Mércores. 27.10.2021
El tiempo

Carnota e Cerqueda presentan os seus campus futboleiros

campus Carnota e Cerqueda
Carnota e Cerqueda presentan os seus campus futboleiros

Comeza o verán e os clubs de fútbol e os Concellos van anunciando os seus campus deportivos de conciliación.

É o caso do Concello de Carnota, que a través da Escola de Fútbol de Carnota prepara un campus do 28 de xuño ao 3 de xullo, no campo de Lombáns. Poderán inscribirse, antes do 27 de xuño no 660 830 982 [email protected] de 6 aos 14 anos para disfrutar das sesións deportivas de 10:00h a 13:00h.

Por Xaviña, Buño, a familia da UD Cerqueda prepara o seu II Campus de Verán do 5 ao 30 de xullo, de 9:30h a 13:30. Vai por semanas, e poden apuntarse en 637 167 357.

comentarios