Copa da Costa: A Esteirana tira de oficio e métese nas semis

Tralo susto da semana pasada, que deixaba a Pablo Vidal e Code fóra de combate por un tempo, Agra da Filgueira volvía vivir este venres un fantástico partido dos Cuartos da Copa da Costa. O Castriz esperaba rival para este domingo, e xa o ten. A Esteirana non fallou e cumpliu o pronóstico vencendo no campo loureán, con máis oficio e cun resultado máis abultado do visto no campo.

Monte Louro - Esteirana (0-3)
- Monte Louro: Alassane, Juan, Abel, Manolo Chouza, Antón, Juan Lois, Raúl, Xian, Miguel Verán, Pesco e Íker. Tamén: Dani, Jose, David e Santi.
- Esteirana: MJ, Simón, Samu, Dani, Tobío, Adrián Louro, Adrián Abelleira, Pablo Rama, Pachi, Oli, Raúl. Tamén: Hector, Samián, Óscar, Javi, Farinós.
- Goles: 0-1, m.10: Pablo Rama coa axuda de Alassane; 0-2, m.72: Pachi; 0-3, m.90: Raúl.
Partido máis que interesante en Louro, cunha Esteirana que, a pesar das baixas, tirou de oficio para superar a un fantástico cadro local. Comezaba mellor o Louro, peron na primeira chegada que tivo a Esteirana Pablo Rama lanzaba e Alassane practicamente metía para dentro un balón que marchaba fóra.
Seguía apretando o equipo de Bibi, tendo boas ocasións como unha de Íker que salvou Tobío, baixo paus. A Esteirana tamén puido sentenciar pero Alassane resarciuse do erro salvando o man a man con Raúl.
Na segunda o Louro seguía rondando a área rival e creando perigo, e se ben as mellores xogadas chegaban a balón parado non acababan de crear dano.
A falta de 20 minutos Pachi sentenciaba tras unha boa contra pola banda esquerda de Raúl, con este tanto:
A partir de aí o partido xa perdeu intensidade e Raúl fixo o terceiro.
Previa
O domingo ás 19:00h o campo de Esteiro acollerá unha semifinal tremendamente emocionante entre Castriz e Esteirana.
Arliña será o feudo do segundo partido. Ás 18:30h, Muxía-Fisterra no campo muxián.
- O cadro en www.copadacosta.com.