luns. 11.11.2024
El tiempo

#FutFem: O Bergan golea e os outros 5 equipos preparan o comezo de tempada

Presentacion do  Bergantinos Feminino
As Eiroas acolleu a presentación da sección feminina do Bergantiños ao completo
#FutFem: O Bergan golea e os outros 5 equipos preparan o comezo de tempada

Esta fin de semana ponse en marcha o Fútbol Feminino ao completo no Fútbol da Costa. 6 equipos en competición este ano, en diferentes categorías, tralo histórico ascenso do Bergan á 1ª División.

Hai unha aposta xeral pola continuidade, con 4 adestradores que repiten (Gueli e René no Bergan; Jaime no Cerqueda,; Juan Carlos nas Miúdas; e Rafa no Cee), o Mazaricos que cambia o corpo técnico (Borja Sueiro, Iván Baña e Luís Picaraña relevan a José Ángel, que seguirá apoiando na sombra), ademais da estrea do Xallas de Rupper e Eloy.

Facemos un completo repaso para ver como vai o Bergan na 1ª, como están os 4 equipos da 2ª División Feminina (xa co calendario inserido en www.futboldacosta.com, e como afronta o Mazaricos o comezo de tempada no F8.

O Bergan de Gueli e René

Xa disputou a 2ª xornada o Bergan Feminino na súa estrea na 1ª División Galega, e fixoo cunha nova vitoria situándose ademais de líder. As de Gueli e Renén foron moi superiores ao Tordoia, que demostraron así e todo estar moi traballadas. As carballesas venceron por 6-1 e xa na primeira metade foron chegando os goles de Alba de vaselina, Lara López e Elena de falta. Na segunda os adestradores repartiron minutos e os tantos serían para Alba de peenalti, Elena nun córner e Cruz.

A xornada serviu ademais para facer a presentación da sección feminina ao completo. Ademais das do primeiro equipo, acodiron vestidas coa equipación oficial as rapazas dos equipos da categoría de Proimesas e do equipo sénior B, no que foi unha fermosa festa do FutFem nas Eiroas.

Foto de familia do Bergan Feminino

O Cerqueda de Jorge Guillamet

Cerqueda Feminino 21-22 copia

O cadro malpicán ten 8 altas, de xogadoras que xa xogaron a fútbol ou fútbol sala aínda que só 2 veñen de estar en activo, pero tamén 6 baixas. Suman así 19 xogadoras, baixando a idade media pois tamén contan cunha rapaza en idade infantil, 4 cadetes e 2 xuvenís entre o grupo.

Pero “a verdade é que subimos un pouco o nivel técnico do persoal, é certo que van competir contra xente maior que elas pero cremos que pode ser un ano de bastante progresión para o grupo”, asegura Jorge con esperanza.

O Xallas de Rupper e Eloy

Xallas feminino

Xa as coñecíamos hai un mes, e agora xa están moi ben fisicamente, pero vailles faltar a experiencia de saber competir. “Seguro que algún día pagamos a novatada”, recoñece Rupper, pero a intención é que as 23-24 rapazas (entre as que hai varias cadetes e infantís que xa estaban nos equipos mixtos de base do club) “saír coa máxima ilusión a facelo o mellor posible”.

As Miúdas de Juan Carlos

Trala milagre que salvou o equipo este ano, as pioneiras muradás afrontan a súa 5ª temporada con 16 fichas e adestrando a tope. Se ben hai 5 baixas de xogadoras importantes, contan con 7 altas, varias infantís, pero van intentar competir a tope.

O Cee de Rafa

Despois da fantástica temporada pasada o club ceense afronta outro curso con moita ilusión. Rafa conta practicamente co mesmo equipo con apenas altas: Naiara que vén da canteira e Sabela que se estrea no mundo do balón. Todas coa ilusión instacta de volver gañar a Liga

O Mazaricos de Borja Sueiro, Iván Baña e Luís Picaraña

Volven saír en F8 as amarelas, este ano da man deste novo trío técnico. O cadro conta con 15 xogadoras, tralas baixas de Ainara, Alicia; Jenny Rial, Miriam Carreira e Alba Suárez (que deixan o fútbol), Inés, Rita e Yolanda (que ficharon polo novo Xallas por ser da zona) e Iza (que marchou á Coruña e fichou polo Sporting Burgo). Cas altas de Carla, Claudia, Natasha e Lucía Seijas (procedente do Noia), o club afronta esta nova tempada con moitas gañas.

Xa levan unha temporada longa e de feito aínda non saiu o calendario. Xa tiveron amistosos varios, cun equipo bastante novo pero moi unido que intentarán dar unha gran alegría á parroquia amarela.

 

Novas do #FutFem

Comentarios