Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Os Finalistas ao Premio Saunier Duval ao 11 Ideal Masculino son…

Finalistas Mediocampo Gala Futbol da Costa 2024
Os Finalistas ao Premio Saunier Duval ao 11 Ideal Masculino son…

Afrontamos a recta final desta temporada, e apenas quedan uns días para a IX Gala do Fútbol da Costa-QPC, que se celebra este venres 7 de xuño ás 20:30h no Multiusos de Santa Comba. Anunciamos pois os e as finalistas que, despois do sistema de votacións, optan aos grandes premios ás mellores do curso.

Continuamos co Premio Saunier Duval ao 11 Ideal Masculino, e o facemos pensando nese partido solidario celebrado no Pinguel aló polo Nadal dunha Selección da Costa que partía do 11 ideal do ano pasado.

Foron 75 os votos que deparan estes finalistas, entre os que sorprende, se cadra, que non haia xente do Sofán, pero é o que teñen as votacións abertas, pois a xente adoita votar o que ve. Si que hai moita presenza xalleira, tanto do Castriz como do Xallas, do Fisterra e Dumbría da 1ª, do Porteño, Cee, Muxía, Camariñas, Corcubión…

Finalistas ao Premio Saunier Duval ao 11 Ideal Masculino

Finalistas ao Mellor porteiro

Finalistas Mellor Porteiro Futbol da Costa QPC-2024

  • Mariolo (Porteño).
  • Coke (Castriz).
  • Iván Couto (Xallas).

Tamén levaron varios votos porteiros como MJ (Esteirana), Gardu (Sofán), , Pedro (Monte Louro), Xandre (Muros), Dani Gago (Outes), Anxo (Dumbría), Pablo Pose (Sofán B), Raúl (Lira), Pereiras (Zas), Brais (Sofán), Jose Domingo (Muxía), Bruno (Corcubión), Rubén (Coristanco) e Brais Vázquez (Oza).

Finalistas á Mellores Defensas (3)

Finalistas Mellor Defensa Futbol da Costa QPC-2024

  • Pablo Paz (Dumbría).
  • Breixo (Fisterra).
  • Michael (Muxía).
  • Kanario (Dumbría).
  • Brais Mouzo (Porteño).
  • Fabián (Castriz).

Hai unha lista interminable de votacións, entre os que destacaron con varios votos xentes como: Alex Sánchez (Dumbría), Damián (Baio), Code (Esteirana), Becerra (Sofán), Dani Chao (Dumbría), Pejo (Porteño), Elvis (Castriz), Jonathan Fraga (Coristanco), Luca (Ponteceso), Fran Pose (Mazaricos), Roberto Amoedo (Lira), Brais Pereira (Soneira), Ramón (Xallas), Sergio (Cabana), Marcos Mouro (Castriz), Maikol (Baíñas), Fuentes (Corcubión), Diego García (Malpica), Simón (Esteirana), Isaac (Lira) ou Martín (Corcubión).

Finalistas aos Mellores Mediocampistas (4)

Finalistas Mediocampo Gala Futbol da Costa 2024

  • Bieito (Baio).
  • Eze (Cee).
  • Iván Facal (Castriz).
  • Mayor (Porteño).
  • Doro (Xallas).
  • Iago Lema (Corcubión).
  • Adrián García (Castriz).

Moi preto de colarse entre os finalistas estiveron os Sandelo (Mazaricos), Richi (Soneira), Parafita (Sofán), Lucas (Corme), Lucas Toba (Dumbría), Baba (Dumbría), Mauro Romaní (Muxía), Alan (Porteño), Javi Suárez (Zas), Alberto Recarey (Ponteceso), Toño (Castriz), Pesco (Volantes), Víctor Alcaina (Muxía), Rachón (Mazaricos), Darío (Porteño) ou Chumiko (Mazaricos).
Tamén aparecen na lista outros como Braian (Sofán), Moriño (Camariñas), Dani Mato (Zas), Martín Pereira (Sofán), Riki (Monte Louro), Marcos (Mazaricos), Martín Puente (Ponteceso), Iago García (Soneira), Redondo (Nantón), Aday Mato (Malpica), Alberto Mata (Castriz) ou Nando (Corcubión).

Finalistas aos Mellores Dianteiros (3)

Finalistas Dianteiros Gala Futbol da Costa QPC 2024

  • Diego Estévez (Fisterra).
  • Bruno (Cee).
  • Sebas (Castriz).
  • Alejo (Corme).
  • Manu Nogueira (Muxía).
  • Djibril (Camariñas).

Faríamos moitas seleccións tamén co resto de dianteiros que recibiron unha boa cantidade de votos: Brais Tajes “Chipi” (Porteño), Isaac Fábregas (Fisterra), Juanjo (San Lorenzo), Mario (Camariñas), Fran Moreira (Muxía), César Lojo (Corcubión), Adrián Vázquez (Sofán), Vía (Soneira), Ibra (Malpica) ou Sergio Barbeira.
E tamén aparecen na lista: Mario (Dumbría), Martín Pereira (Sofán), Adrián Makaay (Fisterra), Miguel (Cabana). Basti (Soneira), Pablo Leis (Lira), Javi Souto (Sofán) e Charro (Seaia).

Máis novas da Gala

Comentarios