Venres. 26.04.2024
El tiempo

FUTFEM: Cóntanse derbis por empates mentres o Xallas volve meter a cabeza no alto

Miudas-Dumbria fem
O derbi entre As Miúdas e Dumbría foi dos que fan afección-Foto: Vet. Dumbría
FUTFEM: Cóntanse derbis por empates mentres o Xallas volve meter a cabeza no alto

Terceiro derbi do Dumbría e terceiro empate. Desta volta ante as Miúdas, que deixa aos dous equipos non moi lonxe da zona de arriba.

Pero a gran nota foi a colleitada polo Xallas de Rupper, que vecnía aun dos cocos, o Cacheiras, endosándolle a primeira derrota do curso. As xalleiras, aínda invictas co poderoso Calo (sufríu o seu poderío desta volta o Mazaricos) son os dous únicos equipos invictos e mandan na táboa.

2ª División, Gr. 2, xornada 6

Ponteceso - Ordenes (1-0)

11 do Ponteceso feminino

  • Ponteceso: María Lema, Lauriña, Lucía, Andrea Varela, Eva, Andrea Rod., Myrella, Ainhoa, Sabrina, Miriam e Silvia. Tamén: Noe Blanco, Mirian Pose, Noe Martínez, Laura Rod. e Virgi.
  • Gol: 1-0, m.56: Andrea Varela.

Capis do Ponteceso co colexiado fisterran Manu Trillo

Comezou a primeira metade cos dous equipos ben asentados no terreo de xogo sen un dominante claro. Avisaba o cadro de Curro cun tiro de Andrea ao cuarto de hora, pero o Ordes tamén tiña as súas chegadas á meta de María. Xa rematando a primeira metade, chegaría a ocasión mais clara a pase da morte de Andrea na que remataria Silvia e na que se luciu espectacularmemte a meta visitante chegando así co empate a ceros no marcador.

A segunda metade comezaba o Ponteceso dando un paso adiante, presionando arriba, roubando e finalizando, cunha boa ocasión de Lauriña. A ledicia ás bancadas do Pinguel chegaría cun golazo de Andrea tras unha xogada persoal.

Puideron ampliar a vantaxe, pero a meta local impediuno e as pondalianas sumaron a súa segunda vitoria sen demasiado sufrimento.

Ponteceso fem celebrando a vitoria
Ponteceso fem celebrando a vitoria

Corme - Abellá (0-1)

  • Corme: Belén; Lucia, Irene (Laura), Aroa, Vero; Olalla, Ana, Carla, Nati, Cris (Julia) e Naroa.
  • Gol: 0-1, m.23: de penalti.

Por mor dun penalto algo dubidoso (un balón ao ombreiro), o cadro de Rubén Souto deixou escapar 3 puntiños do Cairo. Foi un partido con dúas partes diferenciadas. Na primeira dominaron máis as visitantes, que non deixaban saír combinando ás cormelás, e se metían por diante.

Na segunda, cun paso adiante, o Corme pechou ao Abellá na súa área que acabou pedindo a hora.

O cadro está a competir con todos os equipos e de feito está superando un complicado “tourmalet” coas de arriba.

Cerqueda - Carral (1-10)

  • Cerqueda: Paula, Jimena, Pauliña, Tati, Irene, Raquel, Vanesa, Nuria, Inés, Isa e Mariña. Tamén: Mónica, Sonia e Carla.

Non deu opción o Carral ás locais, que aínda que non entraron mal ao partido pronto se viron por baixo no marcador. Coa importante baixa de Lucía Rodríguez, unha das capitás do equipo, disputou o Cerqueda unha xornada máis, onde unha das primeiras clasificadas visitaban Xaviña e pronto se encargaron de demostrar por que.

Sentenciaron o partido na primeira parte cun 0-7, e sumaron 3 máis na segunda parte demostrando que son candidatas a competir polo campionato, pola súa banda as locais conseguiron o gol da honra da man de Paula Veiga.

/nbsp;

2ª División, Gr. 4, xornada 6

As Miúdas - Dumbría (3-3)

  • As Miúdas: Adriana, Marcela, Laura, Marta, Marina, Sofía, Paula, Leticia, Clara, Pati e Bárbara. Tamén: Elba, Alba, Saray, Gala e Ximena.
  • Dumbría: Lissette, Noa, Paula, Eva, Martina, María da Carizas., Kelly, María Pérez, Fandi, Ainoa e Claudia. Tamén: Reyes, Paula, Juliette, Lucía e Sabela.
  • Gol: 1-0, m.10: Bárbara de falta directa; 1-1, m44: Martina; 1-2, m.46: Eva Lema; 2-2, m.53: Sofía; 3-2, m.55: Laura Sieira; 3-3, m.74: Ainoa.
Lesion de Lissette no As Miudas-Dumbria fem
O choque viuse marcado pola lesión de Lissette. Foto: Vet Dumbría

Fermos, fermísimo derbi o vivido no Eleuterio Balayo, outro dos que fan afección e van invitando á xente a ir aos campos ao ver o Futfem.
O partido xa quedaba sinalado dende o minuto 10, cando unha saída de Lissette provocaba a súa lesión, tendo que poñerse a xogadora de campo Sabela baixo paus. Nesa falta, Bárbara abría o marcador para as de Lucho.

Tiveron bos momentos aí o cadro muradán ata que o equipo local foi asumindo o mando e chegando cun tiro lonxano de Fandi (que coa luva do seu pé e a sáu cabeza dominou o partido),ou xogadas de Eva e María das Carizas. Foi Martina a que antes do descanso tras un centro lateral de Fandi cabeceaba á rede para rubricar o ansiado empate casi sin tempo para máis.

Miudas-Dumbria futfem

Á volta de vestuarios seguía mandando o equipo dumbriés e nun saque de esquina Eva supera a marca de Marcela elevándose e cabeceando á rede para impoñerse no marcador. Tería Kelly unha ocasión a porta baleira tras un rexeite de Adriana a unha internada de Ainoa pero con todo a favor cabecea alto.
Na seguinte xogada unha falta lateran a favor das Miúdas executada por Sofía poría o empate e so un minuto despois Laura volve a bater a Sabela nun despiste defensivo facendo o 3-2 .

Continuaron as visitantes movendo o balón de lado a lado, intentando entrar e tamén probando dende fóra. O partido púxose bronco e mesmo Gala foi expulsada, mentres as dumbriesas intentaban empatar, por medio doutra coñecida polo bando local, Ainoa.

Cee - O Pino (4-0)

  • Cee: Noemí, Lucía Rod., Ruth, Lucía Facal, Nerea, Lucía Canosa, Lucía Caamaño, Maria lijó, Sharay Caamaño, Andrea e Lucía Martínez. Tamén: Alba, Laura, Nayara e Antía.
  • Goles: 1-0, m.36: Lucía Canosa; 2-0, m.45: Lucía Caamaño; 3-0, m.60: María Lijó; 4-0, m.75: María Lijó.

Partido tranquilo para o Cee a pesar de ter un rival moi forte. Pero as ceenses atoparon por fin, tras varias semanas sen facelo, o seu xogo, estiveron moi cómodas, combinando ben polo medio e mantendo a meta a cero.

As locais dominaron o balón e completaron un partido redondo.

Calo - Mazaricos (15-0)

  • Mazaricos: Pedrosa, Claudia, Saray, Valeria Gascó, Antía, Tamara, Silvia, Ánxela, Iria Buján, Daniela, Jirra. Tamén xogaron: Araceli, Valeria Romay, María Antelo, Katia e Fátima.

Partido con pouca historia fronte o mellor equipo co se atoparon polo de agora as de Borja Sueiro. Probablemente un equipo que non é desta categoría e que durante todo o partido tivo o dominio completo do xogo.

Xallas - Cacheiras (3-1)

  • Xallas: Rosio; Laura, Rita, Saskia, Alí; María, Luchy, Andrea Otero; Olalla, Andrea Barbeira e Yasmina. Tamén xogaron: Leti, Paula Barcia, Inés, Yaiza e Nuria.
  • Goles: 1-0, m.16: Olalla; 1-1, m.25; 2-1, m.47: Olalla; 3-1, m.49: Olalla.

O Xallas FEM envia animos a Michelle

Partido pasado por auga no Municipal de Fontenla, no que as xogadoras xalleiras saían enviando unha mensaxe de alento á compañeira Michelle, lesionada no derbi da semana pasada.

Comezou moi ben o equipo verde e a primeira foi para Yasmina despois de desbaratarse da súa marca regateaba a porteira... e fixo o máis difícil... non marcar cando tiña a portería valeira. Pero sería Oli que despois dunha boa triangulación entre Luchy, Andrea e ela mesma entrando dende atrás batía a porteira do Cacheiras para adiantarse no marcador.
O Cacheiras subiu liñas e tivo varias chegadas con perigo pero entre Rita e a porteira Rosío non lles deixaron rematar ben con claridade a faena.
Nunha desas chegadas a porteira local cometía unha infracción ao coller balón dúas veces coa man e neste libre indirecto facía o empate o Cacheiras chegando así o descanso.

Na segunda parte as xalleiras saíron moi metidas e nas primeiras chegadas un balón en profundidade chegaba os pés de Oli que definía a perfección ante a saída da meta visitante. Cun Fontenla entregado a causa e con un diluvio case universal o equipo visitante costoulle moito combinar e non tivo chegadas con claridade. Si xa o Cacheiras lle costaba, o terceiro gol da noite a balón parado foi o culmen o gran partido das xalleiras.

 

Liga F7, Gr. A Coruña A, xornada 4

Torre B - Corcubión (1-7)

  • Corcubión: Elena, Vivi, Claudia, Noa, Ana, Cubelo e Maruxa. Tamén xogaron: Cris Sendón, Marta Santiago, Carla Lema e Paula Galindo.
  • Goles: Ana Sierra (2), Noa (3), Maruxa Romero, Galindo.

O UD Corcubión Feminino segue crecendo a pasos axigantados con esta terceira vctoria consecutiva. Pese a que as condicións atopadas nas instalacións da Torre non eran de todo óptimas e entraron ao campo sen apenas ter a posibilidade de quentar, as corcubionesas foron collendo confianza a medida que ía sucedéndose o partido.
O primeiro gol chegou con Ana Sierra, quen tamén marcou o segundo. Destacar, ademais, o hat-trick de Noa, a volta de Galindo ao campo co cuarto gol para o equipo, e o primeiro gol en liga de Maruxa Romero.

A Tribuna FUTFEM

Máis crónicas do #FUTFEM

Táboa do Gr.2 da 2 Div.- Fem

Táboa do Gr.4 da 2 Div.- Fem

Comentarios