FUTFEM: Mellorando para evitar erros
A nota que queda desta terceira semana da 2ª Feminina é que os equipos menos potentes van collendo ritmo e experiencia, e aprendendo que os erros costan caros. Así notaron equipos como o renovadísimo Cerqueda, o Ponteceso (o único que queda aínda sen puntuar) ou Mazaricos, que segue mellorando a bo ritmo e esta derrita só foi pola mínima.
Polo Sur, Cee e Xallas se manteñen no alto da táboa e xa van vendo a potencia de equipos como o Cacheiras (que superou ao Dumbría en madurez) ou o Calo.
2ª Div. Feminina, Gr.2, xornada 3
Corme - Pastoriza (1-5)
- Corme: Belén, Nati (Ana), Aroa (Irene), Laura, Vero; Ana (María) Olalla, Carla, Cris (Cecilia) Naroa e Julia.
- Goles: 0-1, m.13; 0-2, m.37; 0-3, m.66; 0-4, m.79; 1-4, m.86: Naroa; 1-5, m.90.
Un dos candidatos ao título pasou polo Cairo e levou os puntos. O Pastoriza estivo moi serio, coas ideas claras e grandes individualidades, e soubo aproveitar os regalos dun plantel en formación. Competían ben as locais pero un erro na saída do balón deixaba o partido de cara para as visitantes. Á media hora era un mal despexe o que permitía ás visitantes poñerse 0-2, e se ben tiveron aí as de Rubén unha ocasión clara para recurtar, non acertaron e marcharon en clara desvantaxe ao descanso.
Comezaron ben as locals a segunda, pero tiveron 20 minutos de desconexión que as sentenciaron. Así de todo, o míster quere destacar a “actitude, gaás e competitividade” do grupo, deixando claro que son “unhas rapazas incribles que forman un grupo san e único”.
A mellor nova, o debut de Cecilia e María.
Xuv. Crendes - Cerqueda (6-1)
- Cerqueda: Paula, Jimena, Lucía Rod., Tatiana, Inés, Carla, Pauliña, Irene, Raquel, Nuria e Sonia. Tamén: Mónica e Mariña.
Progresa o Cerqueda fronte a equipos con máis experiencia. Aguantaron as de Jorge Guillamet unha primeira parte onde tivo até tres ocasións de porse por diante, pero no último minuto da primeira parte adiantouse o Crendes para por o 1-0 xusto antes do descanso.
Na segunda parte o Cerqueda abriuse e o Crendes non perdoou, empezou a golpear con máis campo para correr e con tiros afastados para chegar até os 6 goles, o Cerqueda conseguiu o da honra ao presionar un balón á porteira rival que fallou no golpeo e escaparíaselle para dentro da portaría.
Sporting Cambre B - Ponteceso (3-1)
- Ponteceso: Maria, Noe, Sabrina, Myre, Ainhoa, Lauriña, Silvia, Eva, Muíño, Mel, Andrea. Tamén: Amado, Vir, Miri, Lauura R. e Manti.
- Goles: 1-0, m.42; 2-0, m.53; 2-1, m.78: Laura R.; 3-1, m.87.
Pagaron caros os erros en defensa as de Curro, tras unha primeira metade na que foi un querer e non poder para as pontecesáns. Chegaban unha e outra vez á meta local, pero non conseguían materializar, e ao fío do descanso, e por mor dun erro en defensa, as locais se adiantaban.
Saíron a por todas na segunda metade as costeiras pero aos 10 minutos outro erro na saída de balón permitía ás locais abrir fenda. Sen baixar os brazos e tras unha boa combinación finalizaría Lauriña a xogada con un bo gol no que daba esperanzas para o empate. Xa con todo arriba e nunha contra as locais farías o derradeiro gol. Así e todo, a melloría é patente.
2ª Div. Feminina, Gr.4, xornada 3
Dumbría - Cacheiras (1-5)
- Dumbría: Lissette, Carril, Mai, Yaiza, Martina, Fandi, Kelly, Claudia, Ainoa, Sabela e María das Carisas. Tamén xogaron: Ana, Noa, Yoli, Reyes e Paula Rodríguez.
- Goles: 1-0, m.20: Fandi; 1-1, m.22; 1-2, m.63; 1-3, m.73; 1-4, m.77; 1-5, m.88.
Pasou polo Conco un dos candidatos ao título, que demostrou unha seriedade e unha madurez que tamén se pode ver no Calo. Pero non foi tan clara a vitoria como di o resultado. Foron dúas partes moi diferentes. Na primeira non se impuxo ningún dos dous estilos e si o fixo a intensidade defensiva; as costeiras buscaban a velocidade ás espaldas das defensas visitantes, e as de Santiago dominaban o xogo entre liñas polo medio do campo.
Adiantáronse as dumbriesas cun gran libre directo e executado pola capitana Fandi ca súa perna “menos boa”, pero na seguinte xogada nun erro nas marcas en un saque de curruncho permitiría que marcase Raiane dentro da area pequena a placer para facer a igualadas.
Á media hora un balón en longo faría que Lissette tivese que sair á desesperada para evitar o remate da dianteira que encaraba a meta, cometendo un claro penalti. A propia Lissette detería o lanzamento de Raiane que tirou forte e centrado. Apenas houbo máis ocasións con alternancias na posesión do balón e así se irían o descanso ambos conxuntos.
Na reanudación a capitana local deixaba seu sitio a Noa por mor dun forte proceso gripal e tocou reordenar o dibuxo pasando Mai á medular onde a pesar de multiplicar esforzos e aparecer en todo o campo non foi quen de evitar a superioridade dunhas visitantes que se aproveitaron do desorde táctico. A pesar deso e de verse castigadas en cada ocasión rival, nunca deixaron de disputar cada balón nun choque que na segunda parte foi si cabe ainda máis intenso.
Vista Alegre - As Miúdas (1-6)
- As Miúdas: Adriana, Uxía, Elba, Alba, Marcela, Ximena, Marta Verán, Leti, Marina, Paula e Pati. Tamén: Bárbara, Clara, Sofía, Marta Piñeiro e Gala.
- Goles: 0-1, m.4: Marcela; 0-2, m.13: Leti; 0-3, m.16: Elba; 0-4, m.29: Pati; 1-4, m.46: de penalti; 1-5, m.68: Leti; 1-6, m.90: Pati de penalti.
Clara vitoria das muradáns no histórico campo de Santa Isabel. Gran primeira metade das de Lucho que conseguiron atopar o seu fútbol por momentos, levando un rotundo 0-4 ao descanso. A segunda, cunha marcha menos, foi de trámite.
Nicrariense - Cee (1-6)
- Cee: Noemí, Lucía Rod., Lucía Facal, Alba, Nerea, Lucía Canosa, Antía, María Lijó, Laura, Lucía Caamaño e Ruth. Tamén: Uxía, Sharay Caamaño, Lucía Martínez e Saray Duarte.
- Goles: 0-1, m.9: Nerea; 0-2, m.22: Lucía Canosa; 0-4, m.40: Lucía Martínez; 0-4, m.46: Nerea; 0-5, m.65: Nerea; 1-6, m.70; 1-6, m.90: Alba.
Dende o primeiro momento as ceenses foron mellores, abrindo rápido o marcador por medio de Nerea e intentando sempre manter a certo a súa portería (leva só un tanto en contra en 3 partidos o cadro, tralo tanto recibido na segunda metade nunha arriscada saída da meta Noemí).
As locais non sufriron no segundo tempo a pesar que quedar con 10 pola lesión de Nerea Suárez.
Mazaricos - Victoria C (0-1)
- Mazaricos: Pedrosa, Claudia, Silvia, Fátima, Ánxela, Tamara, Iria Buján, Raquel , María Tajes, Iria Hermida e María Jirra. Tamén xogaron Paula, Leire, Lúa, Valeria Romay e Araceli.
- Gol: 0-1, m.38.
Partido entretido pese a auga que caeu que imposibilitaba o xogo de ambos equipos. O balón so circulaba por arriba e as disputas eran constantes. Poucas ocasións por parte de ambos equipos. Un gol despois de dous rebotes faría que as amarelas marchasen cun gol abaixo ao descanso.
Na segunda parte as de Borja saíron con gañas pero non conseguiron marcar.
Derrota agria pois as costeiras si vieron que puideron ter rascado algún punto, e notan moito a melloría na defensa comparado a outros partidos. Agora teñen unha semana de descanso agora, pois aprazaron o partido da semana que ven contra o Rois.
Dubra - Xallas (0-11)
- Xallas: Rosio, Alicia, Rita, Laura e Andrea Otero; María, Michelle e Paula; Yas, Oli e Paula Varela. Tamen xogaron: Yaiza, Nuria e Saskia.
- Goles: Michelle (3), Oli (4), Saskia, María e Yas (2).
Pouco que dicir nun partido onde as xalleiras mostraron a súa superioridade e veteranía en todas as liñas.
A Tribuna FUTFEM
- 14-10-2022: A Tribuna Futfem: Rutinas de fin de semana e algunha polémica..
- 07-10-2022: Regresou o Fútbol Feminino á Costa, con máis forza ca nunca.