Venres. 07.08.2020
El tiempo

3ª Galicia: O Camelle acariña a Promoción e o Camariñas o título

Imaxe do Montelouro-Ameixenda-Foto-Edu Olveira
Imaxe do Montelouro-Ameixenda-Foto-Edu Olveira
3ª Galicia: O Camelle acariña a Promoción e o Camariñas o título

Queda só unha xornada para o remate da Liga regular e as cousas parecen perfiladas. O choque da xornada era o Camelle-Outes do Rodeiro, co título e a Promoción en xogo. O empate deixa ao Camelle a só un empate (visita ao Laxe na última xornada) da Promoción, pero alonxa ao Outes do título, pois ao Camariñas bastaralle na última xornada cun empate na visita do Castrelo para alzarse co título de campión da 3ª.

O outro foco estaba en Vimianzo, onde Castrelo e Seaia aínda se xogaban poder meterse na Promoción á costa do Camelle, pero a vitoria local alonxa aos dous equipos da loita. O Castrelo xa queda fóra e o Seaia tería que vencer ao Montelouro na última xornada e esperar que o Camelle perda en Laxe para darlle un envorco á táboa e acompañar a Montelouro, Nantón e ao propio Laxe na Promoción.

 

Corcubión - Laxe (2-2)

  • Corcubión: Mario Suárez, Asier (Camacho), Joaquín, Alán, Esteban, Chiru, Rubén, Adán, Goche (Santi), Lema e Mario Lagoa.
  • Laxe: Eloi, Andrés, Borja, Elías, Santi V., Jacinto, Felipe, Carra, Adrián, Elías, Dani R. Tamén: Dani, Jorge e Santi.
  • Goles: 1-0, m.7: Mario; 1-1, m.24: Carra; 2-1, m.78: Iago; 2-2, m.90: Andrés.

A UD Corcubion manda animos a Pablo PIchin

Partido igualado no Novo Cubaleiro que comezaba cunha mensaxe de ánimo a Pablo Pichín, que a semana pasada sufría unha forte lesión de xeonllo. Adiantábanse os de Nito na primeira pero os de Antelo conseguían empatar no ecuador. Un Laxe que desperdiciaba moitas ocasións e que tampouco estaba fino en defensa. Repetiuse o guión na segunda, co gol do capi corcubionés, pero xa co tempo cumplido os laxeiros conseguían empatar.

 

Montelouro - Ameixenda (8-0)

  • Montelouro: Joaquín (Lago, m.46), Abel, Juan, Pablo, Dani (Raúl, m.46), Riki, David, Rapante (Geiko, m.46), Íker, Pesco e Verán.
  • Ameixenda: Rivers, Nico, Samuel, Ariel, Pablo, Fer, Eze, Adrián Torices, José Angel, Iván e Susiño.
  • Goles: David (2), Rapante, Pesco (2), Riki, Íker (2).

Gol de penalti no MOntelouro-Ameixenda-Foto-Edu Olveira
Gol de penalti no Montelouro-Ameixenda-Foto-Edu Olveira

Pouco que contar nun partido no que, outra vez o cadro visitante se prantaba co xustiño. A nobleza, que os engrandece, dos ceenses facilitou ademais a goleada local. O máis importante é esperar que a lesión de Geico do Montelouro se quede só nunha escordarura xa que en principio tiña mala pinta.

 

Nantón - Porteño (4-1)

  • Nantón: Guille (Jose, m.46), Eloy, Pasarela, Amado, Fran, Martín, David (Rúper, m.55), Pablo, Cristian (Pastor, m.65), Maikel (Costa, m.75) e Redondo (Javi, m.70).
  • Porteño: Manu, Pejo, Campaña, Marquitos, Pardiñas, Mario, Quintaba, Edgar, Joseba, Cachi e Anxo.
  • Goles: 1-0, m.40: Maikel; 2-0, m.66: Pablo de penalti; 3-0, m.68: Eloy dende fóra; 3-1, m.75: Marquitos; 4-1, m.90: Pastor.

Estase facendo moi longo este final de temporada ao Porteño de Javi Baña. Apenas 11 xogadores se presentaron nas Fontiñas, arroupados, iso si, por unha afección inmellorable. Pero nada puideron facer máis que amosar a súa impotencia ante un Nantón que ten merecido o seu pase á Promoción.

O Porteño foi combativo durante unha hora de xogo, ante un Nantón aínda convaleciente do tifón da Mikaela, non daba aberto a lata, ata que Maikel o conseguía ao fío do descanso. Un penalti aos 20 da segunda facían o camiño máis doado aos locais, que remataron de sentenciar o partido a pesar das ocasións falladas.

 

Camelle - Outes (0-0)

  • Camelle: Calipo, Lado, Pablo (Rodri, m.86), Ucho, Ruso, Marcelino (Tedín, m.75), David Camelle, Maka, Daviz Camariñas, Mario e Riveiro (David Porteiro, m.85).
  • Outes: Pouso, Sergio, Chía, Martín, Eloy, Santi, Caamaño, Formoso, Roberto, Jura e Simón. Tamén: Saúl, Iván, Xavi e Joel.

Choque no Rodeiro copia

Outra vez o céspede do Rodeiro enlamado, provocando un partido de entrea e pundonor e sen demasiado xogo. Foi un choque igualad, cun Outes algo mellor posicionado pero un Camelle que competiu cara a cara e sumou un punto importante. Houbo moi poucas ocasións de gol por ambos lados con moito balón en longo, e moito traballo para as dúas defensas á hora de achicar balóns.

Nos últimos minutos, acelerouse o partido e puido caer para calquera lado, cun ata 3 tiros ao poste do Outes e na última xogada, o porteiro suplente local David, que saíu como dianteiro, tivo unha moi clara para gañar o partido tras un balón atrás de Lado.

 

Castrelo - Seaia (2-1)

  • Castrelo: Iván, Esteban, Estevo, Luís, Canosa, Dani Picallo, Capote, Maikol, Rodri, Roi e Darío. Tamén Gus e Adrián Pasantes.
  • Seaia: Recarey, Pablo Souto (Pablo, m.64), Vistas, Iván, Jorge, Toni, Míchel, Andi, Sergio, Raúl e Isaac.
  • Goles:1-0, m.35: Capote; 1-1, m.43: Iván nun córner; 1-2, m.80: Capote.

Castrelo-Seaia copia
Foto: Vane

Partido tolo, despois da Mikaela, con baixas dos dous bandos e os que había… moitos tocados. Un partido ca Promoción en xogo, co Seaia a tiro de pedra e un Castrelo que aínda non tiraba a toalla pois de perder o Camelle aínda tería posibilidades na última xornada. O choque transcorría, no medio dun temporal, de área a área, ata que Capote abría o marcador nun balón en longo ao que chega antes que o porteiro malpicán. A balón parado era como chegaban boa parte das ocasións e nunha desas, antes do descanso, Iván empataba.

Comezaba a segunda metade cun gol pantasma dos amarelos que o colexiado non considerou.

Os malpicáns aínda pediron un penalti e tiveron un par de ocasións, pero era Capote, tras unha excelente xogada Adrián, o que metía de novo por diante aos locais. Un Capote que era expulsado por celebrar en exceso o gol. Ao remate, non quedaban forzas para máis, quedando fóra matematicamente da Promoción o Castrelo (o Camelle ten tres puntos máis e o golaveraxe) e tendo a cousa moi complicada o Seaia.

Máis información

comentarios