Luns. 30.11.2020
El tiempo

Bebeto: “Disfrutamos facendo cousas para que en Fisterra haxa ambiente”

Bebeto: “Disfrutamos facendo cousas para que en Fisterra haxa ambiente”

Hoxe, como cada luns nos #DirectosQPC das 15:00h, temos cita futboleira, porque botamos de menos as crónicas das ligas do #FutboldaCosta.

A entrevista de hoxe foi máis alá do fútbol, pero ten o campo de Ara Solis como epicentro. Falamos con Gabriel Riveiro, máis coñecido como “Bebeto”, alma dunha afección que está levando ao seu equipo dende a 2ª Galicia ata a 3ª División. Un Bebeto que non se molla na porcentaxe de “culpa” que ten a afección neste ascenso meteórico, valorando que “hai varias cousas que se uniron, unha directiva, un equipo, un corpo técnico, unha afección”, para conseguir todo isto.

Bebeto lembrou o nacemento dos Rapacollóns Big Band, cando o Fisterra vencía en San Andrés en abril de 2016 e se alzaba líder da Liga da Costa a 5 xornadas do final.

Dende aquela moito medrou o club, pero considera clave no crecemento do club a fichaxe para que volvese Adrián Makaay, ese faro que guía a nave fisterrá.

”O do fútbol é espontáneo, e o de disfrazarnos en Fisterra tamén o levamos no sangue”. De aí o Entroido de Verán, ou outros eventos sociais que dinamizan a vila de Fisterra. “Damos moito e pedimos pouco, de aí parte do éxito”, apunta.

Amante do fútbol da Costa e da súa historia porque é de familia de míticos xogadores, gusta ler e tocar a gaita, e despois da SD é bo afeccionado do Deportivo, e daquel SuperDépor de Bebeto polo que toleaba.

Novas relacionadas

Máis info

#DirectosQPC sobre o #FutboldaCosta

comentarios