Venres. 26.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: Porteño, Corcubión e Xallas B escapan

Porteno-Seaia na Grixa
Porteño-Seaia na Grixa
3ª Galicia: Porteño, Corcubión e Xallas B escapan

Fermoso carrusel o vivido onte, mércores 8 de decembro, co xornada única na 3ª Galicia. Unha xornada que deixa aos dous líders máis líderes, pero co Xallas pisando os talóns tras remontar ante o Ameixenda.
Os tres abren unha fenda con outros 5 equipos situados na zona media, mentres Ameixenda e Castrelo son os únicos que quedan descolgados das 5 primeiras prazas tras esta 8ª xornada.

 

Porteño - Seaia (4-0)

  • Porteño: José, Porto, Ángel, Manoliño, Cachi (Do Vao, m.80), Visente, Joseba, Juan (Kevin m.85), Alan (Ángel, m.85) Marcos (Brais min.55), Martín (Edgar, m.60).
  • Seaia: Anxo, Martín, Josel, Jorge, Anxo, Adrián; Mario, Iván, Toni; Isaac e Juni.
  • Goles: 1-0, m.52: Ángel á saída dun córner; 2-0, m.62: Alan; 3-0, m.70: Alan dende fóra da área; 4-0, m.84: Vello marcou un golazo de rabona.

Porteno-Seaia

Comezaba o partido mal para o Seaia, pois Manu Garrido sufría unha escordadura no quecemento. Xa no partido comezaba mandando o cadro local, pero o Seaia non permitía ocasións, e si que tivo dúas moi boas á contra, unha de Mario e outra de Juni que non puido co meta local e co castigado céspede da Grixa.

Na segunda metade, os locais apretaron o acelerador, e protagonizaron un partido moi bonito, obrigando a Anxo a facer varias paradas. Tamnén respondía Juni polo bando visitante, pouco antes de que Ángel abrira o marcador. A partir de aí o campo ía caendo cara a portería visitante, e chegaron dous tantos de Alan e un gol épico do eterno Juan o Vello de rabona. Aínda tivo o Seaia un par de ocasións para recortar pero non estaban acertados.

Pola banda da Ponte, boas novas pois debutaron tres xuvenís: Do Vao, Ángel e Kevin. É o primeiro ano que o Porteño conta con categoría base xuvenil, e este ano están ás ordes de Caamaño.

 

Castrelo - Corcubión (0-2)

  • Castrelo: Agustin, Adrián Conde, Dani Domingo, Miguel (Luís), Sebas; Iván Chans (Estebo), Esteban Lado, Félix Roget, Martín Rellan, Dani Picallo; e Roi.
  • Corcubión: Peipo, Eva, Fran, Elihú, Castillo, Gorka, Goche Tano, Luís, Iago Lema e César Lojo. Tamén: Tono, Mario e Tori.
  • Goles: 0-1, m.15: César Lojo; 0-2, m.75: Luís.

Laxe -Camelle

Partido soso, de ritmo baixo e moi trabado. Na primeira metade estivo o cadro local algo máis enriba, pero o tridente corcubionés avisaba das súas intencións. O primeiro gol chegaría nun saque de esquina que puxo Luis na cabeza de César. Puideron ampliar a vantaxe os visitantes, pero os locais tamén dispuxeron das súas á contra, pero atopáronse siempre cun gran Fran e co Peipo.

A segunda metade seguiu a tónica da primeira, Luis e César as tiveron de todas as cores ante un Castrelo que acusa a cantidade de baixas e foi ficando máis e máis canso, pero sería Tono nun saque rápido de córner quen metería un centro-chut que acabaría colándose polo segundo pau.

 

Camelle - Laxe (1-1)

  • Camelle: David, Ruso (Chori, m.65), Snaky, Lado, Martín, Rodri, Marcote (Mariño, m. 70), Adrián (Vinka, m.85), Dido, David Camariñas e Carlos (Maka, m.65).
  • Laxe: Jacobo, Elías, José Ángel, Danilo, Jacinto, Joao, Borja, Gora, David Mohedano, Bieito, Martin. Tamén: Eloy, Felipe, Álvaro, Torrado, Cedrón.
  • Goles: 0-1, m.55: Álvaro; 1-1, m.75: David Camariñas.

 

Partido moi igualado, de moita brega, nun campo moi pesado que obrigou a facer fútbol directo, pero fermoso. Na primeira houbo poucas chegadas se ben na segunda comezaba co gol de Álvaro para un laxe que estivo mellor, con varias ocasións para sentenciar.

Pero o Camelle de Ordóñez recompúxose e foi chegando á meta rival ata acadar o empate. Tivo que facer David un paradón a unha falta lanzada por Gora, e o Laxe tamén fallou dúas boas ocasións máis, pero o Camelle tivo unha contra no último minuto para levar o partido.

 

Xallas B - Ameixenda (3-2)

  • Xallas B: Xallas B: Íker (Álex B., m.46), Michu, Becerra, Jairo, Balsa; Caamaño, Fidalgo (Dani Barbeira, m.60), Rubén (Geli, m.46); Rabelo (Doriño, m.46), Nando; Sergio Barbeira.
  • Ameixenda: Rivers; Castrexe, Chapu (Martín m.90), Chacho, Capelo, Pablo; Piquero, Sambade, Alexis (Bichinh,o m.34); Galindo (Iván m.83) e Saulo.
  • Goles: 1-0, m.7: Sergio Barbeira; 1-1, m.16: Sambade; 1-2, m.21: Saulo; 2-2, m.58: Iván Fidalgo; 3-2, m.81: Sergio Barbeira.

Xallas B- Ameixenda

Resistencia numantina do Ameixenda hasta que non pudo máis, pero este mércores os de Javidho dérono todo no Carral e pelexaron máis dunha hora cun home menos pola vermella directa a Piquero no m.23 por protestar.

O filial xalleiro comezara ben intentando meter balóns as costas dos centrais do Ameixenda e que, no m.7 conseguiron facer a perfección para marcar o 1-0. Reaccionou ben o Ameixenda, con Saulo e Galindo moi activos en ataque. Con todo, o empate chegou dunha maneira inesperada xa que o conseguíu Sambade cun lanzamento de falta desde uns 40 metros, que entraba pola escuadra do Xallas.

O equipo de Santa Comba acusou o golpe e o Ameixenda aproveitou para marcar o 1-2 nunha galopada de Galindo pola dereita culminada con centro perfecto para que culminara Saulo. Chegaba aí xusto a expulsión de Piquero, condicionando o desenrolo do partido, xa que ao Ameixenda non lle quedaba máis remedio que intentar defender o resultado con uñas e dentes, conscientes de que aguantar 70 minutos era case unha heroicidade. O dominio do Xallas era insistente, con balóns colgados, corners, faltas, etc., e lograron o empate no m.58. E xa no m. 82, cando parecía que podía darse o empate, Rivers rexeita un forte disparo e o balón queda aos pes de Sergio Barbeira que non ten máis que empurralo.  

Oza - At. Pereiriña (3-2)

Oza-Pereirina no carral-Foto-Paula Pereirina 3

  • Ozas: Gesto, Casais, Alex Vázquez, Vilariño, Iago, Alex López, Alberto (Gonzalo, m.75), Carlos (Suso, m.60), Kevin, Josiño (David Efe, m.89) e Pace.
  • At. Pereiriña: Isma Antelo, Maelo, Dani Costa, Fabián, Borja Bouzón, Alex Agulleiro, Tebo, Brais Lagoa, Tonecho, Tito e Roy. Tamén: Nil, Lucho, Grille e Chiru.
  • Goles: 1-0, m.1: Casais; 1-1, m.3: Roi a pase de Alex Agulleiro; 1-2, m.15: Brais Lagoa; 2-2, m.37: Alberto; 3-2, m.67: Suso.

Oza-Pereirina no carral-Foto-Paula Pereirina 2

Partido aberto, con moitas ocasións que puido caer de calquera lado. Comezou o Oza máis enchufado e pronto abría o marcador co gol de Casais nun córner. Pero o choque comezaba tolo e apenas un par de xogadas despois, Alex Agulleiro centraba dende a dereita e Roy remataba a gol. Sería Alex Agulleiro quen volvería a asistir para que Brais Lagoa se plantase solo diante do porteiro e fixese o 1-2.
Tocáballe remar de novo ao Oza que conseguía empatar antes do descanso tras unha xogada de saque de banda.

Na segunda, saíu o cadro visitante presionando arriba, e creando varias ocasións por medio de Alex Agulleiro, Roy, Brais Lagoa e mesmo Chiru. Pero perdoou e o equipo de Fofi e Sebas conseguía por medio de Suso meterse por diante. Intentouno o cadro ceense de Emilio Corzón pero apenas puideron chegar cun par de tiros lonxanos de Lucho e Dani Costa. O Pereiriña tivo novas lesións e mesmo tivo que saltar o porteiro xuvenil Nil de dianteiro ante a lesión de Tebo.

Oza-Pereirina no carral-Foto-Paula Pereirina
Fotos do Oza-Pereiriña de Paula -At. Pereiriña

Comentarios