Mércores. 05.08.2020
El tiempo

FÚTBOL DA COSTA

Pedro Gómez, adestrador do Soneira: “Pensamos que pode haber unha posibilidade importante de ascender a Preferente”

Seguimos coa intención de seguir ofrecendo unha programación máis ou menos conxunta nos #DirectosQPC. Cada día ás 15:00h temos contidos no Facebook de Que pasa na Costa, pero os luns, como seguimos botando de menos as crónicas, temos cita futboleira no Facebook de Fútbol da Costa.

Hoxe tivemos unha longa conversa con con Pedro Gómez, adestrador carballés que despois de toda unha vida no San Lorenzo de Verdillo, pasou polos banquiños do Bergantiños, para dar o salto a equipos potentes da comarca como Baio e Soneira, onde este curso estaba realizando unha temporada espectacular. Falamos con el da súa traxectoria, pero tamén falamos en clave de actualidade.

De feito, considera que non se van xogar promocións en ningunha categoría, e pensa que si hai unha posibilidade importante de ascender a Preferente esta campaña, contando ademais co posible ascenso do Boiro na 3ª División que provocaría unha cascada de ascensos.

 

Entrevista dos #DirectosQPC

Entrevistas #Futfem

Os traballadores na sombra

ENTREVISTAS do Fútbol da Costa en QPC

Pedro Gómez, adestrador do Soneira: “Pensamos que pode haber unha posibilidade importante de ascender a Preferente”