Venres. 29.03.2024
El tiempo

A crónica dominical: Xa non hai equipos invictos no Fútbol da Costa

O Corme perdeu a sua imbatibilidade ante o Cerqueda no Cairo-Foto-Fin Lema
O Corme perdeu a sua imbatibilidade ante o Cerqueda no Cairo-Foto-Fin Lema
A crónica dominical: Xa non hai equipos invictos no Fútbol da Costa

Volveu o Fútbol da Costa nesta primeira xornada completa de 2020. E fíxoo cunha nova destacada, como é a primeira derrota da temporada dun Corme que rematou o 2019 con apenas 3 partidos perdidos. Xa non quedan pois equipos invictos nas categorías sénior, pero si en Infantís (Dumbría).
Foi o Cerqueda o primeiro que consegue superalo nunha xornada 17 que deixa a Liga da Costa tremendamente apretada. Boa culpa ten a remontada do Ponteceso no Eleuterio Balayo tras ir perdendo 2-0 ante o Muros na primeira metade, que deixa ao equipo de Pablo Mallón a 1 punto do seu veciño. Ou a vitoria da Esteirana en Lombáns, que mantén aos de Geno a 3 do liderato.

O San Lorenzo non quere descolgarse, e o Muxía parece dicir adeus ao trío de cabeza. O resto da Liga da Costa segue moi igual, cun vagón no medio da liga de 8 equipos en apenas 6 puntos, mentres os de abaixo seguen afundidos.

Na Preferente, a boa nova dun Sofán que comeza o ano embalado, e a recuperación dun Xallas que levaba 4 derrotas seguidas, empañouse coa derrota dun Fisterra que comezou gañando en San Tirso pero que volve ser cazado na 2ª praza por un Boiro que ten un partido menos.

O derbi soneirán, o partido da xornada

O partido da xornada, como nos comentaron o venres Bieito e Basti, era do derbi soneirán de 1ª. Un derbi que se decantou na primeira metade a favor do Soneira, que fica a 2 puntos do liderato.
Ademais, vitoria clave do Volantes en Agolada, que volve meter ao equipo de Sil na loita pola permanencia. E vital para seguir na pomada o gol do empate sobre o pitido final de Darío, en Valga, para deixar ao Dumbría na 4ª praza, a 7 puntos do liderato. O Mazaricos deixou escapar dous puntos en Rianxo tras un vecendo todo o partido.

O Camariñas, máis líder na 3ª

Outro dos partidos da xornada foi o Outes-Camariñas. Tras un partido agónico, no que o porteiro visitante fixo tres paradas claves, o Camariñas aumenta a vantaxe a 5 puntos do cadro da Serra, e permite que o Montelouro que venceu na Grixa, se coloque a só 6 puntos da segunda praza de ascenso. O Laxe deu un paso de xigante para afianzarse na promoción, deixando ao Seaia fóra, unha vez que o seu tropezo foi aproveitado polo Camelle para colarse na 6ª praza. A sorpresa douna o Castrelo vencendo nas Fontiñas e e deixando un fío de esperanza para a épica.

Triplete para as chicas

Boa xornada para as nosas no F11 feminino con triple vitoria de Bergantiños, Cee e As Miúdas.

A base

Volveu vencer o Xuvenil dumbirés de Liga Galega para espantar pantasmas, mentres os cadetes deixaron ir unha serie de 5 vitorias seguidas.

Nas Ligas locais, rematou a primeira volta en xuvenís. o empate do Soneira ante o Xallas deixa ao Outes, que goleou ao Coristanco, a só un punto, cun Cabana que vén firme por detrás, a só 3 do liderato. Dous puntos máis abaixo seguen coas opcións intactas Sofán e Zas, e tamén Corme.

Igualdade máxima en Cadetes, con Cabana e Xallas empatados no alto e Sofán a 4 puntos pero cun partido menos.
Ademais, en Infantís, o Dumbría fica como único equipo invicto de todo o fútbol costeiro.

Veteranos

Xornada importante tamén en Veteranos, onde o Zas amplía a renda ante un San Román que caeu goleado en Vimianzo ante o Soneira. 4 puntos sacan os zaseiros aos laracheses e 5 ao Dumbría. En 1ª, Ara Solis e Corme seguen camiño da D.H., se ben o Corme deixouse dous puntos ante o Oza.

Todas as táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios