parecía non arrincar. Pero o Oza ía metendo máis marchas, desprazando moi ben e facendo dano ás costas da defensa camellá. Ata que á media hora, en dúas chegadas, o Oza se metía por diante. Aínda tivo un penalti antes do descanso o cadro local.
Saían enchufados de novo os locais que pronto sentenciaban. Así e todo o Camelle non se deixou ir e seguiu competindo, recurtando con dous golazos de Lucas, que deixou patente a súa calidade.
Máis novas
Todas as crónicas da 3ª FUTGAL
- X.7: 4 equipos destacados.
- X.6: O Malpica tamén gaña o derbi ante o Buño e se mantén arriba de todo.
- X.5: Tres equipos invictos.
- X.4: Volantes e Malpica póñense por diante.
- X.3: Só tres equipos permanecen invictos trala terceira xornada.
- X.2: A Festa do gol.
- X.1: Ningún empate na xornada da histórica estrea do Inter de Brens.
Máis info
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.