Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Así é a complexa segunda fase da 2ª Div. FUTFEM

Sorteo REFGF
Imaxe do sorteo
Así é a complexa segunda fase da 2ª Div. FUTFEM

Trala disputa da última xornada, esta mañá de martes deixou o sorteo realizado pola RFGF sobre a segunda fase da 2ª División FUTFEM. Unha segunda fase moi complexa, determinada pola creación da 3ª División feminina, necesaria polo auxe dos novos equipos.

Estes son os enfrontamentos desta segunda fase que se disputarán este domingo 21 de maio. 

Polo ascenso

Para ascender á 1ª terían que superar ata 3 eliminatorias (as dúas primeiras a partido único). O que caia da primeira eliminatoria aínda podería baixar á 3ª Div. pois enfrontarase ás gañadoras da primeira eliminatoria da fase polo descenso.

Estes son os enfrontamentos da primeira eliminatoria.

  • At. San Pedro - Dumbría
  • Xallas - Eirís
  • Cee - Cacheiras 

Pola permanencia

O que perde na primeira eliminatoria, descende á 3ª. O que gañe aínda ten que superar unha eliminatoria máis, esta a doble partido, para salvarse, na que tamén estarán os equipos que perdan da fase de ascenso.

  • As Miúdas - Sárdoma
  • Corme - O Pino
  • San Roque - Nicrariense
  • Caldas - Mazaricos
  • Peñasco - Puenteceso

Ademais, a segunda eliminatoria colidirá coa Copa da Costa. Por exemplo o Corme-Xallas tería que disputarse o martes 30 de maio, porque aínda que o Corme non pase co Pino, o Xallas si que terá que xogar unha segunda rolda.

MÁIS NOVAS DO FUTFEM

Comentarios