Martes. 19.10.2021
El tiempo

Futfem: O Bergan fixo valer a súa experiencia e físico ante o Cerqueda no primeiro derbi comarcal

Momento do gol do Bergan nas Eiroas
Arco da vella sobre o derbi das Eiroas
Futfem: O Bergan fixo valer a súa experiencia e físico ante o Cerqueda no primeiro derbi comarcal

Cuarta xornada da 2ª División Feminina, con 3 vitorias e unha derrota para as nosas. Derrota precisamente no derbi bergantiñán, entre un Bergantiños e un Cerqueda que mediron forzas nas Eiroas, saíndo gañadoras as máis veteranas.

O Cee tamén vencía por 0-1 ao Noia, que chegaba a só 2 puntos, polo que afianza o seu liderato, sumando uns números espectaculares nas 4 primeiras xornadas.
Pola súa parte, as Miúdas seguen quecendo motores e xa venceron en Santiago ao Victoria.

 

2ª División Feminina, Gr.B, xornada 5

  • Resultado: Bergantiños - Cerqueda (4-0)
  • Bergantiños: Andrea, Sabrina, Seo, Lorena, Alba, Noelia, Eva, Laura Caamaño, Claudia, Yaiza e Bárbara. Tamén: Laura Torrado, Cruz, Isa, Saskia e Carla.
  • Cerqueda: Lidia, Mónica, Paula, Lucía Canosa, Almu, Raquel, Ana, Eva, Uxía, Lucía Dourado e Lorena. Tamén: Nuria, Michelle, Paloma e Nayara.
  • Goles: 1-0, m.63: Cruz; 2-0, m.70: Alba; 3-0, m.71: Isa; 4-0, m.90: Laura Caamaño.

Ata o m.70 aguantaron as malpicás nas Eiroas ante un potente e moi rodado Bergantiños, nun partido moi fermoso para o centenar de espectadores que quixeron ver este primeiro derbi. O cadro de Jorge Guillamet, consciente das grandes dimensións do campo, formulou o partido dende atrás, deixando que o Bergantiños levase o control do partido, e ten algunha que outra ocasión, nos pés de Bárbara, Yaiza, Noe, Alba ou Laura. Aguantaban as visitantes as embestidas das de Gueli cun inmenso traballo de equipo en defensa.

Continúaba a mesma tónica no segundo tempo e as carballesas cansaban e cansaban ás cerquedá. Cruz abría a lata tras unha combinación de Alba e Yaiza, e pouco despois de rompía o partido con dous tantos, practicamente consecutivos de Alba (que aproveitou un rexeite de Lidia a tiro de Bárbara) e Isa (tras un gran pase de Claudia). A partir de aí o partido calmouse, o Bergan facía o cuarto sobre o pitido final e remate á primeira festa do fútbol bergantiñán feminino.

 O Bergan Feminino nas Eiroas
Momento dun dos goles das vermellas

2ª División Feminina, Gr.C, xornada 5

  • Resultado: Victoria - As Miúdas (0-2)
  • As Miúdas: Laura; Sofía, Marcela, Mariña, Pau; Ainoa, Marta, Leti, Gala; Saray (Liana) e Pati.
  • Goles: 0-1, m.68: Liana; 0-2, m.80: Gala.

Gran partido do equipo de Juan Carlos, cunha primeira metade de moito control, coas xogadoras muradás moi ben colocadas sen deixar apenas chegar á súa área ás santiagusesas, e algunha ocasión, incluído un tiro ao pau.

Na segunda parte as locais igualaron a contenda e apretaron algo máis. Pero o cadro muradán seguía golpeando e no ecuador Liana abría o marcador tras un bo roubo en campo contrario. O Victoria volcábase e as Miúdas contratacaban con moito perigo, e foi Gala, cun tiro dende fóra da área, a que sentenciaba a 10 do final.

 

2ª División Feminina, Gr.C, xornada 5

  • Resultado: Noia - Cee (0-1)
  • Cee: Noemí, Lucía Rod., Lucía Barreiro, Alba, Nerea, Lucía Canosa, Marta, María Lijó, Sharay, Sara, Lucía Martínez. Tamén: Lucía Facal, Laura Blanco, Uxía Lema, Antía e Ruth.
  • Gol: 0-1, m.65: Sara.

Visitaban as de Rafa Suárez o campo das segundas clasificadas, e facíano algo cansas e con algunhas baixas, polo que non se atoparon cómodas en ningún momento. Foi un partido trabado e con moitas imprecisións no que en ningún momento foron capaces de impoñer o seu xogo e tampouco estiveron finas cara gol. Por exemplo, Lucía Martínez nun córner na primeira metade non acerta a rematar debaixo dos paos e na segunda Nerea xogando de dianteira improvisada tivo un claro man a man que parou a porteira local.
Nun novo man a man de Nerea volveu a parar a porteira pero o rexeite chegou a Sara que fixo 0-1 que foi definitivo. Nos últimos minutos intentouno o Noia pero a falta de precisión no remate e as paradas de Noemí evitaron o empate. Resultado moi importante que deixa ás costeiras cunha vantaxe significativa na loita polo título.

 

Crónicas do FSF

 

Crónicas do FutFem

comentarios