Mércores. 23.10.2024
El tiempo

As baixas lastran a un Ponteceso que queda ás portas do ascenso

11 do Ponteceso ante o Almeiras
11 do Ponteceso ante o Almeiras
As baixas lastran a un Ponteceso que queda ás portas do ascenso

Volverá competir na Liga da Costa, a 3ª División Galega, o Ponteceso, a vindeira campaña. Xogábase todo a unha carta, na volta da final da fase de ascenso, ante o Almeiras. Tralo 0-0 da ida, as baixas impediron que as de Curro pudesen competir man a man cun cadro branquiazul que competirá con Xallas, Cee e Dumbría na vindeira campaña na 2ª.

Remata así, en todo caso unha gran temporada do Ponteceso, 2º da 3ª Galicia, tendo a posibilidade de ascender aínda que nesta ocasión non foi posible.

UDJ Almeiras - Puenteceso (5-1)

  • Ponteceso: Colores, Noe, Myre, Ainhoa, Laura R (Saray), Oanes, Eva, Muíño, Silvia, Noemí (Lucivili), Claudia (Lara).

Non foi o mellor partido das de Curro, que chegaban ao partido máis importante do ano con moitas e importantes baixas, Dous goles temperás do Almeiras deixaron trastocado o cadro pondaliano, que tardou en ir collendo ritmo. Non se rendiron as que hoxe actuaban como visitantes buscando meterse no partido. Sería Oanes a que faría posible ir 2-1 ao descanso e coas esperanzas da remontada.

Pero na segunda partes as do Almeiras aproveitaron moi ben a súa calidade nos tiros anotando outros tres goles. Non atoparon as de Curro as ocasións para revetir o resultado e finalizaría 5-1.

Máis novas

Comentarios