Luns. 10.08.2020
El tiempo

FÚTBOL DA COSTA

Entrevista a Suso da Torriña nos directos de instagram de QPC

Este luns, nos directos de instagram de @quepasanacosta, falamos cunha desas persoas que fan tan especial o noso Fútbol da Costa, unha desas almas dos clubs da comarca. Falamos con Suso da Torriña, que personifica o sentir dun Corme CF que conta os seus case 40 anos de historia. Un deses delegados comprometidos, e ben recoñecidos polo colectivo arbitral, pois en 2017 foi escollido polos árbitros como o Delegado do Ano na Gala do Fútbol da Costa QPC, e un ano despois foi recoñecido pola Real Federación Galega de Fútbol.

Nunha hora de conversa, falamos moito de Corme, e desa vinculación tan especial que ten o club co pobo cormelán, baseado en 40 anos de canteira, de xente da casa.

Proposta de solución competicional

Unha das cousas das que se falou, nestes días de inverteza, e pendentes da conversa deste xoves dos equipo de 2ª e 3ª do Fútbol da Costa coa Real Federación Galega de Fútbol, é polo asunto competición. Como daría por rematada a temporada Suso da Torriña? Suso dá por suposto que non se vai xogar máis, proporá que ademais dos ascensos directos se fagan tamén efectivos os ascensos dos equipos en postos de promoción, e se dividan as 1ª e 2ª e dous grupos, facendo ligas máis curtas, e eliminando temporalmente a 3ª Galicia.

 

Novas relacionadas

Entrevista en directo por imstagram

Entrevistas #Futfem

Os traballadores na sombra

ENTREVISTAS do Fútbol da Costa en QPC

Entrevista a Suso da Torriña nos directos de instagram de QPC