Xoves. 09.04.2020
El tiempo

Bieito e Basti analizan o derbi soneirán de 1ª

Este domingo xógase na 1ª Galicia un derbi de altura no Municipal de Vimianzo. O Soneira recibe ao Baio, e os dous querrán empezar a segunda volta mellor que iniciaron o ano, onde non foron capaces de puntuar.

Basti e Bieito, dous grandes representantes do que significa o fútbol en Vimianzo e Baio, dan o seu punto de vista do derbi e de como chegan os seus clube.

Bieito e Basti son dous xogadores claves no Baio e Soneira
Bieito e Basti son dous xogadores claves no Baio e Soneira
Bieito e Basti analizan o derbi soneirán de 1ª
  • QPC: Nas entrevistas aos profesionais pregúntanlle que serían se non fosen futbolistas. No teu caso aparte do fútbol a que te dedicas? Compaxínase ben cos adestramentos?

- Basti: No meu caso traballo de administrativo aquí no pobo, polo que non me supón ningún esforzo vir adestrar. É certo que os últimos anos estudiando na Coruña si que me supuña máis esforzo baixar entrenar, pero levábase moi ben.

- Bieito: Son comercial no sector do tabaco. A todos os que nos gusta o fútbol gustaríanos vivir diso, pero poucos son os afortunados. O meu traballo gústame moito.
Ás veces chégase algo xustiño, pero cos horarios que temos de adestramento é raro que me perda algún por traballo.

 
  • QPC: Como valoras esta primeira volta?

- Basti: Moi positiva. Estamos cumplindo o obxevtivo de estar arriba, a pesar de ser unha plantilla corta. Se nos respetan as lesións creo que faremos unha segunda volta moi completa.

- Bieito: Bueno, non foi todo o boa que nos gustaría, a verdade. Fomos moi irregulares tanto en resultados como en xogo, pero confiamos dar un plus nesta 2ª volta e acercarnos máis ao que nos gustaría que se vira deste Baio.

 
  • QPC: Cal era o obxectivo do club a inicio da liga?

- Basti: O obxectivo do club era estar arriba, e a partir de aí loitar polos postos máis altos. Sabemos que a plantilla está feita para iso.

- Bieito: A nivel de club non se nos marcou ningún obxectivo. O principal é asegurar a permanencia canto antes e despois ir partido a partido, e se podemos engacharnos cos de arriba, nós mesmos seremos os primeiros en intentalo.

 
  • QPC: Domingo é día de derbi. Hai favorito?

- Basti: Nos derbis nunca hai favorito. Mesmo nesta liga na maioría dos partidos nunca hai favoritos xa que é moi igualada como se ve nos resultados.

- Bieito: Os favoritos polo que di a clasificación agora mesmo son eles. Pero creo que nos derbis, e neste en especial, as cousas igualanse moito e será seguro un partido mui competido.

 
  • QPC: Durante a semana adestrouse igual ou algo especial para o derbi?

- Basti: Adestramos igual todas as semanas, coas mismas gañas. É un partido moi bonito pero ao final vale o mesmo que os outros, 3 puntos.

- Bieito: A semana de derbi sempre ten un aliciente extra. Pero nós temos moi claro ao que queremos xogar e por tanto a nosa semana non é moi diferente ao resto.

 
  • QPC: Sodes o mesmo equipo do 0-2 da primeira xornada?

- Basti: Somos o mesmo equipo. Na temporada sempre hai picos altos e baixos, pero a pasada xornada a pesar do mal resultado recuperamos sensacións contra un bo equipo, pois merecemos máis, así que confío en que o equipo volva a dar a súa mellor versión.

- Bieito: Si, a plantilla ca que contamos é a mesma. Obviamente como equipo e ca chegada de xente nova, os inicios sempre son máis complicados, pero agora xa nos coñecemos moi ben e esperemos que tamen se note no resultado.

 
  • QPC: Xogar nun campo pequeno como o do Municipal de Vimianzo a quen beneficia?

- Basti: O Municipal é un campo no que nos conseguimos facer fortes esta tempada, pero é un campo que polo seu bote non favorece moito a práctica do fútbol, sinceramente.

- Bieito: Bueno, se alguén lle beneficia é a eles xa que é o seu campo e a todos nos gusta xogar na casa. Nós estamos acostumados a medidas máis grandes coma as do Platas Reinoso, pero xa son moitos anos xogando alí polo que non vale de excusa.

 
  • QPC: Cal crees que e o punto forte do rival?

- Basti: O rival creo que o seu punto forte é na sua parte de arriba, con xogadores que poden desequilibrar en calquera momento.

- Bieito: Teñen moi boa xente en todas as liñas. Calquera xogador dos que teñen podenche marcar as diferencias, e máis de mediocampo para arriba.

 
  • QPC: Atreveste a dar un resultado?

- Basti: Non son moito de dar resultados, pero confío en sacar a vitoria (risas).

- Bieito: Váleme calquera que sea favorable a nós (risas).

ENTREVISTAS do Fútbol da Costa en QPC

comentarios