O cartel da IX Gala do Fútbol da Costa-QPC

Xa temos pechado o Cartel, con toda a serie de patrocinadores, para a IX Gala do Fútbol da Costa-QPC, que acollerá o Edificio Multiusos de Santa Comba o vindeiro venres 7 de xuño.
Coa imaxe das nosas Campionas de Galicia sub11 como grandes protagonistas, lanzamos a convocatoria a todo o que queira vivir esta festa, este punto de encontro do fútbol costeiro.
Contamos coa colaboración do Concello de Santa Comba, e a familia do Xallas F.C. que nos cede un grupo de pequenxs “azafaif@s” para facer entrega dos máis de 40 balóns da Olería de Buño, ese elemento fetiche do noso deporte.
Agradecemos así a colaboración de todos os patrocinadores que fan posible este evento:
Os Patrocinadores
Os que están sendo escollidos a través da votación de case 100 persoas do noso fútbol da Costa:
- Premio Cristalería Vilas ao Mellor Adestrador Masc.
- Premio Hotel Faro de Lariño ao Mellor Adestrador FEM.
- Premio Lonxa Dálvaro ao Mellor Xogador.
- Premio Autocares J. Pombo á Mellor Xogadora.
- Premio Maderas Muíño ao Mellor Equipo Masc.
- Premio Bar O Moncho Burguer ao Mellor Equipo FEM.
- Premo Restaurante Río Sil á Mellor Directiva.
- Premio Abdoulaye ao Fútbol Base.
- Premio Especial á Selección da Costa Feminina sub11 Campionas de Galicia.
- Premio Histórico.
- Premio Asesoría Asfeco ao Pichichi da Pref. e 1ª Galicia.
- Premio Máis Deporte ao Pichichi da 2ª Galicia.
- Premio Iván Vilanova ao Pichichi da 3ª Galicia.
- Premio As Baleas á Pichichi FUTFEM.
- Premio Electricidade Héctor Castro ao Pombo de Pref. e 1ª Galicia.
- Premio Albañilería Esteban Blanco ao Pombo da 2ª Galicia.
- Premio Seguros Roberto Mouro ao Pombo da 3ª Galicia.
- Premio Apligasa á Pombo do FUTFEM.