3ª Galicia: O Outes escapa polo ascenso directo
- As táboas en www.futboldacosta.com

A vitoria do Outes ante o Camelle deixa, a falta dunha xornada para o ecuador da liga regular, ao cadro de Miguel Ramos como único candidato a subir directamente á Liga da Costa xunto ao invictor Camariñas. Son 12 puntos os que de marxe o líder e 10 o Outes, ante un Montelouro que agora sobe á 3ª praza. O cadro de Purrúa loitará co propio Camelle, o Nantón, o Seaia e o Laxe por unha promoción que teñen a tiro aínda practicamente todos os equipos, mesmo o Porteño que estreaba adestrador (o presi Manu) trala dimisión de Varela despois de 7 partidos sen gañar.
Laxe - Corcubión (1-0)
- Laxe: Eloi, Borga, Naya, Íñigo, Óscar, Santi, Jacinto, Santi V., Bieito, Zurich, Jorge. Tamén: Carra, Gora, e Adrián.
- Corcubión: Marquetes, Eva, Joaquín, Lema, Camacho, Castillo, Adán, Alán, Cali, Chiru e Mario Lagoa. Tamén: Brais Lagoa, Asier, Goche e Santi.
- Gol: 1-0, m.55: Jorge de remate.
Un reforzado Corcubión estreou equipación
Primeira parte moi táctica, na que brillaron as defensas e na que por tanto houbo moi poucas ocasións de gol para ambos equipos, sendo a mellor para os visitantes nun testarazo de Lema que para ben o porteiro local. O cadro corcubionés, reforzao cos Camacho, Mario, Alan… e con camisetas novas, deu unhagran imaxe no Cabo da Area.
Na segunda os dous equipos arriscaron máis e comezaron a chegar as ocasións. Nun centro lateral Jorge adiantaría aos locais de cabeza nunha acción na que quedarían mancados tanto o goleador local como o porteiro visitante. Os corcubioneses poderían empatar e o Laxe incluso pechar o partido, pero o marcador xa non se movería.
Ameixenda - Monte Louro (0-2)
- Montelouro: Iago, Abel, Pablo, Yerai, Chouza, Raul, Dani, Ricky, Miguel, Geiko (Minos) e Rapante (David).
- Ameixenda: Rubén, Nico, Louro, Samuel, Ariel (Susiño, m.58), Pablo Trillo, Ezequiel (Jose Angel, m.46), David Marcote, Juanfran (Fer, m.53'), Adrián Torices (Carro, m.68) e Javichu.
- Goles: 0-1, m.30: Geiko; 0-2, m.51: Rapante.
Foto: UD
Tivo que poñer o mono de traballo o Montelouro para sacar os tres puntos dun San Paio de Refoxos que sufriu as consecuencias da forte chuvia (o sorteo fíxose no vestiario…). Co vento a favor, os visitantes estiveron máis cerca da área rival na primeira metade, metendo balóns arriba e impedindo que o cadro local saíse do seu campo, pero sen grandes ocaisóns. E foi Geiko, xa collendo forma, o que abriu a lata. Pouco despois Rubén facía unha moi boa parada, evitando o segundo do Louro.
No segundo tempo o Ameixenda intentou aproveitar o vento a favor, pero pronto Rapante facía o segundo logo dunha xogada pola dereita. Non foi quen o Ameixenda de aliarse co aire e tratar de pechar na súa area os muradáns. Entre os minutos 70 e 90 aumentou aínda máis a intensidade da choiva e facíase prácticamente imposible dar dous pases seguidos, e mesmo os últimos 5 minutos xogáronse baixo unha intensa cortina de auga. O final 0-2 para o MonteLouro, que en todo momento adaptose mellor as condicións do campo. E cinco minutos despois de terminar o partido, parou de chover, amainou o vento e Cee e Cabana xogaron o seu partido tranquilamente .
Seaia - Castrelo (3-0)
11 do Castrelo-Foto-Vane
- Seaia: Recarey, Parga, Iván, Vistas, Sergio, Míchel, Quintas, Jorge, Dimaga, Loureiro (Pablo, m.55), Pablo C. (Fabián, m.50).
- Castrelo: Iván, Esteban, Chans, Luís, Quintelo, Dani Picallo, Miguel, Capote, Roi (Samu, m.56), Adrián Pasantes e Gustavo.
- Goles: 1-0, m.3: Iván; 2-0, m.38: Jorge; 3-0, m.56: Loureiro marca un golazo dende fóra a área pola escuadra.
Púxose de cara o choque para o Seaia co gol de Iván nada máis comezar tras un córner no que o meta visitante dubidou. Tardou en reaccionar o equio de Sergio, que non foi capaz de entrar no partido ata o descanso, tempo que aproveitouo Seaia para facer o segundo, xusto cando parecía ue o Castrelo reaccionaba.
Comezou o equipo visitante na segunda, obrigando a Recarey a lucirse. Pero os de Da Silva volveron dominar despois de que Loureiro sentenciase co gol da tarde.
Porteño - Nantón (2-3)
- Porteño: Josiño; Pejo, Caamaño, Anxo, Manolo (Choco, m.75); Vicente, Ángel, Cachi (Edgar, m.70); Joseba (Jose, m.85), Sergio (Wii, m.30), Porto (Brais, m.60).
- Nantón: Guille, Fran, Pasarela, Costa, Eloy (Cachopo, m.65), Pablo Fuentes, David (Rúper, m.89), Rafa (Bardanca, m.46), Josiño, Redondo (Pastor, m.20) e Cristian (Maikel, m.77).
- Goles: 1-0, m.15: Porto; 1-1, m.30: Josiño de penalti; 2-1, m.44: Ángel; 2-2, m.64: Josiño; 2-3, m.76: en propia.
Partido marcado polo vento na Grixa, onde o cadro local, tras 7 partidos sen gañar, cambiaba de adestrador. Tras 3 anos e medio, un home da casa como Varela decidía dar un paso a un lado e era o propio presi, e xogador, Manu, o que completa o círculo poñéndose no banquiño.
Comezou o partido con ambos moi nerviosos, moito balón aereo, choque… pero co vento a favor o Porteño estaba máis encima e nun córner pechado, Porto abre, coa axuda dun defensa, o marcador. O cadro de Fachal puido baixar o balón e chegar á area rival e empatou dende os 11 metros tras un penalto de Pejo, pero ao fío do descanso, de novo de córner, Ángel adiantaba aos locai.
Co vento, forte, a favor o Nantón dá un paso adiante, sabendo sufrir e ata combinando. Así chega o gol de Josiño a apse de Costiña. A 15 do final un defensa local faise o terceiro en contra para o Nantón nun mal despexe, e aí o Porteño, que quedara con 10 sobre o campo pola lesión do meta Josiño, foise arriba á desesperada, con balóns colgados, faltas, e moito choque… e pedindo un penalti que o colexiado non viu.
Outes - Camelle (4-0)
- Camelle: Calipo (David, m.46), Ruso (Makareno, m.75), Pablo, Valiña, Ucho, Adrian (Rodri, m.75), David, Riveiro, Felipe, Carlos (Marcelino, m.45) e Dido (Tedín, m.75).
- Outes: Alex, Jura, Arturo (Joel), Pablo, Caamaño, Chía, Martín, Babu (Saúl), Veleiro, Eloy, Simón (Santi) (Álvaro)
- Goles: 1-0: Veleiro; 2-0: Santi; 3-0: Caamaño; 4-0: Martín.
Era un partido moi importante, que se rompía aos 5 minutos cando Veleiro aproveita as mans de manteiga de Calipo para adiantar aos locais. Apenas pasaba un cuarto de hora cando Felpe e Riveiro eran expulsados, deixando o choque practicamente sentenciado. O Outes pasa a dominar completamente ante un Camelle que intenta defenderse como puideron, pero non puideron evitar que fosen caendo os goles. Mágoa non ter visto as dús forzas enteiras.