Venres. 29.03.2024
El tiempo

Aqueles marabillosos anos

hdrpl
Imaxe dunha Seleccion da Costa en 2006
Aqueles marabillosos anos

Sempre se bota de menos os tempos pasados e no fútbol non ía ser para menos.

Só fai falta pasar polas zonas das bancadas dos afeccionados máis veteranos de cada clube, para escoitar iso de que antes eran mellores e o fútbol era máis aguerrido e de calidade.

Esá claro que cambiou moito a forma de xogar de tempos atrás á nosa actualidade. A maior diferencia e que antes o fútbol era casi a única via de escape que había tanto para xogar, como para disfrutar de acudir o estadio onde cada domingo era unha gran festa para o pobo locatario. Agora por sorte si hai máis eventos culturais e disciplinas de deportes para elixir, esa sorte na diversidade fai que o fútbol non sexa o reclamo de antaño, xa non e tan habitual ver os campos cheos, menos equipos e menos xogadores.

Tamen cambiou a forma de xogo, antes os equipos eran máis físicos e practicaban un fútbol máis directo, posiblemente os campos en aquel momento pedían eso. Agora na Costa casi todo está con herba artificial o que beneficia un xogo máis de toque e control e xa non se ven esos xogadores trotóns de gran físico.

Éste pequeno prólogo é para felicitar o equipo de Veteranos da Selección da Costa que logrou tocar metal, algo que os equipos de base de momento non foron capaces de lograr.

Seleccion de Veteranos da Costa da Morte na sua estrea

Algo que se nota nas categorías inferiores dos equipos, ónde so o Dumbria pon a representación costeira en ligas galegas, equipos que dominan as súas ligas despois non son capaces de superar a fase de ascenso. Non sei se pode ser por metodoloxía de traballo ou por zona de captación dos rapaces. Tamén é considerable que o nivel baixou gradualmente o que fai que as ligas sexan pouco competitivas e quizais sexa un problema para enfrontarse a equipos da zona coruñesa ou Santiago onde poden optar a máis xogadores por cercanía e natalidade.

  • Ángel Garrido.

Artigos de Ángel Garrido

Comentarios