Dumbría acolle a VI Gala do Fútbol da Costa - QPC, o broche de ouro á temporada
Volve a Dumbría, á Casa da Cultura de Olveira, a VI Gala do Fútbol da Costa- QPC, en colaboración co Concello dumbriés e a Real Federación Galega de Fútbol. Alí onde comezaban en 2014 esta serie de eventos que serven para pechar o curso futbolístico. A cita será este venres 28 de xuño ás 21:00h, e volverá ser, como non podía ser doutro xeito, dirixida por Fran Hermida.
A noite servirá para entregar 30 premios, entre os que por suposto estarán os relativos ao fútbol feminino e ao Árbitro e Delegado do Ano. Premios outorgados maiormente por máis de 130 persoas vinculadas ao Fútbol da Costa, entre adestradores, directivos, xogadores, reporteiros…
De novo, volverá ser un evento tremendamente emotivo, coas lembranzas a Alex Pombo e Abdoulaye na entrega dos premios que levan o seu nome.
A cita servirá de punto de intercambio de cromos ademais, como iremos informando ao longo da semana.
Os Veteranos, a gran novidade
Este ano a gran novidade é a incorporación do fútbol de Veteranos. A través dunha votación entre todos os equipos xestionada polo seu delegado Modesto Parga, escollerase ao Mellor Xogador dos Veteranos
Agradecimentos
O equipo de QPC non pode se non agradecer a colaboración de todos os patrocinadores que fan posible estes eventos:
Calvo, Café Bar Bristol, Fútbol Táctico, O Semáforo de Fisterra, Gaseosas Pitusa, MáisDeporte Cee, Asador Río Sil, Aluminios Dumbría, Saunier Duval, Clínica O Burgo Carballo, Autocares J. Pombo, Senra Sport, Robero Mouro - Reale Zas, Vitureira Bouzas, Alicatados Esteban Blanco, Keltoi Viravento Servizos, DAFIT e Escuela de Porteiros Nordés.
Novas relacionadas
- Iván Bouzón e MC, Premio Pombo e Pichichi da 1ª e Preferente.
- 2019: Miguel e Diego Mallo, os Premio Pombo do Fútbol da Costa.
Repaso das Galas
- Gala 2018: A Gala QPC puxo en Santa Comba o emocionante broche de ouro á temporada do Fútbol da Costa.
- Gala 2017: A emoción, protagonista da Gala do Fútbol da Costa – QPC.
- Gala 2016: Unha Gala para seguir unindo o Fútbol da Costa.
- Gala 2015: O Outes, Iago, e Álex Pombo foron os protagonistas da II Gala do Fútbol da Costa – QPC.
- Gala 2014: QPC entregou os premios do Fútbol da Costa 2013-2014.
- 2013: Presentación do Álbum: A noite das estrellas do Fútbol da Costa.