Dor e gloria

Acechados polo inverno, intensas choivas e fortes ventiscas, eso é o que nos deparará este treito final de competición.
A climatoloxia inflúe nas gañas de ir adestrar, ou ter que suspender a sesión por ser incompatible coa práctica do fútbol.
Onde máis se notará é na base, onde seguramente alguns equipos xa se xuntarán de partido en partido. Nas categorías seniors, xa empezará a facer efectos a carga da tempada, estes meses soe ser onde máis xogadores teñen problemas musculares, ademais das enfermidades propias do tempo.
Tamen sucede a cuestión de obxetivo cumprido. Algúns equipos revelación dan o baixón, saben que non descenderán pero tampouco loitaran polo título, e soen relaxarse no adestramento sendo menos competitivos que ao inicio de liga.
Pero moitos equipos si teñen que pasar a dor de non fraquear, de vestir o chuvasqueiro, de non permetirse a relaxación en ningún momento, porque teñen que xogar sabendo que só lle vale gañar, para lograr a salvación ou levantar un título a final da tempada. Quen aguante máis a dor, máis cerca estará da gloria.