Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os equipos de Preferente e 1ª terán videoconferencias coa RFGF

  • A Real Federación Galega de Fútbol, mediante o Comité Galego de Adestradores, pon en marcha o "I Certame de Promoción do Técnico Galego".
CARTEL CERTAME TÉCNICO GALEGO
Os equipos de Preferente e 1ª terán videoconferencias coa RFGF

Esta semana a Real Federación Galega de Fútbol vai a manter reunións telemáticas por videoconferencia cos clubs das seguintes categorías da 3ª División, Preferente e 1ª Galicia. Unhas reunións que servirán para ver están levando os membros de cada club esta situación, e tamén para analizar a situación e coñecer de primeira man as súas suxerencias e propostas en todos os ámbitos, pero sobre todo desde o punto de vista competicional, tendo en conta a situación de excepcionalidade na que nos atopamos con motivo da pandemia do Covid-19.

Os horarios son:

  • Luns 13 (20:00 horas): 3ª División.
  • Mércores 15 (20:00 horas): Preferente.
  • Xoves 16 (20:00 horas): Grupos 1 ,2 e 3 de 1ª Galicia.
  • Sábado 18 (20:00 horas): Grupos 4 e 5 de 1ª Galicia.

Certame

Así mesmo, a Real Federación Galega de Fútbol, mediante o Comité Galego de Adestradores, pon en marcha o "I Certame de Promoción do Técnico Galego" co propósito de dar a oportunidade a todos os colexiados no Comité Galego de Adestradores de poder mostrar o seu traballo, darse a coñecer nas xornadas de formación dos Comités de Adestradores (tanto en Galicia como no exterior) e apostar porque este certame sexa unha oportunidade e ferramenta importante para autoformarse. Sabemos da gran preparación e formación dos nosos técnicos e buscamos a súa promoción mediante iniciativas como esta que se pon agora en marcha.

Todo aquel que o desexe pode presentar un dossier co seu proxecto de relatorio en formato PDF. A temática é libre, sempre que estea relacionada con calquera aspecto do Fútbol ou Fútbol Sala (Técnico, Táctico, Psicolóxico, Adestramento de Porteiros, PF, Dirección Deportiva, Coordinación deportiva, Análise…).

Todas os técnicos que resulten galardoados recibirán un agasallo do Comité Galego de Adestradores e participarán cos seus relatorios nas Xornadas de Formación e Actualización que se fagan durante o ano. Elaborarase un dossier cos relatorios gañadores para darlle promoción en todos os comités nacionais e internacionais aos nosos técnicos e poder levar estas formacións fóra das nosas fronteiras.
 

Comentarios