Luns. 29.04.2024
El tiempo

Así quedan os e as Pichichis neste remate de 2023

Barca Toba Djibril Adrian Vazquez e Estevez pichichis da Costa a 2023
Barca Toba, Djibril, Adrián Vazquez e Estévez, rematan o 2023 como pichichis das Ligas da Costa
Así quedan os e as Pichichis neste remate de 2023

Rematamos o 2023, e aproveitamos para facer balance dos máximos goleadores das categorías do noso Fútbol da Costa. Porque esta campaña temos moitos nomes novos, que pasamos a repasar.

Preferente

Comezaríamos pola Preferente, onde Marcos Montero eríxese como máximo goleador do Sofán, con 5 tantos, lonxe aínda do alto da táboa.

1ª Galicia

Na 1ª Galicia, temos un fisterrán compartindo o posto de pichichi. Falamos de Diego Estévez, o máximo goleador da Costa o ano pasado suma este ano co Fisterra 11 goles en 16 partidos, os mesmos que Alberto Fraga (Tordoia).
Na zona alta tamén temos a Juanjo (San Lorenzo), con 9 goles en 11 partidos, Miller (Dumbría), con 8 goles ou Isaac Fábregas (Fisterra, ollo que leva só 8 partidos xogados) e Elías (Esteirana) con 7 tantos.

Juanjo do San Lorenzo-Foto-KaTIA
Juanjo do San Lorenzo-Foto-Katya

2ª Galicia

Na Liga da Costa, dous nomes están por riba do resto: Djibril (Camariñas), con nada menos que 21 goles en 14 partidos; e Bruno (o fisterrán do Cee leva 19 goles en 14 partidos).
Alejo (Corme) suma 13 tantos, os mesmos que Chipi (Porteño) e Xavi (Muros).
Por aí tamén aparecen Adrián García e Sebas (ambos do Castriz) e Neira (Ponteceso) con 12. Un pelín máis atrás, Miguel Blanco (Cabana) e Ista (Corme), con 9. Completan a zona alta Eze (Cee), Manu Nogueira e Fran Moreira (Muxía), Noli (Castriz) ou Rachón (Mazaricos).

3ª Galicia

Tamén a 3ª ten dous nomes claros: Adrián Vázquez (Sofán), con 18 goles en 14 partidos; e Ibra (Malpica) que suma 16 tantos pero só en 9 patidos.
Basti (Soneira) está con 12 goles, os mesmos que César Lojo (Corcubión). Máis atrás, con 9, o seu compañeiro Iago lema; por diante de Sergio Barbeira (Xallas) e Suso (Cerqueda), ambos con 8.
Con 7 temos Oli (Lira), Carrrabete (Laxe), Rubén Sande (Xallas), Javi Suárez (Zas), e Nacho e Hugo Fraga (Oza).

ibra Malpica
Ibra do Malpica

Futfem

Na 2ª Div. atopamos a Paula Veiga (a cerquedá do Cee) con 10 goles e a Olalla (a pichichi do Xallas) con 9, na parte alta da táboa.

A Liga da Costa feminina está ben fermosa e temos varios nomes protagonistas. A muxiá Barca Toba ten 17 goles, polos 15 da fisterrá Andrea Romero. 14 suma a killer pontecesá Andrea Varela, e 13 Carla (Bergantiños) e Patri Romaní (Muxía).
Moi preto, con 12 está Irene (Cabana), con 11, Paula Fandiño (Dumbría), e con 11 Carla Pose (Corme). Aí tamén están María Castro (Corcubión), Eva Lema (Dumbría), ou Cris Veres (Corme).

As Andreas do Ponteceso e do Fisterra
As Andreas do Ponteceso e do Fisterra

Máis novas

Comentarios