Martes. 21.05.2024
El tiempo

FUTFEM: O Cee non puido frear ao Calo e o Cerqueda e Corme queceron motores para o derbi de peche

Cerqueda-Corme feminino-Foto-Fin Lema 1
Cerqueda-Corme feminino-Foto-Fin Lema
FUTFEM: O Cee non puido frear ao Calo e o Cerqueda e Corme queceron motores para o derbi de peche

Penúltima xornada da 2ª División Feminina, e as aspiracións do Xallas de acadar o título esfumáronse no San Paio de Refoxos. O líder Calo puido tamén co Cee proclamándose campionas de Liga. Quedan xalleiras e ceenses, así como as dumbriesas, clasificadas para a Promoción de Ascenso á 1ª División.

Mentres, no Norte, Cerqueda e Corme protagonizaron un fermoso derbi que serve para preparar o fermoso espectáculo que se vivirá no Cairo este sábado ás 18:00h co Corme-Ponteceso.

 

2ª Division Feminina, G.2, xornada 25

Cerqueda - Corme (2-3)

  • Cerqueda: Valeria, Jimena, Lucía, Mónica, Tati, Pauliña, Irene, Raquel, Mariña, Isa, e Inés. Tamén: Uxía, Sonia, Lorena, Vane e Andrea.
  • Corme: Carmen, Ana, Laura, Aroa, María; Cris, Irene, Ana, Nati, Carla e Naroa. Tamén: Carla Vázquez, Candela, Salomé e Aurora.
  • Goles: 1-0, m.8: Mónica; 1-1, m.19: Ana; 2-1, m.30: Pauliña Veiga; 2-2, m.44: Nati, 2-3, m.53: Ana.

Cerqueda-Corme feminino-Foto-Fin Lema

Fermoso derbi en Buño con moita xente nas bancadas, demostrando a gran afección que está xerando o fútbol feminino na comarca de Bergantiños. Un choque no que o Cerqueda certificou o seu proceso de melloría facendo sufrir a un Corme que tamén fixo un bo partido nun duelo disputado, cheo de deportividade e emoción ata o final.

Primeira metade chea de alternativas, cun cadro local que se metía dúas veces por diante, obrigando a remar ás cormelás. O empate ao descanso deixaba o partido aberto para a segunda.

Saíu mñais dominador o equipo de Rubén Souto, apretando arriba e marcando pronto, nun córner, o 2-3, gracias aos tantos de dúas habituais asistentes como Ana e Nati. Pero as de Dani Reixía non se deron por vencidas e pelexaron ata o final.

Ponteceso - Curtis (5-0)

  • Ponteceso: Noelia, Eva, Muíño, Myrella, Ainhoa, Noe, Miriam, Virginia, Berdeal e Silvia. Tamén: Colores, Alba, Lucía Vila, Laura Ramos e Laura Rod.
  • Goles: 1-0, m.4: Muíño; 2-0, m.30: Myrella; 3-0, m.47: Virginia; 4-0, m.64: Virginia; 5-0, m.68: Virginia.

Comezaron as de Curro moi ben posicionadas no terreo de xogo, facéndose donas do balón, e adiantándose xa aos 4 mimnutos cun gran disparo de Muíño dende a frontal. Só había un equipo sobre o terreo de xogo, e tras moitos avisos, tras unha xogada de estratexia ensaiada, remataba a gol no segundo pau a kaiser Myrella.

E na segunda, sobresaíu a figura da atacante Virginia, que conseguiu facer tres goles nos vinte primeiros minutos do segundo tempo facéndolle costa arriba o encontro ás rapazas de Curtis.

 

2ª Division Feminina, G.4, xornada 25

Cee - Calo (1-5)

  • Cee: Noemi, Lucía Rod., Laura, Alba, Nerea, Andrea, Saray Duarte, María Lijó, Ruth, Uxía e Lucía Martínez. Tamén: Lucía Facal, Sharay Caamaño, Lucía Caamaño, Antía e Nayara.
  • Goles: 0-1, m.6: Aurora; 0-2, m.17: Aurora; 0-3, m.35: Laura Lema; 1-3, m.52: Nerea; 1-4, m.65: Nerea Coello; 1-4, m.88: Laura Seoane.

”Tocou pinchar para aprender”. Saía con experimentos o Cee e pagouno de contado. Os nervios palpábanse nunhas ceenses que se xogaban o subcampionato, e xa aos 5 minutos as líderes superaban as liñas ceenses e abrían o marcador. O cadro de Teo, moi forte, dominaba o tempo do partido e pronto facía o segundo tras un erro da defensa local. Tivo bos minutos aí o cadro azulón, cunha boa ocasión e apretando moito á saída do balón, e pasando a dominar.

Saíron ben na segunda as ceenses e conseguían recurtar nunha fermosa xogada culminada por Nerea, pero pronto chegaron dous tantos máis que deixaban o partido, e o campionato, sentenciado para as de Teo.

Xallas - Praíña (1-0)

  • Xallas: Rosio; Laura, Rita, Saskia, Andrea Otero; Luchy, Andrea Barbeira, María; Olalla, Yasmina e Alicia. Tamén: Leti, Inés, Nuria, Maite e Paula Barcia.
  • Gol: 1-0, m.70: Yas

Partido apático e con pouco ritmo das xalleiras, que lles costou meterse no partido, xa que sabían que o Calo vencera en Cee e xa se proclamara campión de Liga.
O Xallas chegou co 0-0 o descanso e aí sí que se fixo borrón e conta nova para que na segunda metade se vira outro Xallas maís ordenado e con peligro nas súas transformacións, nunha delas Yasmina, quen se non, transformaba o gol que daba tranquilidade e o subcampionato desta segunda liga na que participa o cadro dun orgullosísimo Rupper.

Dumbría - Vista Alegre (8-1)

    Dumbría: Lissette, Icía, Carril, Noa, Antía, Fandi, Kelly, Claudia, Ainoa, Sabela e Juliette. Taén xogaron: Yoli, Naira, Sara, Lucía e Paula Rodríguez.
  • Goles: Paula Fandiño (3), Juliette, Kelly, Yoli e Claudia (2).

Bonito fin de liga o que brindaron as Dumbriesas á sua afición no último partido no Conco. Con 9 baixas, pero con tódalas ganas posibles xa antes do 1º minuto a capitana Fandi cabeceou á rede un saque de curruncho botado por Kelly. Pouco durou a alegría xa que unha indecisión da zaga con Lissette provocou o empate no minuto 4, pero o dominio do balón e do tempo de partido era plenamente local. Ainoa tuvo que abandonar o campo no minuto 20 tras un mal despexe mancando o seu nocello dereito dando entrada a Yoli. Antía, que volta ó equipo para aportar no tramo final, demostrou a claridade e calidade que ten, xogando de cara e facilitando o ritmo de xogo dende o centro da defensa.
Os goles foron sucedéndose.

As Miúdas - Rpos (3-2)

  • As Miúdas: Adriana, Elba, Alba, Marta Verán, Ana, Ximena, Paula, Marta Piñeiro, Marina, Bárbara e Sofía. Tamén: Claudia, Carlota, Clara, Gala e Naiara.
  • Goles: 0-1, m.12; 11, m.42: Bárbara; 2-1, m.44 Alba; 3-1, m.45: Ximena; 3-2, m.87.

Partido sufrido para as de Lucho, que comezaron perdendo moi pronto, tras uns minutos con moitos erros, pero souberon repoñerse. O treito final do primeiro foi espectacular, marcando 3 tantos. Pero A segunda parte xa foi moi dormida, con idas e voltas e só recurtaron aos visitantes no treito final, pero as muradás aseguran a 6ª praza.

Cacheiras - Mazaricos (5-0)

Mazaricos Feminino maio 2023

  • Mazaricos: Pedrosa, Claudia, Silvia, Fátima, Mariña, Antía, Hermida, Saray, Ánxela, Tamara, Bujan. Tamén xogaron: Leire, Romay, Paula R e Tajes.

Con moitas baixas chegaba o equipo de Borja Sueiro, e ante un dos de arriba, sufriron moito. Dominaban as locais pero as amarelas estaban ben situadas atrás, pero cada erro se pagaba caro pola eficacia das de Cacheiras.

 

Clasificación Gr.2

Clasificación Gr.4

MÁIS NOVAS DO FUTFEM

Comentarios