Mónica Martínez presentará a Gala do Fútbol da Costa-QPC

Xa temos data, lugar, algúns dos premios, e tamén, presentadora. Será Mónica Martínez a condutora da IX Gala do Fútbol da Costa- QPC, que se vai celebrar o vindeiro venres 7 de xuño en Santa Comba.
A xornalista de San Cremenzo (Zas) é unha vella amante do fútbol costeiro, e xa ten compartido con nós noites marabillosas como aquela primeira gala da presentación do álbum de cromos, tamén en Santa Comba con David Vidal, ou a presentación do álbum de 2018 con Augusto César Lendoiro.
A día de hoxe, despois dunha carreira completísima, impulsa con Alfonso Hermida o proxecto Élide Comunicación, e ten moitas gañas de queimar o gusaniño con esta clase de eventos costeiros.
“É un tremendo orgullo para min volver á casa, ao Fútbol da Costa, e máis se cabe da man de QPC, incansables traballadores por visibilizar e darlle valor a un fútbol tan auténtico, tan noso, tan senlleiro”, recoñece ilusionada.