FSF: 4 de 6 para o Fisober na finde mentres o Amarelle Santa Comba comeza a segunda fase con vitoria

Doble xornada disputaba o Fisober esta fin de semana, colleitando unha vitoria na casa nun choque adiado no seu día, e un empate en Bertamiráns. As dumbriesas están 5ª na táboa.
Ademais, o Amarelle Santa Comba arrincaba ano Pavillón de Fontenla a segunda fase da 1ª Autonómica e o facía como remataba a primeira, vencendo.
PREFERENTE GALICIA-LIGA AUTONÓMICA, xornada 14
- RESULTADO: FISOBER FSF – A FERVENZA B (7-4).
- FISOBER: Sharay, Adriana, Paula Fandiño, Saray, Uxía ; tamén xogaron: Lucía Martínez, Carre, Claudia, Ana, María Dumbría, Nuriña.
- Goles: 1-0 min 3 Saray, 2-0 min 7 Carre, 3-0 min 9 Paula Fandiño, 4-0 min 14 Paula Fandiño, 4-1 min 17 Laura, 5-1 min 19 Uxía, 5-2 min 19 Irene, (descanso), 5-3 min 23 Sofía, 6-3 min 31 Uxía, 7-3 min 32 María Dumbría, 7-4 min 39 Sofía.

O Fisober acadaba tres importantes puntos no partido aprazado, no que as mellores noticias foron o debut da cadete Claudia e a volta da capitana Ana despois de moitas semanas apartada por lesión.
As costeiras saían co control do partido, marcando dende o inicio e facendo tres goles en cinco minutos antes do descanso para martar o partido.
PREFERENTE GALICIA-LIGA AUTONÓMICA, xornada 20
- RESULTADO: F.C. MEIGAS – FISOBER FSF (1-1).
- FISOBER: Sharay, Adriana, Paula Fandiño, Uxía, Saray; tamén xogaron: Ana, Carre.
- Goles: 1-0 min 9 Ángela, (descanso), 1-1 min 23 Paula Fandiño.

Partido moito máis apretado o xogado na tarde do domingo en Bertamiráns, na casa das 3ª clasificadas. As locais saían de inicio co xogo de cinco para sorprender. As costeiras aguantan atrás e cando teñen o balón intentan ter posesións longas. As locais non crean perigo. Así ían pasando os minutos sen moitas cousas que contar. Ata que mediada a primeira metade despois dun saque de esquina, un tiro e un rexeite Ángela pon en vantaxe as locais.
Co gol desperezou o Fisober e Paula Fandiño, Ana e Carre tiveron cadansúa ocasión. A mellor ocasión no inicio do segundo tempo foi un balón ao longueiro das locais. Pero a resposta costeira foi por mediación de Paula Fandiño que lograba a igualada.
A vindeira semana chega o filial do Viaxes Amarelle a Dumbría.
1ª Autonómica, Liga Regular A, xornada 1
- Resultado: Amarelle Concello de Santa Comba - UD Pastoricense (4-2)
- Amarelle Concello de Santa Comba: Eva Iglesias, Elsa, Andrea, Nuria, Lidia (cinco inicial), Tania, María, Eva Lema, Ge.
- Goles: 0-1 Sara (min. 5); 1-1 Nuria (min. 12); 2-1 Eva Lema (min. 22); 2-2 Miriam (min. 30); 3-2 Nuria (min. 32); 4-2 Tania (min. 35).

O equipo xalleiro do Amarelle Concello de Santa Comba, dirixido por Nacho Tuñas, volvía ás pistas de fútbol sala e facíao cunha vitoria. O partido empezaba cun cadro amarelo levando o peso do partido e buscando a portería contraria; mentres que o UD Pastoricense optaba por unha defensa en media pista e intentar sorprender á contra; e as visitantes conseguiron sorprender aos seis minutos de xogo, cando roubaron un balón en primeira liña e no un para un coa porteira xalleira, Sara adiantaba ao UD Pastoricense no partido. O Amarelle Concello de Santa Comba continuaría elaborando, pero a defensa visitante resistíaselle, ata que na medianía do primeiro tempo, Nuria conseguía poñer o 1-1 no marcador cun disparo exterior potente. Os minutos pasaban, e a escuadra xalleiras buscaba o gol que lle puxese por diante no marcador, pero este fíxose esperar ata o tramo final da primeira metade, cando Eva Lema subía o 2-1 ao luminoso.
A segunda metade comezaba cun Amarelle Concello de Santa Comba moi metido no partido e buscando o gol desde o primeiro momento; pero serían as visitantes as que aproveitarían un erro das locais para poñer a igualada no marcador aos cinco minutos. O gol sentou como un xerro de auga fría nas locais, que reaccionaron devolvendo o gol uns segundos máis tarde, cando Nuria rouba un balón en cancha propia e cun potente disparo desde 16 metros consegue sorprender á porteira do UD Pastoricense e subir o 3-2 ao marcador. E apenas uns minutos máis tarde, unha xogada elaborada das xalleiras acabaría cun balón a Tania dentro do área que a tocaba para subir o 4-2 a o marcador.

Máis información
- Clasificación do Fisober da Preferente Feminina.
- Clasificación do Amarelle Santa Comba na 1ª Autonómica.
Novas do FSF
- FSF: O Fisober non puido sumar ante o Lieders.
- FSF: O Fisober consegue endosarlle a primeira derrota ao líder e o Amarelle Santa Comba segue imparable.
- FSF: O Fisober afianza un empate no Carballiño que alonxa o perigo.
- FSF: O Fisober escapa do perigo dende Vigo.
- O Fisober despide o ano con sorriso.
- FSF: As televisivas do Fisober volven cun empate de Vigo.
- FS: O traveseiro evitou alegrías para Fisober e Villa de Cee.