Luns. 29.04.2024
El tiempo

O Camelle xa é novo equipo da Liga da Costa tras unha nova desta do Fútbol da Costa

Camelle ascende a Liga da Costa
O Camelle xa é novo equipo da Liga da Costa tras unha nova desta do Fútbol da Costa

Espectacular o ambientazo no Rodeiro para ver un partido da 3ª Galicia, a última liga federada. O Campo de Camelle acollía a volta da final da fase de ascenso á Liga da Costa demostrando de novo o potencial do noso Fútbol da Costa. Tralo 1-1 da ida todo quedaba pendente deste choque, e foi o cadro local, cunha vila enteira absolutamente envocarda, o que levou o premio do ascenso.

Camelle - Laxe (1-0)

  • Camelle: Roi, Martín, Dani, Dido, Makareno, Estiben, David V., Tereso, Chori, Diego, Mario. Tamén: David C, Sergio, Ruso, Gabi.
  • Laxe: Jacobo, Mikel, Jose, Jacinto, Eloy, Gora, Miguel Torres, Iago Torres, Jorge, Bieito, Santi Casás. Tamén: Felipiño, José Ángel e Camafreita.
  • Gol: 1-0, m.74: Sergio.

Foi un partido tremendamente tenso e igualado, cunha parte para cada un. Mereceu algo máis o Laxe na primeira, sobre todo nos primeiros miinutos, pois sáiu a morder, roubando moi arriba e saíndo con afiadas contras. Tivo moi pronto Iago Torres unha gran ocasión pero o seu disparo petou no longueiro. Tamén Miguel Torres tivo unha pero non acertou e o marcador non se movía.

Sentáronlle ben os cambios aos de Sergio. O míster camellán, recén operado dunha grave lesión de xeonllo, non quixo perder o momento e estivo coas muletas a pé de campo, e sacou artillería dende o banco.O equipo local foi mellor no segundamente e foi precisamente Sergio, que saía no m.60, o que desnivelaba a eliminatoria co seu tanto. Debacle total no Rodeiro.

Gran papel, en calquera caso do Laxe. Un equipo renacido gracias ao traballo dun Lilo que conseguiu convertelo nun cadro competidor, que deixou moi boas sensacións neste segundo treito de Liga.
Un saúdo tamén a Jorge Villespín, que se despedía tras 14 anos sobre o céspede pero non lle puido dedicar o ascenso á súa pequena recén nada.

Camelle ascende a Liga da Costa 2

Os xogadores ata se desprazaron, aínda vestidos de corto, ata o peirao a tirarse ao mar!


AS TÁBOAS COPEIRAS EN WWW.COPADACOSTA.COM.

Comentarios