Sábado. 19.09.2020
El tiempo

Carlos Romero, alma do Outes: “A 3ª é necesaria para que a Liga da Costa siga sendo competitiva”

Carlos Romero, alma do Outes: “A 3ª é necesaria para que a Liga da Costa siga sendo competitiva”

Non fallamos á nosa cita futboleira dos luns nestes #DirectosQPC. Hoxe, na serie de entrevista ás Almas dos nosos clubs, fixemos parada no Cunchido, para falar con Carlos Romero, directivo e coordinador do Outes FC. Un club que mira cara o norte, para esa Liga da Costa e esa Costa da Morte que sinten propia, a pesar de que moitos do norte non llo recoñezan esa pertenza.

Comezou sinalando que este venres o club poderá tomar a decisión de sacar ou non un Outes B na vindeira temporada, o que pode ser un parche para salvar o curso da 3ª. Pero deixou claro unha idea interesante: “A 3ª é necesaria para que a Liga da Costa siga sendo competitiva”.

Falou de canteira, e de como o cadro da Serra é todo exemplo na comarca. 11 equipos coida o equipo directivo, gracias ademais á boa labor da afección que enche o campo. “O segredo da canteira é que temos un campo aberto 24 horas ao día, que é un bulideiro de rapazada, que sae do cole e vén directamente para o campo”.
Boa proba é esa temporada do cadro xuvenil, que quedou ás portas, por fair play, do ascenso á LIga Galega Xuvenil. “Esta fornada seguirá dando que falar”, deixando claro que “non é certo que o fútbol da Costa non compita a nivel autonómico. Mira os Dumbrías agora con 3 equipos en F11, os equipos que participamos nas Ligas Comarcais de F8…”

Así o reflicte así a Amarela, a Selección da Costa (Carlos é adestrador da sub11), un feito tremendamente importante para a nosa canteira. “Ver a alegría dos rapaces nas Seleccións, non hai cartos que a pague”.

Sobre as incontables horas que lle dedica ao club, sabe que é difícil de explicar tendo en conta que ademais tamén traballa na área de deportes do Concello.

A conversa deu para repasar lixeiramente a súa carreira como xogador (Outes, aquel marabilloso Lira do título, Mazaricos), como de adestrador, pois con 14 anos xa adestraba equipos do cole.

Directos do #FutboldaCosta

Os traballadores na sombra

comentarios