Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Fontenla acollerá a primeira edición da Supercopa

SuperCopa da Costa e Sar
Fontenla acollerá a primeira edición da Supercopa

SD Fisterra, como capión da Copa da Costa, e SD Tordoia, como Campión da Copa do Sar, enfrontaranse o vindeiro domingo 4 de setembro en Fontenla na primeira SuperCopa organizada por Clínica de Fisioterapia e Osteopatía Nando Muíño de Carballo para a RFGF. A cita a partir das 18:30h.

Os protagonistas

Dous meses máis tarde, a Sociedade Deportiva Fisterra regresa a un lugar moi especial, posto que Fontenla foi testemuña de excepción da consecución da súa cuarta Copa da Costa e farao para disputar esta nova Supercopa na que poderemos ver o que nos deparará o proxecto dun renovado equipo con respecto á pasada tempada; comezando polo banquiño onde volverá a sentarse un home da casa como é Ángel López, quen volve ao Ara Solis para dirixir ao conxunto dos seus amores nun novo ano na Preferente Galicia.

Por outra banda, unha Sociedade Deportiva Tordoia que, ao contrario que o seu rival nesta Supercopa, ten unha dinámica continuista posto que renovou á totalidade do seu plantel, excepto a dous xogadores (Rubén Fariña e Ché); aínda que se reforzou coa incorporación de catro futbolistas (Raúl Varela, Diego Ferreiro, Iago López e Álex Costa).
O cambio máis notable é o que se deu no banquiño, onde Santi Cambón colle o relevo de Dani Calvete, despois do seu paso polo fútbol base do Bergantiños e o San Lorenzo de Verdillo; para afrontar unha nova e ilusionante tempada na Primeira Galicia.

Comentarios