Domingo. 28.04.2024
El tiempo

FSF: 4 de 4 para o Fisober

Barca e Paula nun partido do Fisober no Conco
Barca e Paula nun partido do Fisober no Conco
FSF: 4 de 4 para o Fisober

Non baixa o pistón o Fisober decidido este ano a acadar o ascenso. O cadro de Fran Toba logrou un novo triunfo no Municipal de Moaña despois de remontar un gol local e segue a sumar os seus encontros por triunfos na competición.

LIGA AUTONÓMICA - PREFERENTE GALICIA XORNADA 4

  • Resultado: AS BARXAS MOAÑA FS - FISOBER FSF (1-5).
  • FISOBER: Sharay, Patri, Adriana, Ana, Barca; tamén xogaron: Paula Fandiño, Nuriña, Myrella, Saray, Andrea.
  • Goles: 1-0 min 4 Alba, 1-1 min 15 Andrea, 1-2 min 16 Adriana, ( descanso) , 1-3 min 26 Barca, 1-4 min 31 propia porta, 1-5 min 35 Patri.

Saíu a pista o conxunto visitante moi espeso e aínda que dominaba o partido e tiña ocasións non as concretaba. E aos 4 minutos unha contra local era rematada por Alba para poñer en vantaxe as locais na súa primeira saída. As costeiras seguiron co seu dominio pero sen acerto. Ata que no minuto quince Andrea facía a igualada. E sen case tempo para celebralo, un minuto despois era Adriana a que poñía as costeiras por diante.

A volta de vestiarios todo continuou igual con dominio do Fisober e cas locais intentando saír a contra. No minuto 26 Barca facía o terceiro gol para as costeiras o que lles dou xa tranquilidade. Despois mediada a segunda metade un gol en propia porta desfacía totalmente o partido. Patri pechaba o resultado a cinco para o fin, co un a cinco definitivo.

A vindeira semana chega a Dumbría o Fervenza, un recén descendido de 2ª División Nacional.

MÁIS CRÓNICAS DO FSF.

OUTRAS NOVAS DO FUTFEM

Comentarios