Mércores. 09.10.2024
El tiempo

3ª Galicia: Demasiado respecto

  • Última hora: A RFGF retrasa unha semana a competición para aproveitar e xogar os partidos atrasados.
  • As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.
Camelle e Xallas B no Rodeiro
Camelle e Xallas B no minuto de silencio no Rodeiro polo accidente do Villa Pitanxo
3ª Galicia: Demasiado respecto

0-0 no choque máis importante da xornada entre Porteño e Corcunión que deixa a parte alta co Porteño líder, con 4 puntos de vantaxe sobre o Oza (que non fallaba ante a visita do Seaia) e a 6 do Corcubión, que ten un partido menos. Un partido que xogará o vindeiro domingo ante o Ameixenda tralo retraso dunha xornada por parte da RFGF para as dúas últimas xornadas.

Segue aberta a loita pola 5º praza, co Pereiriña como mellor clasificado, dado parón dun Laxe que suma 5 xornadas sen vencer.

O venres disputábase ademais un choque aprazado, o Ameixenda - Camelle, con empate a 1 no marcador final.

 

Castrelo - Laxe (2-2)

  • Castrelo: Adrián Conde, Esteban, Luís, Chans, Dani Picallo, Féliz, Miguel, Sebas, Agustín, Gustavo e Estebo. Tamén: José Manuel, Domingo, Martín e Roi.
  • Laxe: Jacobo, Christian, Jacinto, Borja, David, Carrabete, Álvaro, Bieito, Santi Casás, Elías e Joao. Tamén: Felipiño, Dani Torrado e Aarón.
  • Goles: 0-1, m.27: Sani Casás; 1-1, m.42: Chans; 2-1, m.50: Miguel; 2-2, m.59: Carrabete de penalti.

Primeira metade moi igualada, sen apenas ocasións, con moitos xogo en curto pero sen chegar ás áreas, se ben cada xogada que chegaba acababa en gol. O Castrelo estaba mellor, máis enriba do rival, pero era o cadro visitante o que se adiantaba. O Castrelo non se viña abaixo e Felix tras un bo tiro de Chans o longueiro poñería o 1-1 no marcador.

O Castrelo volvería a saír moi enchufado na segunda en busca do segundo e un fallo na saída de balón da defensa laxense Chans recupera o balón e Miguel poñería o 2-1 no marcador. A partir de aí o Laxe empezaba a crear moito perigo a balón parado con carrusel de córners e sería á saída dun corner e tras uns rechaces Estiven faría un dubidoso penalti no que Carrabete non perdonaría dende os 11 metros.
O Castrelo tivo a vitoria na última xogada do partido pero Jacobo salvaría o man a man con Martín

Ameixenda - Pereiriña (0-2)

11 do Ameixenda
11 do Ameixenda-Foto: SD
  • Ameixenda: Rivers, Castrexe, Sambade, Capelo, Pablo, Bichinho (Martín), Andrés (chapu), Kamacho, Iván (Capote), Galindo (Saulo) e Cristian
  • Pereiriña: Ézara, Grille, Isma Graíño, Esteban Sendón, Rubén Yaya, Fabián, Esteban Lema, Chiru, Carlos Leis, Borja e Lucho. Tamén: Rodri, Tito, Senlle, Alex Agulleiro e Dani Costa.
  • Goles: 0-1, m.69: Esteban; 0-2, m.90: Álex.

Bo ambiente en San Paio de Refoxos para ver o derbi entre Ameixenda e Pereiriña que resultou moi igualado ao longo de todo o partido. Ningún dos dous equipos era quen de impoñerse no medio do campo, e así as poucas ocasións chegaban en balóns longos, pero sin que os porteiros tiveran que empregarse a fondo. A mellor oportunidade do primeiro tempo foi un tiro ao longueiro por parte do Pereiriña.

Ca entrada de Capote na segunda parte, o Ameixenda aumentou a presenza na área visitante tendo duas ou tres oportunidades, ata que nun corner a favor do Pereiriña, o balón saiu rexeitado e Esteban dende dous o tres metros fóra da área marcou o 0-1.
O Ameixenda intentou pechar ao Pereiriña na súa área pero sen moitas ideas. Incluso cando o Pereiriña quedou con 10 (m.73) por unha lesión e ter os cambios xa feitos, o Ameixenda non supo impoñer a superioridade numérica e hasta tiveron algunhas contras de verdadeiro perigro, coma a do minuto 90 que aproveitou Alex para facer o 0-2 definitivo.

 

Porteño - Corcubión (0-0)

  • Porteño: José, Porto, Pejo, Caamaño, Manoliño (Cachi, m.60) (Edgar min.80), Ángel, Joseba (Yeray, m. 65), Juan oVello, Visente, Martín, Marquiños (Alan, m.50).
  • ¡
  • Corcubión: Marcos, Fran, Mario, Pablo, Gorka, Lu, Eli, Iago, Tano, Goche e César. Tamén Rubén, Eva, Nacho e Tono.

Moita expectación e gran ambiente de fútbol na Grixa, pese as condicións do terreo de xogo sempre tan determinante, no que foi un choque duro, con moitos golpes e faltas, típico entre os dous de arriba, con moito respecto, sen demasiadas ocasións.

Empezou mellor plantado o Porteño e creando perigo a balón parado, pero entre a defensa e os reflexos baixo paus do porteiro visitante conseguiron conter os ataques locales. Pola sua banda, o Corcubión aproveitaba a velocidade e a calidade arriba pero todas as ocasións eran repelidas polo meta local, Jose, con varios paradóns. Eran minutos nos que o Corcubión dominaba.

Pero parece que teñen que sufrir os de Cousillas para comezar a funcionar, e no ecuador do primeiro tempo, sen moito fútbol, pero tirando de gañas e intensidade comezaron a gañar duelos os locais. En varios balóns colgados tiveron o gol pero os Caamaño e Marquiños non acertaron a rematar con xeito.

Na segunda, con máis e máis paróns, parecía que lle valía o empate aos dous. Pero aínda habería sorpresas. Casi ó final, o porteiro local faría a parada da tarde a unha vaselina de Lu cando xa todo o mundo cantaba o gol. Acto seguido, Aínda tivo Juan oVello unha fermosa xogada individual e probou de vaselina que non entrou por centímetros gracias ao toque de Marcos.

Empate sen goles que deixa todo como estaba.

 

Oza - Seaia (4-1)

Oza e Seaia no Carral
Oza e Seaia no Carral gardando o minuto de silencio
  • Oza: Gesto, Casais (Lista), Alex Vázquez, Iago (David), Vilariño, Alberto, Alex López, Carlos (Gonzalo), Brais (Josiño), Nacho (Kevin) e Pace.
  • Seaia: Anxo, Anxo, David, Juni, Piña, Añón, Luisinho, Fanián, Mario, Martín Costa e Jose. Tamén: Jorge Parga, Diego, Joel e Pablo.
  • Goles: 1-0, m.22: Alberto; 2-0, m.34: Nacho; 3-0, m.45: Nacho; 4-0, m.71: Pace de chilena; 4-1, m,75: Jorge Parga.

Gran primeira metade do Oza no Carral, ante un Seaia que empezou moi frouxo, que xa sufría aos 20 minutos a lesión de Juni, e que vía como os locais ían marcando.

Camelle - Xallas B (4-1)

  • Camelle: David Caamaño, Ruso (David Vieites, m.46), Nico, Snaky (Pablo, m.65), Vimka, David Vázquez, Marcote (Carlos, m.75), Rodri, Lado (Ucho, m.70), Felipe e Riveiro.
  • Xallas B: Fidalgo, Geli, Doriño, Sergio Barbeira e Rubén.
  • Goles: 1-0, m.17: Felipe; 1-1, m.40: Nando a centro de Geli; 2-1, m.60: Marcote tras un balbordo á saída dun córner; 3-1, m.88: Carlos; 4-1, m.90: Riveiro.

A sorpresa da xornada dábase no Rodeiro, nun dos mellores choques dos de Ordóñez, cunha intensidade tremenda, ante un Xallas B que non conseguiu adaptarse ao céspede, sen poder tocar e tocar como adoitan facer. No chegaban demasiado os xalleiros no primeiro tempo abusando do balón longo, e os camelláns si aproveitaban as súas chegadas adiantándose por medio de Felipe. Anuláballe un gol ao Xallas B, que así e todo conseguía empatar ao fío do descanso.

Na segunda fui un partido con numerosas chegadas ás dúas áreas, nas que o meta David Caamaño era un dos grandes protagonistas. O Camelle chegaba e pegaba e así se volvía adiantar cun tanto de Marcote.

Apretou o filial que tivo grandes ocasións xa con Iván Fidalgo en punta ao Alexanco, e co equipo volcado, con chegadas de Nando que se topaban unha e outra vez con David. Á contra tamén facía dano o Camelle que só conseguía sentenciar xa sobre o pitido final con dous goliños.

 

As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.

Comentarios