Os Finalistas ao Premio Restaurante Río Sil á Mellor Directiva son...

Continuamos coa serie de Finalistas de cara á IX Gala do Fútbol da Costa-QPC que o edificio Multiusos de Santa Comba acollerá este venres 7 de xuño a partir das 20:30h.
Hoxe anunciamos Premio Restaurante Río Sil á Mellor Directiva. Un premio que recuperamos este ano para poñer en valor o traballo na sombra de todas esas persoas que estades aí detrás facendo posible que 22 chicos e chicas poidan disfrutar do que máis lles gusta.
Máis 100 votos forman esta votación, común ao fútbol masculino e ao feminino, dos 35 clubs que temos na comarca, ata 23 levaron algún voto. Dá conta da gran capacidade de traballo das nosas directivas.
Finalistas ao Premio Restaurante Río Sil á Mellor Directiva
- Xallas.
- Outes.
- Dumbría.
- Sofán.
- Corme.
Moi preto de meterse entre os finalistas quedaron as directivas do Castriz, Ponteceso, Cabana, Porteño e Monte Louro, e un pouco máis atrás outras como Muxía, Camariñas, Cee ou Corcubión.