luns. 02.12.2024
El tiempo

FSF: Set e partido

Carre co Fisober
Carre co Fisober
FSF: Set e partido

O Conco viviu este domingo un partidazo das rapazas do Fisober que sumaron a súa cuarta vitoria consecutiva ante as pechacancelas, que as deixa na 2ª praza, a 3 do Riberia Lieders e 2 por riba do Academia Red Blue, que ten un partido menos.
A vindeira semana as costeiras visitan Vilalba unha das súas bestas negras da competición.

Preferente Feminina, Gr.A, x.9

  • Resultado: FISOBER F.S.F. - ADC BURELA PESCADOS RUBÉN (6-1)
  • FISOBER: Sharay, Carre, Paula Fandiño, Mai, Ana; tamén xogaron: Lucía Martínez, Lía, Adriana, Nuriña, Saray, Lucía Canosa.
  • Goles: 1-0 min 10 Adriana, 2-0 min 15 Paula Fandiño, 3-0 min 19 Adriana (descanso) 4-0 min 29 Martínez, 4-1 min 35 Cristina, 5-1 min 35 Saray, 6-1 min 37 Nuriña.

O partido arrancou co Fisober co balón e cun Burela presionando moi arriba. De feito a primeira ocasión foi para as visitantes cun lanzamento a dez metros que despexa Sharay, un balón ao pau e unha acción defensiva de Paula Fandiño salvando un tanto baixo paus.

Pouco a pouco ía respondendo o cadro dumbriés e mediada a primeira metade unha xogada de Mai remata co tiro desta e no rexeite Adriana é a máis lista para anotar o primeiro gol das costeiras. Pouco pasou no partido ata que no minuto quince Paula Fandiño atopaba cunha volea un balón a rexeite de tiro de Nuriña para facer o segundo gol local. E cando xa esmorecía a primeira metade Carre cedía para que Adriana fixera o terceiro antes de ir a vestiarios.

No inicio da segunda metade a primeira ocasión era para Lucía Martínez. Pouco despois era Paula Fandiño a que envíaba para que Ana rematara co calcaño. Tocaba o protagonismo para Lucía Martínez cunha dobre ocasión que non chegaba a bo porto. E tanto foi cántaro a fonte que mediada esta segunda metade Lucía Martínez marcaba o seu primeiro gol na categoría para facer o cuarto da tarde. Despois do gol foi Mai a que tivo unha boa ocasión a reviravolta ao borde do área. Quen respostou foi o conxunto visitante cun tiro exterior cruzado de Cristina para facer o gol. E as visitantes non se rendían e poñían en moitos apretos a Lía que tiña que respostar cunha dobre ocasión. Pero para tranquilizar a parroquia local Saray sacouse unha xogada individual para finalizar cun tiro exterior arriba. E para finalizar Nuriña facía o sexto con esta fermosa vaseliana sobre a porteira visitante.

Golazo de Nurina co Fisober

Categorías Infariores

Só o Infantil Masculino competía esta fin de semana xa que tanto o cadete feminino coma o masculino tiñan xornada de lecer. Foi na Liga Autonómica Infantil Masculina no grupo Norte C 1ª fase, e o Fisober visitaba dentro da 9ª xornada ao O Esteo F.S. no P.M. As Pontes con triunfo costeiro por 2 a 6.
Polo Fisober formaron: Brais, Pablo Costa, Adrián, Suso, Álex ; tamén xogaron: Diego, Javi Lema, Julián, David, Eloy Figueroa, Pablo Taboada. Os goles costeiros foron obra de Pablo Costa en dúas ocasións, Pablo Taboada en dúas ocasións, Álex e Javi Lema.

Infantil Masculino do Fisober

Novas relacionadas

Crónicas do FSF

Comentarios