Venres. 29.03.2024
El tiempo

A crónica dominical: A Esteirana dálle á volta á táboa

Alex Rama e Lucas co trio arbitral no Esteirana-Corme-Foto-Fin Lema
Alex Rama e Lucas co trio arbitral no Esteirana-Corme-Foto-Fin Lema
A crónica dominical: A Esteirana dálle á volta á táboa

Era o partido da fin de semana, e do carrusel de www.futboldacosta.com. E non defraudou. 5 goles se viron no Xosé Luís Vara, para deparar a vitoria da Esteirana, e a segunda derrota do Corme en todo o curso. Un resultado que coloca ao cadro esteirán líder da Liga da Costa, con empate a puntos pero o golaveraxe individual a favor. A só un punto queda o Ponteceso, que non fallou nun complicado duelo ante o San Lorenz.
Por abaixo tamén había partido importante en Xaviña, deixando a Buño e Zas como virtualmente descendidos, e a un Cabana que ficará pendente dos arrastres pero que mesmo pode loitar por subir algún posto máis. Puido ter posto se o Lira mantivera a vantaxe ante un Baíñas que suma 3 puntos vitais para volver á loita, deixando ao cadro liracho a tiro.

Con vitorias celebraron Camariñas e Outes o seu retorno á Liga da Costa, mantendo o pulso polo título da . O máis perxudicado foi o Camelle, que ademais de recibir 7 no derbi, perde ocasión de escapar do Seaia (que descansaba) na loita pola promoción. Laxe e Nantón firmaron unhas táboas que lles valen para, practicamente certificar o seu pase.

No tocante á , o Dumbría deixouse 2 puntos ante o pechacancelas no Conco, pero aproveitou a tamén inesperada derrota do Pino en Val do Ulla para manter o liderato. Enchúfase así de novo o Soneira, que vencía en Negreira e queda a 2 do Dumbría e a 1 do Pino.
Polo demais, o Baio rompía unha mala serie de 6 partidos sen gañar. Os mesmos leva o Mazaricos sen facelo, pero sumou un puntiño importante. Como importante foi a vitoria do Volantes que se volve na loita pola permanencia, tendo precisamente ao cadro mazaricán (13º) a sí 3 puntos. Así e todo foi o último partido de Sil e o seu equipo á fronte do equipo laranxa, pois foron destituídos.

Volveu vencer, e pola mínima de novo, o Fisterra, que segue alimentando o soño do ascenso á 3ª División. Pero o gran protagonista da semana na Preferente é o Xallas (na foto), que endosaba o sábado a segunda derrota da temporada ao poderoso líder, o Viveiro, en Castriz.
Pola súa parte, o Sofán segue de docem e vencía en Foz ante o pechacancelas e escala posicións.

Xallas CF- Viveiro CF en Castriz

A Base

Non houbo #Futfem esta finde (non hai ata marzo), pero si partidos de base (o F8 está pendente da seguinte fase). Por exemplo, o equipo Xuvenil do Dumbria da Liga Galega vencía, pero o Cadete caía.
A Liga costeira Xuvenil deparou as vitorias apuradas de Soneira e Cabana ante Unión Club Cee e Xallas, de ben o Outes o terceiro en loita, retrasou o partido ata o entroido.
En Infantís, O Dumbría segue implacable, mentres Outes e Miúdos venceron, pero teñen máis problemas para seguir o ritmo.

 

Todas as crónicas de 3ª Galicia.

 

Todas as táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios